Mostrando postagens com marcador MEDIO RURAL. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador MEDIO RURAL. Mostrar todas as postagens

Vigo e os municipios da área reforestarán más de 2.500 km2 de monte en dous anos

. 9 de junho de 2008
0 comentarios

Que os montes de Vigo luzan de novo tan verdes como antes da onda de incendios do verán 2006 ten un prezo: 338.500 euros. É o orzamento que a Consellería de Medio Rural destina a un plan trianual que contempla traballos forestais en 252 hectáreas e finalizará en 2009. O diñeiro que o departamento autonómico destina a repoboacións forestais duplica o que se inviste en tratamentos silvícolas.

Este ano conta coa maior partida económica, 229.771 euros, que se destinarán tanto a repoboacións (162.041 euros) como a tratamentos silvícolas (67.730 euros). No Concello de Vigo actuarase en cinco hectáreas da comunidade de Beade, nos montes de Cobas, Seixo e outros, segundo acaba de publicarse no DOG. En todos estes lugares haberá repoboacións de especies autóctonas. Tamén en trinta hectáreas dos montes de Priegue e Chandebrito (Nigrán); en 16 hectáreas de Doas e Vilaza (Gondomar), así como en 63,5 hectáreas de Fornelos, Salgueirón e Balutos e Río dá Fenta, en Fornelos de Montes. As actuacións de reforestación previstas no Porriño elévanse a unhas vinte hectáreas (19,17) nos montes de Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola e Faro. Os traballos inclúen podas, que xa é posible ver durante estes días nos arredores de estradas.

Pero no que respecta a superficie, a zona con maior afectación atópase en Oia -unha das máis castigadas polo lume-. Máis de 90 hectáreas no devandito municipio beneficiaranse de diferentes tratamentos fitocidas e de rozas e clareos. O distrito de Vigo (denominado como distrito forestal XVIII pola Xunta) está integrado por varios municipios limítrofes e da área como Porriño, Nigrán, Gondomar, Fornelos de Montes, Oia e Tomiño.

Risco de incendios

O obxectivo que persegue o departamento de Medio Rural é dobre: incrementar a masa arboredo e diminuír o risco de incendios. A Consellería explícao así: "Mellorar a masa forestal, especialmente os montes de frondosas caducifolias e alcornoques, facilitar a produción de madeira de calidade e promocionar a silvicultura como fonte de emprego e riqueza no rural". Por iso, puidéronse beneficiar desta liña de axudas tanto propietarios individuais ou agrupados, cooperativas, particulares, entidades locais, comunidades de montes en man común e outras persoas xurídicas.

A liña de axudas para mellorar a silvicultura só este ano e o pasado permitiu actuar sobre unha superficie de 15.878 hectáreas, das que 2.944 atópanse de Pontevedra. Así mesmo. 257 dos 1.698 propietarios de monte pertencen á provincia.

Vía > Faro de Vigo

O programa de infraestruturas no Medio Rural investirá 89.384,61 euros no municipio de Oia

. 1 de maio de 2008
0 comentarios

O Baixo Miño recibirá en investimentos para mellorar as dotacións básicas do sector productivo, 328.600,91 euros da Consellaría de Medio Rural, dentro do programa de infraestructuras.

Os Programas de Infraestruturas no Medio Rural prevén a realización de proxectos en todos os concellos de Galiza, desenvolvidos de acordo cuns criterios de dinamización da base produtiva, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación; de infraestruturas de servizos básicos como abastecementos de auga domiciliaria, saneamentos, camiños agrícolas ou pistas rurais; así como aqueles de singular natureza que entren nas competencias da consellaría. Estas actuacións serán financiadas con cargo ao Feader (2007-2013) e con fondos propios da Xunta.

A programación naceu co fin de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas destinadas a mellorar a calidade de vida dos habitantes das zonas rurais e a potenciar o seu desenvolvemento, coa dotación de equipamentos públicos e de servizos básicos elementais necesarios para contribuír a fixar poboación.


A Consellaría do Medio Rural desenvolve outra nova fase do Programa de Infraestruturas no ano 2008 de acordo con proxectos de dinamización da base produtiva e de obras de servizos básicos, na que asinará convenios con concellos para a execución de determinados proxectos no medio rural. En total, nesta etapa investiranse 17.042.652 euros en 147 concellos de Galiza, segundo acordou o Consello da Xunta.

Baixo Miño

No que respecta ao Baixo Miño, os concellos beneficiados serán Oia, cun investimento de 89.384,61 euros, A Guarda, 73.924,55 euros, O Rosal que contará cunha inversión de 56.442,95 euros e Tomiño, que recibirá 108.848,80 euros.


Vía > InfoRosal

Os cinco concellos do Baixo Miño beneficiarios do Plan Estratéxico de Investimentos no Medio Rural (PEIM 2008)

. 24 de março de 2008
0 comentarios

A Consellaría do Medio Rural destinará este ano arredor de 7 millóns de euros ás actuacións incluídas dentro do Plan Estratéxico de Investimentos no Medio Rural (PEIM 2008) na provincia de Pontevedra. Os cinco concellos do Baixo Miño veranse beneficiados por estes investimentos con diferentes obras.
Trátase fundamentalmente de obras de nova construción e de mellora de infraestruturas viarias, así como de sistemas de abastecemento, captación e saneamento de agua. De acordo coa filosofía xeral deste plan, impulsado pola Consellaría a comezos da lexislatura, o obxectivo é mellorar as condicións do traballo agrogandeiro, así como a calidade de vida e a dotación de servizos básicos nas áreas rurais, co fin de equiparalas a outras entidades de poboación de maior dimensión. Ademais, este plano recollía que todos os concellos de Galiza se beneficiarían destes investimentos públicos, no seu ámbito máis rural, polo que na provincia de Pontevedra están previstas actuacións na totalidade dos seus municipios.
Outra das novidades que supuxo a implantación deste plan foi o método de priorización das obras, a partir das necesidades propostas polos propios concellos, que son os responsables de facerlle chegar á Consellaría as principais demandas de cada municipio. Medio Rural ten en conta estas necesidades e prioriza as que mellor se adaptan aos obxectivos Do PEIM á hora de distribuír o gasto público. Na maioría dos casos, as entidades locais xa lle remitiron á delegación deste departamento en Pontevedra a súa conformidade para a posta a disposición dos terreos, facilitando así o comezo da execución dos traballos neste exercicio, unha vez que se liciten as obras. A estas actuacións sumaránselle outros investimentos en concentracións parcelarias, proxectos singulares ou mellora de camiños que sufragará Medio Rural nos distintos concellos galegos durante este ano.
A continuación, a listaxe das actuacións nos municipios do Baixo Miño:


Concello

ACTUACIÓNS PEIM 2008 – PROVINCIA PONTEVEDRA

GUARDA, A

Mellora das infraestruturas de abastecemento en Outeiro e saneamento en Castiñeira (A Guarda-Pontevedra)

OIA

Mellora da infraestrutura viaria en Santa María de Oia (Oia-Pontevedra)

ROSAL, O

Mellora da infraestrutura de saneamento para completar ramais en Cal (Tabagón) (O Rosal-Pontevedra)

TOMIÑO

Mellora da infraestrutura viaria en Estás, Figueiró e Tomiño (Tomiño-Pontevedra)

TUI

Mellora da infraestrutura viaria no Camiño da Veiga (Paramos) (Tui-Pontevedra)


Vía > InfoRosal