Mostrando postagens com marcador ECONOMICOS. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador ECONOMICOS. Mostrar todas as postagens

Aprobados 559.106 € para o Concello de Oia

. 8 de janeiro de 2009
1 comentarios

O Boletín Oficial do Estado, publicou o 2-12-2008 o Real Decreto Lei 9/2008, polo que se crea un Fondo Estatal de Investimento Local e un Fondo Especial do Estado para a Dinamización da Economía e o Emprego, que ascende a 8.000 millóns de euros repartidos en función á poboación de cada municipio.

Oia, con 3159 habitantes, asígnaselle un total de 559.106 ? Euros, (93.027.411 ptas)

O Concello de Oia ten que presentar os proxectos ANTES DO 24 DE XANEIRO.

- Proxectos que non poden estar incluídos nos orzamentos municipais para o ano que vén.
- Proxectos que non superen os 5 millóns de euros.
- Na súa realización DEBERÁN CONTRATAR A Parados se se require nova man de obra.

O alcalde de Oia responde ao PSOE que no Concello hai 13 empregados

. 9 de outubro de 2008
0 comentarios

O alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, afirmou que na Casa Consistorial acoden a diario a traballar 13 persoas e que hai outros sete operarios para labores de mantemento e reparacións. O rexedor responde así á crítica dos socialistas, que afirmaron que no Concello só hai dous funcionarios, fronte ás catro dedicacións dos membros do goberno.

Alejandro Rodríguez aclara que ademais da secretaria e a tesoureira, hai dous aparelladores técnicos, unha asistenta social, unha técnica local de emprego, cinco administrativos e outros dous máis que incorporaranse proximamente. Por outra banda, afirma que as súas nóminas son de 2.091 euros e a súa dedicación exclusiva significará que cobrará dúas pagas extraordinarias.

Vía > A Voz

O grupo municipal socialista de Oia denuncia a situación de endebedamento do concello

. 5 de setembro de 2008
0 comentarios

A corporación do concello de Oia reúnese hoxe nun pleno cuxa orde do día é a aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito por un importe de 220.270,67 euros. Algo que xa se fixo en xaneiro por unha cantidade de 120.000 euros.

O Grupo Municipal Socialista denuncia a situación de endebedamento que atravesa o concello, que obriga ao goberno local a manterse a base do recurso extraxudicial de crédito, algo que os socialistas cren que «é un recurso para situacións excepcionais». Ademais, critican que se utilice este diñeiro para pagar comidas, se se esgota o orzamento «que llas pague cada un do seu peto».

Vía > A Voz

Exposición do presuposto xeral para o exercicio 2008 así como o seu cadro de persoal

. 11 de junho de 2008
0 comentarios

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 28 de maio de 2008, o Presuposto Xeral para o presente exercicio 2008, así como o seu Cadro de Persoal, expóñense ó público por prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións, de acordo do disposto no artigo 169.1 RDLex. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Oia, a 29 de maio de 2008.—
O Alcalde, Alejandro Rodríguez Rodríguez.
Nota da Redacción: o Devandito anuncio saiu pubricado na páxina 33 do Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, nº 111, correspondente o martes 10 de xuño de 2008.

Vía > InfoGauda

Selección de bolseiros/as de Turismo en Oia

. 9 de junho de 2008
1 comentarios

O concello de Oia selecciona dous bolseiros/as para traballar na caseta de turismo desde o 1 xullo ata o 30 de setembro.

Desde hoxe día 9 de xuño está aberto o prazo para a presentación de instancias para participar como bolseiro/a na caseta de turismo do Concello.

As solicitudes dirixiranse ao alcalde-presidente do concello, ata o luns, 23 de xuño, ás 13.00h. No modelo figuran as BASES, que tamén se poderán consultar no taboleiro de anuncios.

Vía > GaliciaSuroeste

O PP de Oia aproba en solitario un orzamento de dous millóns

. 3 de junho de 2008
0 comentarios

El PSOE censura que haya más altos cargos retribuidos que funcionarios y que la partida de gasto sea financiada por la caja de anticipos de la Diputación

O pleno, presidido polo alcalde, Alejandro Rodríguez, cos votos exclusivos do PP (6) e en contra de PSOE (4) e de PIDEO (1), aprobou o orzamento de 2008, que ascende inicialmente a 1.975.167 euros.

