O alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, propón ao Consorcio a rehabilitación dun antigo edificio para poder utilizalo como Centro de Día público. O rexedor, acompañado da concelleira de servizos sociais, Sandra Calvo, visitou onte en Santiago ao xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, e máis ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vai estudar a viabilidade de acometer a rehabilitación como Centro de Día da antiga casa consistorial de Oia. O alcalde e maila concelleira de servizos sociais presentaron á xerencia o proxecto, que culminaría coa creación de prazas públicas dentro do Sistema Galego de Benestar para a atención diúrna a persoas maiores dependentes ou en risco de padecer dependencia.
Oia pertence á comarca pontevedresa do Baixo Miño, está adherido ao Consorcio desde o mes de novembro de 2006 e conta xa cunha Galescola de 3 unidades e 41 prazas públicas de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Vía > VigoMetropolitano
0 comentarios:
Postar um comentário