Mostrando postagens com marcador PROPIOS. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador PROPIOS. Mostrar todas as postagens

Proxecto: Oia espallada

. 30 de maio de 2008
0 comentarios

"Oia Espallada" é o novo proxecto de OiaCeive e consiste en facer o mapa da emigración que padece o noso Concello.

Se estas emigrado non dubides porte en contacto con nós, para formar deste proxecto colectivo, a través do noso e-mail oiaceive@gmail.com

Se coñeces a alguen que neste momento viva fora do Concello de Oia e ti penses lle pode interesar formar parte do proxecto "Oia Espallada", tampouco dubides en facerlle saber que existe este proxecto.

Os Datos, que nos consideramos básicos para formar parte de "Oia Espallada", son os seguintes:

-Nome
-Foto
-Lugar actual de residencia
-Motivos polos que emigraste

Agardamos que vos pareza un proxecto interesante, en todo caso se vos parece unha perda de tempo tamén nos gustaria sabelo. Ficamos a espera de respostas da emigración oiense.


OIACEIVE renovase

. 22 de abril de 2008
0 comentarios

Desde Blogger fixeron algúns cambios, que afectaron a noso anterior deseño de OC, ditos cambios facian que OC non se visualizase ben no explorador, para solucionar este problema decidimos cambiar de deseño e aproveitar para facer algunhas melloras que desde o noso punto de vista facilitan a navegación por OC, esperamos estas que sexan do voso agrado.

Problemas no sistema de verificación (word verification) dos comentarios

. 10 de março de 2008
0 comentarios

Recibimos unha falla, no sistema de verificación (word verification) dos comentarios, por parte dun usuario de OC. A nos non falla, pero gustarianos saber se lle falla a alguén máis para intentar arranxar o problema en cuestión. Para porse en contacto con nós envia un mail a oiaceive@gmail.com
Para aclarar posible dubidas que poidan xurdir, o sistema de verificación (word verification) dos comentarios serve para evitar o spam (comentarios masivos) que saturen o blog.

Feliz 2008

. 1 de janeiro de 2008
0 comentarios

Oia aparece nos medios decomunicación, na maioria das ocasións, por asuntos de connotación negativa. Desde OC de todo corazón desexamos que se invirta esa tendencia de malas noticias, pero a razón dinos que o futuro é escuro para Oia. Aínda así, para o 2008 desexamos dar boas novas.

Nace Oia Ceive

. 25 de dezembro de 2007
2 comentarios

Nace Oia Ceive, o único blog no que podes opinar sobre o que acontece no teu concello. Esta bitácora publicara TODAS as novas sobre o Concello de Oia e faremos o esforzo de estar ao día de todolos temas de actualidade.

Opinar será libre e baixo o compromiso de facelo con argumentos serios, nunca insultar nen facer comentarios referidos a privacidade das persoas.