O partido socialista, a través do seu portavoz, José Antonio Olmedo, xustifica o voto negativo porque o orzamento de 2008 "non recolle ningunha partida que resolva os déficits que presenta o Concello en materia de infraestruturas que viabilicen ou desatasquen o estado de tramitación do PXOM".

Cita o edil socialista o abastecemento de auga (Oia carece de traída municipal), saneamento, depuración de auga residuais, entre outros asuntos, e apunta que o seu partido considera que é imprescindible dispor dun PXOM "coa máxima celeridade, cuestión que parece non compartir o equipo de goberno".

Sinala Olmedo, baseándose no informe de Intervención Municipal, que o Concello atópase en clara situación de desequilibrio orzamentario, "xa que a suma dos ingresos non financeiros é moi inferior á suma de gastos".

De aí, aduce Olmedo, que haberá que aprobar, tal e como prescribe a Lei de Estabilidade, nun prazo de tres meses, un plan económico financeiro a medio prazo para corrixir a situación.

Obrigacións

Agrega que os créditos previstos nalgunhas partidas poden non ser suficientes para facer fronte aos gastos de funcionamento dos servizos ou para atender a pago das obrigacións exixibles, debido que entraron por rexistro xeral facturas de exercicios anteriores para as que non constan partidas específicas.

En canto a contención do gasto e a procura de posibles solucións, "o alcalde sobe a partida orzamentaria designada a cargos políticos de 64.000 a 80.0.027,76 euros". Subliña o concelleiro do PSOE a peculiar relación de altos cargos con dedicación e funcionarios, "xa que a cantidade de cargos políticos liberados é superior á de funcionarios: tres dedicacións parciais (alcalde, 35.000 euros), concelleiro de Vías e Obras (14.5000) e edil de Urbanismo (14.500). Ademais dunha posible, co aumento da partida de retribucións a altos cargos por importe de 16.027,76 euros, "o que seguramente se traducirá noutra dedicación máis".

Olmedo tacha a situación de "escándalo", pois non se coñece Concello algún de Galicia onde o número de altos cargos supere en número e retribución aos funcionarios municipais.
O concelleiro socialista destaca que a partida de gastos en obras será financiada integramente cun crédito da caixa de anticipos da Deputación de Pontevedra por importe de 209.049,04 euros.
Desa sorte, segundo José Antonio Olmedo, "situámonos en 432.923,33 euros de operacións de crédito pendentes de reembolso cando este alcalde recibiu o concello en 2003 con remanente de tesourería de 300.00 euros".

Vía > Faro de Vigo

Oia aproba un orzamento de 1,9 millóns de euros para 2008

. 30 de maio de 2008
0 comentarios

O portavoz da agrupación socialista de Oia, José Antonio Olmedo criticaba onte os presupostos aprobados no pleno do pasado mércores con votos a favor do PP. A cifra ascende a 1,9 millóns de euros, dos cales "apenas" 537.727,31 euros se reservan para "inversións reais". Olmedo explicou que a cifra para a inversión non existe, ao menos "ata que o Concello consiga vender as 42 parcelas do SAU-5".

Así, os socialistas recalcaron que o presuposto non terá partida para obras se non logra vender as parcelas de titularidade municipal e apuntaron tamén os 209.000 euros de actuacións que tampouco son reais "mentras a Deputación non conceda o crédito", matizaron.

Vía > Atlántico

A Deputación rehabilitara 7 vivendas en Oia

. 26 de maio de 2008
0 comentarios

A deputación de Pontevedra destinou no período 2004-2008 un total de 1.240.000 € á rehabilitación de vivendas de familias con dificultades socioeconómicas na provincia. En toda a provincia rehabilitáronse 405 vivendas das que 35 pertencen ao Baixo Miño. En concreto rehabilitáronse 5 vivendas en Tui, 10 en Tomiño, 10 no Rosal, 3 na Guarda e 7 en Oia.

