Mostrando postagens com marcador URBANISTICOS. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador URBANISTICOS. Mostrar todas as postagens

Un particular presenta recurso de reposición contra á aprobación definitiva do plan parcial nº 5 "peña ajoeira"

. 11 de junho de 2008
0 comentarios

Hábendolle sido notificada en data 30.05.2008 (R. S. nº 1.214), resolución adoptada na sesión da Xunta de Goberno local [do Concello de Oia], celebrada o 23 de maio de 2008, en relación coas alegacións presentadas o 24 de marzo de 2008 (R.E. nº 676) sobre a aprobación definitiva do proxecto de urbanización SAU nº 5 “Peña Ajoeira”, as cales se desestimaron, entendendo que a devandita resolución lesiona seus lexítimos dereitos; Eulogio P. Abeleira Cabaleiro vén de presentar no Concello de Oia (R. E. nº 1.343), e dirixido a Xunta de Goberno Local dese concello, recurso de reposición potestativo, de conformidade co artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, de 26 de novembro, del “réxime xurídico das administracions públicas e do procedimento administrativo común”, reformada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro (…)”.

Compre salientar que no devandito documento, o que tivo acceso a Redacción de Infogauda, o comparecente – Eulogio P. Abeleira Cabaleiro – afirma que “está lexitimado para iniciar o presente procedimento no ejercicio da acción pública (…)”.

Na parte expositiva do seu recurso de reposición, o comparecente subliña varios feitos e fundamentos de impugnación. Entre eles, que con data 24-03-08 (R.E. 676) presentou escrito de alegacións con relación a “aprobación inicial do proxecto de urbanización SAU Nº 5 do ámeto de desenvolvemtno do Plan Parcial coñecido como “Peña Ajoeira”, condicionado a execución das obras de abastecemento de auga a comunidade de usuarios de Ciudalanz, S. L., desde a mina Figueiriña de acordo co proxecto presentado no Concello de data 30 de xaneiro de 2008 (R.E. 276)”.

Asemade, como a Xunta de Goberno Local do Concello de Oia, celebrada o día 23 de maio de 2008, acordou por unanimidade “a desestimación das alegacións presentadas por D. Eulogio P. Abeleira Cabaleiro á aprobación inicial do proxecto de urbanización SAU nº 5 “Peña Ajoeira”, que tiveron entrada no rexistro desde Concello nº 676, en tempo e forma, en data 24 de marzo de 2008”, e ademáis “aprobar definitivamente proxecto de Urbanización SAU Nº 5 “Peña Ajoeira”, pubricar o devandito acordo no B.O. da provincia de Pontevedra, e notificar ós interesados”; o comparecente subliña: “ (...) que como pode apreciarse o acordo impugnado carece da máis mínima motivación habida conta, de que non expón en momento algún os motivos ou fundamentos que levaron a esa Administración a acordar a desestimación das alegacións antes mencionadas por ésta parte, sen que tampouco se me haxa dado traslado dos informes técnicos e xurídicos, presuntamente obrantes no expedente administrativo e nos cales afirma haberse fundamentado, descoñecendo o comparecente, a presente data, as razóns en base as cales esa Administración considerou que as alegacións presentadas en data 24.03.08 resultan desestimadas (...)”.

Como fundamentos de Dereito, o comparecente subliña no apartado I.- “(...) Nulidade por ausencia total e absoluta de motivación causante de indefensión: Sendo a motivación un elemento formal dos actos administrativos nos supostos en que ésta resulta legalmente esixible, non cabe dúbida algunha de que o acordo impugnado carece da máis mínima xustificación, o omitir a exposición de feitos e fundamentos, siquera sucinta, que lle serven de base, infrinxindo con elo o disposto no artigo 54 da mentada LRXPAC (...)”.

O recurrente tamén aporta fundamentos de Dereito para a nulidade [do devandito Plan Parcial “Peña Ajoeira”] por infracción da lexislación urbanística, polo que finalmente solicita: “Que por presentado este escrito teña por interposto RECURSO DE REPOSICIÓN potestativo contra a resolución dictada en data 23 de maio de 2008 pola Xunta de Goberno Local (...)”.

Asemade, o recurrente afirma: "(...) O mesmo, cabe manifestar a esa Alcaldía que, o corresponderlle a Consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, exercer o control da legalidade sobre a actividade urbanística, a tutela dos intereses supramunicipais e actuar por subrogación nos supostos previstos na LOUG, o comparecente vese compelido, diante da total deixación de funcións observada, a por en coñecemento de ésta, os actos que se pretenden levar a cabo no mentado SAU nº 5 “Peña Ajoeira” para que sea ésta quen adopte as medidas precisas e necesarias, para a protección do litoral de Galicia”.

