A Xunta retira a balea que varou en Viladesuso

. 21 de maio de 2008

Un camión contratado pola Xunta retirou esta mañá os restos dunha balea do tipo rorcual aliblanco de 10 metros de longo que apareceu varada en Viladesuso. Ademais tamén levou os restos de dous caldeiróns que apareceron na zona. Agora serán trasladados a unha incineradora da Coruña.

Onte, o Concello conseguiu sacar o corpo do cetáceo das rochas de Viladesuso logo dunha complicada operación de rescate que foi seguida por centos de veciños. Unha lancha de Salvamento Marítimo remolcou o mamífero ata a entrada da bocana de Oia e, desde alí, outra embarcación de pesca de menor calado arrastrouno ata a rampla de varado, onde foi sacado da auga cun tractor.

Ambas as operacións, a desta mañá e a de onte, causaron un interese entre os veciños de Oia.

Vía > A Voz de Galicia

3 comentarios:

Anônimo disse...

Oia so ocupa paxinas enteiras na prensa, ben por catastrofes ou ben por chorradas coma esta. Eu ainda estou a espera de que Oia sexa pioneira en algo que nos poña na vangarda. Pero iso e ciencia ficcion, Oia esta condenada a fusionarse co Concello de Rosal, co de Tomiño o co de Baiona. A sociedade de Oia esta tan viciada que esta podre. En Oia non hai futuro.
O maximo representante do Concello e un tipo que cada vez que ten prensencia nun medio de comunicacion e fai declaracions publicas, e para cagar fora do testo, e facer gala da sua falta de cultura. Este persoeiro e o reflexo da sociedade que representa.

Anônimo disse...

Perdoa que te diga pero ese persoeiro será o reflexo de 1131 persoas, ainda quedamos 1104.E o que ten a dictadura da maioria a democracia deficnición de Platon

Anônimo disse...

Ti cometes o mesmo erro e o citado persoeiro, pernsar que so representa aos seus, nese sentido tedes unha vision un tanto sesgada da democracia. Mal que che pese o persoeiro é a viva imaxe da sociedade de Oia, xa que representa a 1131+1104=2235 votantes. Iso non quere dicir que cada vez que sae nos medios de comunicación, eu non sinta vergoña allea, porque si que sinto vergoña allea.