Vía > GaliciaSuroeste

O "Monte Cabalar" da Estrada, un exemplo a seguir

. 11 de maio de 2008
0 comentarios

No programa A Labranza da TVG este domingo día 4 de maio, emitise unha reportaxe sobre o Monte Cabalar da Estrada. Para a plataforma SOS Groba, foi como si entrase pola xanela unha bafarada de aire que os encheu de ledicia e de sana envexa. Na reportaxe vense as persoas maiores e as máis novas, todas xuntas, traballando por recuperar e pór en valor o seu monte. As testemuñas dos maiores falando do que foi o seu monte, a mágoa de velo queimado e abandonado e, por fin, a ledicia de ver como despois de ano e medio de traballo se vai recuperando e xerando recursos para todos. Afortunadamente nalguns lugares fánse as cousas ben e con sentido. A plataforma manifesta "Si na Serra da Groba somos capaces de facer algo parecido, teremos ganado moito, non xa para nós, se non para os nosos fillos e os que veñan despois de nós. Eso, consideramos que é o maís importante".

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



SOS Groba falou con un comuneiro, dunha das Comunidades da serra da Groba, que manifestou que "lle parecía moi ben o traballo que están a facer para por en valor a serra da Groba no seu conxunto, mais que vía difícil que cheguen a conquerir algo". Non dubidaba do traballo nen do entusiasmo de SOS Groba, dubidaba da xente, e dicía que "non seríamos capaces de polos de acordo a todos". A resposta da plataforma foi: "si non o intentamos nunca o conseguiremos, si pola contra traballamos e facemos pedagoxía e información, algo conseguiremos. E o remate ninguén poderá dicir que, mentres se perdía unha das nosas maiores riquezas, quedamos mirando como se ía sen facer nada".

SOS Groba engade, "por traballo e esforzo que non quede. Cada un de nós, dos que queremos algo mellor para todos, dos que estamos convencidos de que se pode mellorar e de que hai alternativas para a Serra da Groba, imos a espallar e multiplicar a información e animar a xente a facer algo parecido o que podemos ver no video, e dende aquí aproveitamos para felicitar a Cooperativa do Monte Cabalar da Estrada. O seu exemplo dános folgos para seguir adiante".

Vía > SOS Groba

Parques eólicos, entre a ecoloxía e o negocio

.
0 comentarios

Anton Escuredo, redactor xefe da Peneira, publica no número de esta quincena un artigo sobre as eólicas. Hai materia para analizar polo miúdo.

"O mal emprego da enerxía limpa do vento está a destruir a potencialidade do noso territorio. Así o denuncian numerosos colectivos veciñais, ecoloxistas, deportivos e culturais. Nos vindeiros meses dous exemplos importantes, referentes no interior e na costa do país, poderían quedar definitivamente en mans de empresas que explotan a enerxía eólica, son as serras da Groba e a do Eixe."

Vía > SOS Groba

O programa de infraestruturas no Medio Rural investirá 89.384,61 euros no municipio de Oia

. 1 de maio de 2008
0 comentarios

O Baixo Miño recibirá en investimentos para mellorar as dotacións básicas do sector productivo, 328.600,91 euros da Consellaría de Medio Rural, dentro do programa de infraestructuras.

Os Programas de Infraestruturas no Medio Rural prevén a realización de proxectos en todos os concellos de Galiza, desenvolvidos de acordo cuns criterios de dinamización da base produtiva, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación; de infraestruturas de servizos básicos como abastecementos de auga domiciliaria, saneamentos, camiños agrícolas ou pistas rurais; así como aqueles de singular natureza que entren nas competencias da consellaría. Estas actuacións serán financiadas con cargo ao Feader (2007-2013) e con fondos propios da Xunta.

A programación naceu co fin de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas destinadas a mellorar a calidade de vida dos habitantes das zonas rurais e a potenciar o seu desenvolvemento, coa dotación de equipamentos públicos e de servizos básicos elementais necesarios para contribuír a fixar poboación.


