Mostrando postagens com marcador DE OPINION. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador DE OPINION. Mostrar todas as postagens

Vulneración da Lei Antitabaco

. 25 de agosto de 2008
0 comentarios

O pasado mes de xuño fomos recibidos no concello de Oia polo señor Alcalde no seu despacho, con motivo da desfeita do IBI, e como de costume con moitas promesas que nunca chegan a cumplirse.

Abraiados quedamos cando no medio da entrevista ten a ousadía de encender o seu cigarrillo, naquel curruncho pechado; sen sequera consultar se nos molestaba, é algo que debe ser habitual, xa que o cinceiro estaba cheo de cabichas.

Unha grande falta de respeito parecéunos, despois do tempo que leva en vigor a Lei Antitabaco, que nun posto de traballo público a primeira autoridade muncipal vulnere deste xeito a normativa, que nos obrigara a ser fumadores pasivos, como se o despacho, que lle recordo non é da súa propiedade, fora como estar nun establecemento de hostelaría cos metros cadrados suficientes para poder fumar.

Considero que unha persoa que ocupa un posto da categoría dun alcalde debería, alomenos, ter un vago coñecemento das leis máis soadas, máis polémicas, que teñen que ser as más respectadas e que en ningún momento se poden vulnerar, logo de presumir ao longo de toda a entrevista do moito que leu.

Nélida Estévez Pérez

Vía > Faro de Vigo

O (SEÑOR) ALCALDE DE OIA

. 12 de março de 2008
0 comentarios

Aínda conmocionado polo asasinato do meu compañeiro demócrata, Isaías Carrasco, quixera denunciar unha vez máis, a actitude duns cantos fascistas que o único que buscan en política é figurar e gañar votos como sexa.
Onte, día en que esa banda de cobardes disparaban a un home desarmado só porque tiña ideas distintas a el, aconteceu algo que me produciu certa satisfacción, Zapatero e Rajoy puxeronse de acordo para finalizar a campaña. Deseguida todolos partidos se uniron a eles, e todos os demócratas aplaudímolo.
Cal sería a miña sorpresa cando ao saír de traballar observo ao alcalde do meu pobo acompañado por un concelleiro e por un afiliado do seu partido, porta por porta, repartindo trípticos e sobres pedindo o voto para un grupo que agora non vén a conto.
Este personaxe , amigo de saír nos medios con declaracións como o "casar maricóns vá en contra dos meus principios" non sei onde meteuse os seus principios, para realizar tamaña falta de consideración.
Por sorte, a maioría de compañeiros do seu partido souberon estar á altura das circunstancias e xunto con todos os demócratas secundaron un loito, que esperamos sexa o último.
D. Alejandro, unha vez máis demostrou que non sabe estar , faga o favor de aplicarse , xa é seu segunda lexislatura e non para de meter a pata ata o cóbado. Para ser alcalde e representar a todo un pobo debería esixirse como mínimo certa educación.
Xabier Garrido Carrera
Pedornes (Oia)

Vía > InfoGauda

Oia (por Mercedes Álvarez)

. 6 de fevereiro de 2008
1 comentarios

Hai cousas duns meses, cando caíron as primeiras choivas, volveu saír este personaxe pola pequena pantalla. Foi no informativo local da TVG.
Tiven sorte de poder ver a súa actuación porque estaba fora do concello, xa que en Oia seguimos conectando con Ourense na hora do informativo e os veciños non poden ser participes das inmellorables postas en escena deste actor. “Que castigos nos manda a Xunta!, declaraba.
Eu pregúntome: quen castiga, quen minte ou quen non sabe o posto que ocupa? Senón, que obxecto ten que cando foron as primeiras riadas este devandito actor máis os seus concelleiros andiveran eles dirixindo as máquinas de limpeza coma se de enxeñeiros se tratara, ou que obxecto ten esa carta de agradecemento ao conselleiro de Presidencia polas axudas recibidas, para logo manifestarse en contra da Xunta con mentiras.
En Oia, actuacións como estas e castigos pola parte desta personaxe temos dabondo, como que xa estamos cansos de dirixirlle cartas das que nunca obtivemos unha resposta.
Nunha desas cartas fixemos forte fincapé no acceso á vivenda dunha persoa que se atopa en cadeira de rodas, xa que cando se fixeron as beirarrúas deixaron un buraco con escalóns funcionando como recolledor de lixo, que ademais de non permitirlle entrar nin saír da súa casa, é un perigo para todos xa que de noite non se ve, de xeito que calquera pode caír nel.
Este ven sendo un dos castigos que este alcalde, Alejandro Rodríguez (PP), impón aos seus veciños.
Falando de lixo e de imposicións, para este ano 2008 ten a ousadía de impoñer a subida da taxa da recollida do lixo, un servizo que ten moito que mellorar e pola que pagamos case tanto como nunha cidade; outra das imposicións é a da taxa pola rede de sumidoiros, que moitos veciños aínda non teñen, e o peor de todo é a contaminación que este mal gobernante permite botar ao mar sen termos unha depudora en funcionamento. Insiste tamén na imposición e ordenación do imposto sobre o incremento de valor dos bens de natureza urbana, despois de organizada xa sobre este capítulo unha desfeita que non é pequena. Considerando éstes, outros dos seus castigos, que medite este alcalde se o seu papel en lugar de estar en Oia non estaría mellor en Hollywood.

