
Onte, o Concello conseguiu sacar o corpo do cetáceo das rochas de Viladesuso logo dunha complicada operación de rescate que foi seguida por centos de veciños. Unha lancha de Salvamento Marítimo remolcou o mamífero ata a entrada da bocana de Oia e, desde alí, outra embarcación de pesca de menor calado arrastrouno ata a rampla de varado, onde foi sacado da auga cun tractor.
Ambas as operacións, a desta mañá e a de onte, causaron un interese entre os veciños de Oia.
Vía > A Voz de Galicia
3 comentarios:
Oia so ocupa paxinas enteiras na prensa, ben por catastrofes ou ben por chorradas coma esta. Eu ainda estou a espera de que Oia sexa pioneira en algo que nos poña na vangarda. Pero iso e ciencia ficcion, Oia esta condenada a fusionarse co Concello de Rosal, co de Tomiño o co de Baiona. A sociedade de Oia esta tan viciada que esta podre. En Oia non hai futuro.
O maximo representante do Concello e un tipo que cada vez que ten prensencia nun medio de comunicacion e fai declaracions publicas, e para cagar fora do testo, e facer gala da sua falta de cultura. Este persoeiro e o reflexo da sociedade que representa.
Perdoa que te diga pero ese persoeiro será o reflexo de 1131 persoas, ainda quedamos 1104.E o que ten a dictadura da maioria a democracia deficnición de Platon
Ti cometes o mesmo erro e o citado persoeiro, pernsar que so representa aos seus, nese sentido tedes unha vision un tanto sesgada da democracia. Mal que che pese o persoeiro é a viva imaxe da sociedade de Oia, xa que representa a 1131+1104=2235 votantes. Iso non quere dicir que cada vez que sae nos medios de comunicación, eu non sinta vergoña allea, porque si que sinto vergoña allea.
Postar um comentário