A Consellaría do Medio Rural desenvolve outra nova fase do Programa de Infraestruturas no ano 2008 de acordo con proxectos de dinamización da base produtiva e de obras de servizos básicos, na que asinará convenios con concellos para a execución de determinados proxectos no medio rural. En total, nesta etapa investiranse 17.042.652 euros en 147 concellos de Galiza, segundo acordou o Consello da Xunta.

Baixo Miño

No que respecta ao Baixo Miño, os concellos beneficiados serán Oia, cun investimento de 89.384,61 euros, A Guarda, 73.924,55 euros, O Rosal que contará cunha inversión de 56.442,95 euros e Tomiño, que recibirá 108.848,80 euros.


Vía > InfoRosal

Oia subira os impostos para reduci-la débeda municipal

. 27 de abril de 2008
0 comentarios

O grupo municipal socialista, a través do seu voceiro, José Antonio Olmedo, denuncia a subida de impostos como consecuencia da mala xestión económica do goberno local. Sinala que este ano aplicara unha importante suba para reducir a notabel débeda non recoñecida resultante da conta xeral do orzamento do 2007.

Declara que a débeda non recoñecida procede fundamentalmente de facturas do pasado exercicio e é por contía superior ao importe dos creditos autorizados e tamén pola presentación de facturas no rexistro xeral durante 2008, que habera que pagar máis facturas polo recoñecemento extraxudicial de créditos.

Olmedo apunta que o recibo do lixo pasa de 36 a 42 euros e as licenzas urbanísticas, do 2 ao 4,8 e suben varias taxas. Adiciona que haberá que consignar unha dotación para as tres prazas de funcionarios vacantes: "O sintomático é que tres cargos políticos con adicación superen aos dous funcionarios."

Vía > Faro de Vigo

Os cinco concellos do Baixo Miño beneficiarios do Plan Estratéxico de Investimentos no Medio Rural (PEIM 2008)

. 24 de março de 2008
0 comentarios

A Consellaría do Medio Rural destinará este ano arredor de 7 millóns de euros ás actuacións incluídas dentro do Plan Estratéxico de Investimentos no Medio Rural (PEIM 2008) na provincia de Pontevedra. Os cinco concellos do Baixo Miño veranse beneficiados por estes investimentos con diferentes obras.
Trátase fundamentalmente de obras de nova construción e de mellora de infraestruturas viarias, así como de sistemas de abastecemento, captación e saneamento de agua. De acordo coa filosofía xeral deste plan, impulsado pola Consellaría a comezos da lexislatura, o obxectivo é mellorar as condicións do traballo agrogandeiro, así como a calidade de vida e a dotación de servizos básicos nas áreas rurais, co fin de equiparalas a outras entidades de poboación de maior dimensión. Ademais, este plano recollía que todos os concellos de Galiza se beneficiarían destes investimentos públicos, no seu ámbito máis rural, polo que na provincia de Pontevedra están previstas actuacións na totalidade dos seus municipios.
Outra das novidades que supuxo a implantación deste plan foi o método de priorización das obras, a partir das necesidades propostas polos propios concellos, que son os responsables de facerlle chegar á Consellaría as principais demandas de cada municipio. Medio Rural ten en conta estas necesidades e prioriza as que mellor se adaptan aos obxectivos Do PEIM á hora de distribuír o gasto público. Na maioría dos casos, as entidades locais xa lle remitiron á delegación deste departamento en Pontevedra a súa conformidade para a posta a disposición dos terreos, facilitando así o comezo da execución dos traballos neste exercicio, unha vez que se liciten as obras. A estas actuacións sumaránselle outros investimentos en concentracións parcelarias, proxectos singulares ou mellora de camiños que sufragará Medio Rural nos distintos concellos galegos durante este ano.
A continuación, a listaxe das actuacións nos municipios do Baixo Miño:


Concello

ACTUACIÓNS PEIM 2008 – PROVINCIA PONTEVEDRA

GUARDA, A

Mellora das infraestruturas de abastecemento en Outeiro e saneamento en Castiñeira (A Guarda-Pontevedra)