Mercedes Álvarez (Oia)

Vía > Faro de Vigo CARTAS AO DIRECTOR

As promesas dos nosos políticos

. 26 de janeiro de 2008
2 comentarios

Nunha reunión mantida pouco despois das riadas no ano 2006, o señor Suárez Canal díxonos aos alí presentes (políticos e representantes das comunidades), que traería cartos para o Concello de Oia pero quería que eses chegaran aos afectados. Pois pasado máis dun ano algúns dos afectados seguen sen recibir o prometido.
A miña sogra, unha muller como moitas no agro galego que traballa o campo e a pensión de viudedade que cobra apenas dá para mantela. Nas riadas afogáronse todas as galiñas, o porco enfermou e casi lle morre, a auga tiroulle un muro e deixoulle dañadas as cortes dos animais. Aínda está esperando.
Por Oia paseáronse uns funcionarios da Xunta, relacionando os daños e explicándolles a xente os pasos a seguir para cobrar axudas. A Zulema, que así se chama a miña sogra, dixéronlle que as galiñas non as podería cobrar (xa os veciños nun acto solidario encargáronse de repoñer o galiñeiro con creces). En canto ó muro, que o fixera, que enviara a factura a Xunta e que eles lle ingresarían os cartos. Meses depois de con moito esforzo económico rematar o muro, falou conmigo porque seguían sen mandarlle o diñeiro. Póñome en contacto cun dos funcionarios que estivo por aquí e dime que marcha de vacacións pero que á volta recibiremos unha carta coa resolución. Meses despois e fartos de esperar teño que acudir a ese desagradable sistema galego de solucionar os problemas. Acudo a un amigo que é diputado provincial, e pídolle un favor persoal, este xestiona o tema obtendo exactamente o mesmo resultado, o mesmo funcionario marcha de vacacións pero á volta recibiremos unha carta.
Eu non sei se a culpa é da Xunta, do Concello ou nosa por creer nos políticos pero vou votar en branco nas próximas eleccións. A miña sogra ten setenta e tres anos e por desgracia non lle queda moito que votar, eu, máis xoven, non penso incentivar co meu voto a carreira de algún policastro nin as vacacións dun funcionario que realizou mal o seu traballo: nunca máis.
Xabier Garrido Carrera, Oia

Vía > Faro de Vigo

A Sexta, vista e non vista

. 22 de janeiro de 2008
2 comentarios

OIAWIFIXA fainos chegar unha pregunta aberta á cidadania, ¿Alguen sabe porque en Oia xa era posible ver o canal a Sexta por analóxico? (noticia que non se viu por ningures, seguramente haberia que enterarse no bar) pero dende fai uns días algo fallou e xa non se ve.
¿Esperaremos agora á TDT?
¿Cando chega a Oia a TDT?

¿Un buraco na catedral de Santiago?

. 6 de janeiro de 2008
0 comentarios

Resistiu aos turcos, aos portugueses e aos ingleses. Defendeu a costa dos piratas. Foi cárcere na Inquisición e campo de concentración durante a guerra civil. é a única abadía cisterciense con vistas ao océano. Leva novecentos anos en pé. Os seus monxes inventaron rápaa dás bestas». Todo isto é Santa María de Oia. ¿Imaxínanse un buraco na catedral de Santiago? ¿O teito vencido da torre de Hércules? ¿Un alicerce corrompido na ponte romana de Ourense? Nove séculos leva a abadía trasteando ao tempo. O último pode ser este XXI. Aguantou os canonazos dos corsarios pero non puido nin coa impericia, nin coa burocracia, nin coa lamentable falta de sensibilidade de quen non son dignos de ser os seus herdeiros.

Fernanda Tabarés

Vía > A Voz de Galicia