Os Programas de Infraestruturas no Medio Rural prevén a realización de proxectos en todos os concellos de Galiza, desenvolvidos de acordo cuns criterios de dinamización da base produtiva, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación; de infraestruturas de servizos básicos como abastecementos de auga domiciliaria, saneamentos, camiños agrícolas ou pistas rurais; así como aqueles de singular natureza que entren nas competencias da consellaría. Estas actuacións serán financiadas con cargo ao Feader (2007-2013) e con fondos propios da Xunta.
A programación naceu co fin de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas destinadas a mellorar a calidade de vida dos habitantes das zonas rurais e a potenciar o seu desenvolvemento, coa dotación de equipamentos públicos e de servizos básicos elementais necesarios para contribuír a fixar poboación.
A Consellaría do Medio Rural desenvolve outra nova fase do Programa de Infraestruturas no ano 2008 de acordo con proxectos de dinamización da base produtiva e de obras de servizos básicos, na que asinará convenios con concellos para a execución de determinados proxectos no medio rural. En total, nesta etapa investiranse 17.042.652 euros en 147 concellos de Galiza, segundo acordou o Consello da Xunta.
Baixo Miño
No que respecta ao Baixo Miño, os concellos beneficiados serán Oia, cun investimento de 89.384,61 euros, A Guarda, 73.924,55 euros, O Rosal que contará cunha inversión de 56.442,95 euros e Tomiño, que recibirá 108.848,80 euros.
Vía > InfoRosal
0 comentarios:
Postar um comentário