OIA

Mellora da infraestrutura viaria en Santa María de Oia (Oia-Pontevedra)

ROSAL, O

Mellora da infraestrutura de saneamento para completar ramais en Cal (Tabagón) (O Rosal-Pontevedra)

TOMIÑO

Mellora da infraestrutura viaria en Estás, Figueiró e Tomiño (Tomiño-Pontevedra)

TUI

Mellora da infraestrutura viaria no Camiño da Veiga (Paramos) (Tui-Pontevedra)


Vía > InfoRosal

O SLG convoca unha asemblea informativa sobre o “CES” en Mougás (Oia)

. 13 de março de 2008
0 comentarios

Hoxe ás 20:00 h. no Centro Cultural de Mougás, Oia, o SLG realizará unha explicación detallada do CES a agricultores e gandeiros.
Co gallo da presentación do Contrato de Explotación Sustentábel (CES) pola Consellaría de Medio Rural, e as rectificacións propostas polo Sindicato Labrego Galego, mañá xoves ás 20:00 h. no Centro Cultural de Mougás o SLG realizará unha asamblea informativas para agricultores e gandeiros do concello de Oia.
Nesta xuntanza abordaranse dous puntos fundamentais, que é o Contrato de Explotación Sustentábel e que explotacións agrarias e gandeiras poderán ser beneficiarias do CES, así como a suba dos costes de producción nas explotacións agrarias.

Vía > InfoRosal

Ciclo conferencias en Mougás (Marzo/Abril)

. 5 de março de 2008
0 comentarios

Sábado 8 de marzo ás 19:00 h
“Charla informativa parque eólico ALBARIÑO I” a cargo de persoal técnico da empresa Eurovento.

Sábado 15 de marzo ás 19:00 h
“Historia dos montes veciñais en man común” a cargo de Xosé Carlos Morgade, historiador e membro da xunta rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes.

Sábado 22 de marzo ás 19:00 h
“A multifuncionalidade dos montes veciñais en man común” a cargo de Alberto Lema Couso, membro da xunta rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes.

Sábado 29 de marzo ás 19:00 h
“Lei de prevención de incendios e unidades de xestión forestal” a cargo de persoal do Sindicato Labrego Galego e da Asociación Forestal FROUMA.

Sábado 5 de abril ás 19:00 h
Pendente de confirmación.

Sábado 12 de abril ás 19:00 h
“O parque eólico da Serra da Groba” a cargo de persoal da Asociación S.O.S. Groba.

Sábado 19 de abril ás 19:00 h
“A postura das comunidades de montes ante o programa LEADER 2007-2013”, a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes.

Sábado 26 de abril ás 19:00 h
“O aproveitamento da biomasa forestal nos montes veciñais en man común” a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes e Alfredo López, director do proxecto de aproveitamento da biomasa forestal no Val Miñor.

O BNG de Oia interesase pola servizo de correos e o mantemento da tarifa nocturna

. 11 de fevereiro de 2008
1 comentarios

Presentou catro mocións no concello con diversas iniciativas, como o servizo de transporte gratuito para os estudantes do instituto

A Asamblea Local do BNG de Oia a través do seu responsable local, Miguel Giráldez, presentou por rexistro de entrada no Concello de Oia 4 mocións sobre os servizos de transporte, os orzamentos da Deputación de Pontevedra, o servizo de correos e para o mantemento da tarifa nocturna.

A primeira, por iniciativa de Galiza Nova, que demanda que se melloren os servizos de transporte, solicitando que se incrementen tanto as conexións das liñas de tren como a periodicidade das liñas de autobuses, nomeadamente cos concellos limítrofes (Baiona e A Guarda) e tamén que se aposte polo transporte interparroquial, claramente necesaria para o municipio. Nesta mesma moción Galiza Nova solicita que os estudantes do instituto de Baiona teñan gratuidade nos seus billetes de autobús.

