Mostrando postagens com marcador FESTIVOS. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador FESTIVOS. Mostrar todas as postagens

III Serán de Viladesuso

. 23 de outubro de 2008
0 comentarios

Dentro da programación da primeira fin de semana cultural que organiza a Asociación de Veciños “San Miguel” de Viladesuso (Concello de Oia), o Grupo Folklórico “A Fiada” organiza o vindeiro sábado día 25 o III Serán de Viladesuso. Dito serán realizarase na Praza de Colón (terreiro da festa ou eirado) a partires das 21:00 e nel participaran varios grupos das comarcas do Baixo Miño, o Val Miñor e arredores.

Ademais de música popular haberá chourizos asados, viño e refrescos para degustar e animala festa. Así pois, convidamos e animamos a todos aqueles que gusten da boa música tradicional galega a pasarse por Viladesuso e participar da festa.

Nota: Haberá unha carpa cubrindo o terreiro da festa.

Pedornes celebra a “II Festa Gastronómica do Caramuxo”

. 1 de agosto de 2008
0 comentarios

A Asociación Cultural “San Mamed” e a Asociación de Veciños “A Muruxeira” de Pedornes (Oia) organizan a II Festa Gastronómica do Caramuxo (Mincha ou Bígaro), coa colaboración do Concello de Oia, da Deputación de Pontevedra e dos veciños de Pedornes. Dita festa celebrarase os vindeiros días 2 e 3 de agosto a partir das 12 da mañá no terreiro de Pedornes (praza do Calvario) e pretende dar a coñecer un producto típico da nosa bisbarra e de exquisito paladar, que foi tradicionalmente consumido pola xente das poboacións ribeireñas, alomenos no Concello de Oia. Para elo, realizarase unha exposición das diferentes especies de caramuxos (molusco gasterópodo) presentes nas nosas costas (incluidas nos xeneros: Gibbula, Littorina e Monodonta), con información detallada relacionada coas características morfolóxicas, localización, alimentación ou reproducción, así como as súas cualidades gastronómicas. Incluiranse fotos, receitas de cociña e un acuario con varias especies vivas.

Ademais de ofrecer caramuxos gratuítamente, tódolos asitentes poderán degustar “Pulpo a Feira”, empanadas de caramuxos ou de pulpo, zorza ou chocos a prancha a prezos populares, nas mesas instaladas baixo unha gran carpa, habendo tamén un servizo de cantina que funcionará os dous días.

Ademais, o día 2 ás 12:00 inaugurarase o Centro Cultural de Pedornes, coa asistencia de autoridades e a actuación de varias agrupacións da comarca. A continuación, a festa seguirá animada polo Grupo “Airiños do Tamuxe”.

O día 3 a partir das 13:00 actuará de novo o Grupo “Airiños do Tamuxe”, e ás 19:00 terá lugar a actuación da Murga “Ultreia” de Santiago.

V Degustación de Carne de Potro da Serra da Grova en Torroña

. 29 de julho de 2008
0 comentarios

O domingo, 3 de agosto, organizada pola Asociación de Veciños de Torroña, coa colaboración do concello e da Deputación Provincial, vaise celebrar nesta parroquia a V Degustación de Carne de Potro da Serra da Grova. Comezará ás 11.00 da mañá cun prezo de 12 euros a ración na que se inclúe ademais da carne, pan e bebida. As reservas faranse chamando aos teléfonos 986 36 20 27 ou 986 61 15 34.

Haberá sorteos de agasallos entre os asistentes que poderán degustar este prato nun recento cuberto, animando a velada os grupos de gaitas.

