Avance PXOM - Clasificacion e Categorizacion do Solo

. 30 de janeiro de 2008

Presentamos en EXCLUSIVA para internet, o documento que marcara ao Concello de Oia de cara o futuro, inauguramos así sección de asuntos urbanísticos.

En OC publicamos a Clasificacion e Categorizacion do Solo do Avance do PXOM, pode ser que esperasedes outra cousa, pero a nos parecenos moi importante darlle a difusión adecuada a importancia de tal documento.

Agora xa podedes facer as descargas do PXOM en OC. Esperamos os vosos comentarios sobre o PXOM.

13 comentarios:

Anônimo disse...

Bo traballo, as miñas felicitacións.

alaa disse...

bo traballo pero en valde. por que creo que ainda lle estan dando os ultimos retoques

Anônimo disse...

1) O grande problema de Oia acaba de manifestarse neste último comentario, a maioria da xente de Oia lee pero non entende o que lee. O titulo do post esta clariño "AVANCE PXOM", se fose o DEFINITIVO, o de "avance" non teria sentido.

2) Outro problema menos grave, Balde escrebese con "B".

Anônimo disse...

Xa sabemos que aqui non chove a gusto de todos, e parece que cando alguén trata de pornos ó dia e facilitarnos a información sobre as cousas que estan a pasar no noso axuntamento, sempre ten que salta-la lebre.

Dende logo canta xente desagradecida hai polo mundo adiante, ainda que eu xa o sabia, pero aqui queda reflexado, que aínda que se fagan cousas sen ningun tipo de interese, por axudar os compañeiros e veciños, sempre aparecen e aparecerán este tipo de comentarios.

O que trata esta xente con estes comentarios, e de desanima-la xente que realmente loita por informar (sen intereses económicos de ningún tipo, para que algun dia chegemos a ser algo en Oia.
Esperemos que non o consigan, refirome o de desanima-la xente que realmente loita (ainda que nalgun caso que eu coñezo estano logrando).
O meu apoio a Oiaceive, e a xente que colabora nela.

E como non un saúdo e moitos ánimos, a esa persoa a que me refería antes, a que as ganas de loitar se lle estan rematando, por este tipo de situacións. Forza!!!!!!!!!

Ah!! e que quede clariño que a miña valoración e esterna a esta páxina (quer dicir, para os un pouco cortos, que non formo parte de oiaceive, só paso a facer unha visita para porme o día, das cousas que acontecen en Oia.

Anônimo disse...

1)Ninguen dixo que era o definitivo, tan so se comentaba que o avance que se vai levar a Xunta, en breve, ainda non esta terminado. creo que quedan una temiñas pendentes. segun o que se rumorea. a si que, se non entendes, lee mellor.
2)Cas barbaridades que se dicen non me extraña que a lebre salte. o concello ten a disposicón de todos os habitantes a información real, non as ideas que lle da a un por plantexar nunha páxina.

Sorel disse...

E moi triste se diga que o traballo de alguen foi en balde, sobre todo cando non se ten nin idea de como se fai unha paxina web ou un blog (eu seino), e se descoñece o significado da web 2.0, que do que se trata e de compartir a información con todo o mundo (planeta),ao fio disto a información do avance do PXOM que aquí esta publicada é a mesma que a que esta exposta no Concello e non é unha idea como puiden comprobar persoalmente, pero non todo mundo ten o tempo que teño eu, e poder consultalo desde a casa e toda unha vantaxe. Moita xente desagradecida aínda queda. Animo OiaCeive e adiante!!

Another Cow In The Corn disse...

Aquí todo eran parabens para o traballo feito por OiaCeive, incluídos os meus parabens, ate que chegou a personaxe típica de Oia, que premia a quen non fai nada, xa que non opinou sobre o contido do documento aqui publicado, senon que opinou sobre o feito de ter sido publidado. Oia seguira penalizando a quen traballa polo ben social.

oiawifixa disse...

Pois non sei para que vai querer a xunta un avance.
A xunta o que espera e un Plan.
Os avances non se envian á Xunta (iso si que é unha barvaridade).
A todo isto, hai xente que ten un cd coas memorias e documentación gráfica completa do avance. ¿Como se pode conseguir?

Anônimo disse...

Como que un avance non se envía á Xunta? Á xunta envíase todo!! para poder aprobar un pxom, a Xunta ten que aprobar cada un dos pasos que se dan antes da aprobación definitiva.
O Concello ten poder, pero non tanto!
O avance é moi importante para que a xente vaia vendo como pode quedar o solo, é tal cal "un avance", polo tanto noraboa ós que pasaron o traballo de colgalo en Oiaceive.
Un saúdo

Anônimo disse...

Outra cousiña; cada un pode expresarse como queira e xa sei que agora o uso do móbil perxudica moito á nosa lingua, pero por favor "axuntamento"??? iso é dos tempos de quen?? CONCELLO, é moito máis bonito e ademais correcto..fora os castelanismos!!

David disse...

Boas, agora que comenzou a liga era bor ter información sobre as andanzas do Oiense, que xa volve a estar en activo.
Saudos.

OiaCeive disse...

David, desde OiaCeive estamos dispostos a publicar os teus comentarios sobre os partidos do Oiense sen ningun tipo de problema. So tes que envialos a oiaceive@gmail.com

Un saudo

David disse...

Eu non podo facer os comentarios, xa que estou fora, por iso digo que era bo ter información, para que os que non vivimos en Oia nos enteremos. Por suposto a información aportariadela vos. Grazas e un saudo.