A segunda moción presentada polo BNG solicita do Concello que se inste a Deputación de Pontevedra a gastar os seus orzamentos naquilo no que ten competencias habida conta da cantidade de diñeiro que gasta en cuestións que non lle competen, polo que se pide que refaga a súa estrutura orzamentaria en beneficio da cooperación cos municipios, e que "cinga a súa actuación ás competencias propias da Deputación", negociando a transferencia de servizos e equipamentos que non son da súa competencia ás administracións correspondentes.

Unha terceira moción para que se siga prestando dignamente o servizo de correos, en especial nas parroquias onde o reparto a domicilio vai a desaparecer para as casas "que estean a mais de 250 m. da vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos" e vai a ser substituído por "buzóns colectivos" en cruces de camiños. Esta é unha situación que preocupa enormemente ao BNG sobre todo pensando que no rural galego viven moitas persoas maiores ás que agora se lles pretende suprimir servizos.

A cuarta das mocións presentadas solicita unha regulación clara da Tarifa eléctrica nocturna que desaparecerá definitivamente no mes xullo sen que se teñan ofrecido alternativas económicas a aqueles que desfrutaban dela e que agora terán que gastar unha boa suma de diñeiro para "adaptar" o seu sistema eléctrico as novas esixencias. Neste senso o BNG tamén solicita que se subvencionen parte dos gastos que van a ter os usuarios da tarifa nocturna aos que se lles obriga a cambiar de sistema.

Vía > InfoRosal

Dúas empresas de Oia levan tres semanas sen servizo telefónico

. 8 de fevereiro de 2008
0 comentarios

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Unha tormenta incomunica a unha empresa de Oia durante un mes

. 7 de fevereiro de 2008
0 comentarios

"Levamos desde o 14 de xaneiro incomunicados sen que ninguén nos faga caso". Así de contundente amosouse onte o empresario Alfonso de Lis Fiuza, dono da empresa Aluminios Silleiro, S.L., situada no municipio de Oia.
O empresario presentará hoxe catro denuncias “contra Telefónica” no Xuzgado de Tui, na Dirección Xeral de Comercio e Consumo, no Instituto Nacional do Consumidor e na Organización do Consumidor e Usuario. De Lis, número un do PSOE de Gondomar, conta que na madrugada do 13 de xaneiro, “unha tormenta” afectou as instalacións da súa empresa, quedando incomunicada.
Os técnicos só “apareceron 2 días despois” e, “a simple vista” non encontraron defectos nos servicios de telefonía e internet. A segunda visita prodúxose o pasado Xoves, cando os técnicos explicáronlle que se “ queimaran todolos cables”.
A empresa comprometeuse a arranxar os desperfectos, pero desde entonces “non volveron”, asegura, polo que onte enviou unha carta “o presidente de Telefónica” para denunciar a situación. “Estamos sen teléfono, fax e internet. Levamos dende o 14 de xaneiro sen facturar e pagando por un servicio que non temos”, reclama.

Vía > Atlántico Diario

A policía impediu que a canteira de Burgueira se levara o material de Marbar

. 26 de janeiro de 2008
0 comentarios

Un camión relacionado cunha canteira da comunidade de montes de Burgueira (Oia), coa que tiña negocios Martínez Barros, achegouse o pasado mércores ata as instalacións da factoría do grupo Marbar, en Santa María de Tebra (Tomiño), atopándose co enreixado pechado e a vixilancia da Policía local. Isto coincidía coa ausencia dos traballadores que estaban reunidos cos avogados do sindicato (CIG).
Os ocupantes do camión explicaron aos axentes que na factoría había granito que a canteira forneceu a pasada semana e que estaba por cobrar. "É noso e está sen pagar", informaron aos policías, tras interesarse pola situación da empresa. Tanto sindicatos como traballadores, viron nesta visita imprevista un intento de levar pedra aproveitando a súa ausencia: "A Policía impediu coa súa presenza que nos levasen ese material".

Vía > Faro de Vigo

Premiados da Campaña de Nadal da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Oia

. 24 de janeiro de 2008
2 comentarios

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Oia (AECO) realizou a Campaña de Nadal para fomento do comercio e empresariado local, da cal hoxe achegan a lista dos números premiados.

Vía > InfoRosal