X. M. Álvarez Blázquez: Romance do pescador peleriño

. 17 de maio de 2008
0 comentarios

A Valga abre a tempada das rapas

. 12 de maio de 2008
0 comentarios

A tempada das rapas, que se prolongará ata o mes de agosto, arrincou onte co peche de reses na Valga (Oia), unha cita que congregou por centos de persoas e que volveu reunir aos "loitadores" cos cabalos, que como é tradicional, foron conducidos desde os montes ata o curro, recinto pechado, onde se leva a cabo rapa" e a posterior marcaxe. Cando os cabalos entran ao galope no recinto circular comezan os relinchos, mentres os mozos separan aos poldros dos exemplares adultos para evitar que poidan facerse dano. As dentadas e as patadas son un risco que asumen os "loitadores", perdidos entre unha masa de cabalos salvaxes que, lonxe do seu habitat, intentan abrirse paso.

Un dos momentos máis emocionantes é cando o "loitador" consegue dominar ao cabalo e tumbao sobre o chan para cortarlle as críns e marcalo. A pericia do home e a resistencia do animal manteñen en albas ás bancadas, mentres os pais explican aos seus fillos o que se está vivindo uns metros máis abaixo.

O curro comeza coa saída do sol, coa subida ao monte para localizar e reunir aos cabalos que viven en liberdade. Desde alí baixan ata o recinto, onde se desenvolve rapa. Segundo os responsables de rapa, apacentanse unhas 400 bestas.

Tras o emocionante encontro entre homes e cabalos, "loitadores" e público confundíronse nunha comida popular, onde o principal tema de conversación é rapa. E para completar a xornada, atraccións e boa música.

Vía > Faro de Vigo

O próximo domingo celebrase o primeiro curro da tempada equina

. 9 de maio de 2008
0 comentarios

Miles de persoas acudirán este domingo ao monte da Valga, en Oia, para gozar do primeiro curro da tempada equina. A festa comezara o sabado pola noite, coa chegada de centenares de mozos para participar nunha das acampadas tradicionais do municipio.

Cara ao mediodía do domingo espérase que os preto de 400 cabalos xa estean reunidos dentro da área do curro, o que dará paso a unha comida campestre, na que non faltará o churrasco, entre outros pratos preparados á brasa.

O espectáculo ancestral de rápaa dás bestas terá lugar ás cinco da tarde. A partir desa hora os propietarios dos animais procederán ao corte das crins, a marcar aos que naceron durante o inverno e, finalmente, a desparasitarlos.

Tamén aproveitarán para comerciar coas crías. A carne de poldro é moi apreciada polo seu sabor.



Mougás volveu a promocionar do ourizo de mar

. 7 de abril de 2008
0 comentarios

Unha carpa instalada no porto de Mougás acolleu onte a quinta edición da Festa do Ourizo, unha celebración gastronómica coa que a asociación de veciños pretende exaltar un dos mellores produtos que ofrece o océano neste punto da costa baixo miñota.
Mil quilos de ourizo foron insuficientes para saciar o apetito e, sobre todo, a curiosidade das numerosas persoas que se achegaron a esta parroquia do municipio de Oia para degustar este froito do mar, que se serviu en cru, pero tamén con distintas preparacións (asado, cocido, en revolto e en empanada) e acompañado de pan de millo e viño do país.
O penetrante cheiro a mar do produto empezou estenderse ao redor das once da mañá, hora á que se iniciaron os festexos que, xunto ao prato "estrela", tivo como protagonista á música e folclore tradicional.
Ata tres grupos de gaitas da comarca puideron escoitar os comensais que se achegaron ao porto de Mougás ao mediodía. Pola tarde, a partir das 16.00 horas, actuou o grupo de baile popular Tralo Mosteiro.

Vía > Faro de Vigo

Festa do Pai, o 16 de marzo, en Oia

. 13 de fevereiro de 2008
0 comentarios

Oia celebrará, o día 16 de marzo, a Festa do Pai nas instalacións do colexio Mestre Manuel García. Ás 13.30 horas dará comezo o xantar cun menú a base de entrantes, churrasco e criollos con cachelos; postres caseiros. Viños do Rosal, café e licores, porán remate ás exquisiteces da mesa. O prezo por persoa é de 12 euros.
A Festa do Pai está organizada pola Comisión de Festas de Santa María de Oia

Vía > GaliciaSuroeste