Membros de ANABAM e de CEMMA, estiveron, o venres, 17 de maio, recollendo datos dun dos maiores cetáceos que vararon na costa do Baixo Miño, un rorcual alibranco, (Balaenoptera acutorostrata), femia, de algo máis de 8 metros de lonxitude que o mar deixou varado nos rochedos de Viladesuso (Oia). Certos indicios observados na inspección ocular realizada, indican que moi probablemente este individuo foi arrastrado por algunha embarcación, posiblemente xa cadáver.
No que levamos de ano, ANABAM leva rexistrados preto de vinte cadáveres de cetáceos, ademais dunha tartaruga de coiro. No que respecta ao rorcual alibranco, este é o terceiro exemplar desta especie que se rexistra no Baixo Miño. Os dous primeiros exemplares apareceron en Portecelo.
Vía > GaliciaSuroeste
0 comentarios:
Postar um comentário