O portavoz da agrupación socialista de Oia, José Antonio Olmedo criticaba onte os presupostos aprobados no pleno do pasado mércores con votos a favor do PP. A cifra ascende a 1,9 millóns de euros, dos cales "apenas" 537.727,31 euros se reservan para "inversións reais". Olmedo explicou que a cifra para a inversión non existe, ao menos "ata que o Concello consiga vender as 42 parcelas do SAU-5".
Así, os socialistas recalcaron que o presuposto non terá partida para obras se non logra vender as parcelas de titularidade municipal e apuntaron tamén os 209.000 euros de actuacións que tampouco son reais "mentras a Deputación non conceda o crédito", matizaron.
Vía > Atlántico
0 comentarios:
Postar um comentário