Vía > InfoGauda

O GOBERNO MUNICIPAL DEU A SÚA APROBACIÓN INICIAL O PROXECTO DE URBANIZACIÓN SAU Nº 5 "PEÑA AJOEIRA"

. 5 de junho de 2008
0 comentarios

Anuncio aprobación definitiva proxecto de urbanización

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 23 de maio de 2008, adoptou por unanimidade e previa deliberación o seguinte acordo:

1) A desetimación das alegacións presentadas por D.Eulogio P. Abeleira Cabaleiro á aprobación inicial do proxecto de urbanización SAU nº 5 “Peña Ajoeira”, que tiveron entrada no rexistro deste Concello nº 676, en tempo e forma, en data 24 de marzo de 2008.
2) Aprobar definitivamente o Proxecto de Urbanización SAU nº 5 “ Peña Ajoeira”.
3) Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e notificar ós interesados.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición ante o mismo órgano que a dictou e no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme ó establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xuzgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, conforme ó disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, de 13 de xullo.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes según se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sin resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/1992, pudendo entonces interpoñerse recurso contencioso- administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme ó establecido no artigo 46.1º e 4º da lei 29/1998.

No caso de resolución expresa desestimatoria do recurso de reposición, o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de dous meses a contar desde a notificación, ante o Xulgado do Contencioso de Pontevedra.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedente con arreglo a dereito.

En Oia, a 26 de maio de 2008.—O Alcalde, Alejandro Rodríguez Rodríguez.

Nota da Redacción: O devandito anuncio foi publicado na páxina 44, do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, nº 107, correspondente o mércores día 04 de xuño de 2008.

Vía > InfoGauda

Medio cento dos 87 concellos costeiros están tramitando novos plans

. 17 de maio de 2008
0 comentarios

A lei dos 500 metros cumpre un ano

A norma máis contundente promulgada en Galicia para preservar a parte máis fráxil do seu territorio da forte presión urbanística, a que prohibe de forma transitoria construír en 3.000 hectáreas situadas a menos de 500 metros do mar, cumpre hoxe un ano sen que se concretaran os efectos catastróficos que aventurou o sector e cun balance morno na disposición mostrada polos concellos para adaptar as súas achaiaduras á lexislación urbanística. Doce meses logo da entrada en vigor da lei dos 500 metros, en plena precampaña das municipais do 2007, unicamente os plans da Pobra do Caramiñal e, desde onte mesmo, Vigo obtiveron luz verde da Xunta, o que lles permite edificar nesa franxa.

Dos 87 concellos afectados pola veda cautelar do ladrillo nesas 3.000 hectáreas, que representan o 13% do chan urbanizable do litoral, 52 están tramitando a adecuación das súas normas urbanísticas á lei 9/2002. Deses municipios, sete contan coa aprobación provisional ás súas achaiaduras: Laxe, Muxía, Oleiros, Paderne, Moaña, Tui e Vilanova de Arousa. Outros oito teñen o informe de aprobación inicial: Fisterra, Mañón, Muros, Outes, Foz, Ribadeo, O Grove e Marín. A Dirección Xeral de Urbanismo emitiu o informe previo á aprobación inicial dos plans doutros 17 concellos da costa: Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Camariñas, Dodro, Dumbría, Neda, Ortigueira, Pontedeume, Porto do Son, Sada, Xove, Bueu, Cambados, Meaño e Valla. A tramitación das normas de seis concellos está en fase de avance: Noia, Cervo, Baiona, A Guarda, Oia e O Rosal. Ademais, seis concellos teñen licitada a adaptación dos seus plans (Boiro, Cariño , Cedeira, O Vicedo, Nigrán e Ribadumia) e oito contratárona (A Coruña, Pontevedra, Carballo, Cangas, Gondomar, Salvaterra do Miño, Soutomaior e Vilaboa).

Ao marxe destes 52 municipios e dos dous (Vigo e A Pobra do Caramiñal) con plans aprobados, 33 concellos costeiros non iniciaron aínda os trámites para adecuar as súas regras de xogo en materia de urbanismo á lei autonómica. A maior parte deses municipios -salvo A Illa de Arousa, por razóns obvias- non poderá eludir a restrición dos 500 metros ata que, no prazo dun ano, a Xunta aprobe o plan integral do litoral, que concretará o ámbito de protección en cada zona.

Dos oito municipios que teñen as súas achaiaduras suspendidas e réxense por unha ordenación provisional, cinco están no litoral: O Grove, Tui, Sada, Viveiro e Barreiros.

Acelerar o plan integral

A forte crise pola que atravesa o sector da construción provocou que o impacto das restricións impostas na franxa dos 500 metros fose solapado, en certa medida, cos efectos da desaceleración sobre a demanda. Con todo, os promotores insisten en que ese paro obrigado si repercutiu. «Por suposto que se notou. Parouse unha liña de negocio completa», sostén o presidente da Federación de Promotores, Javier Garrido. Asegura que se truncaron os plans para captar mercado de turismo residencial no Levante, Costa do Sol e na Bretaña francesa.

Garrido, que eloxia a interlocución con Política Territorial, reclama á consellería que acelere o plan integral do litoral, sen esgotar os dous anos previstos de prohibición.

Vía > A Voz de Galicia

Exposición pública do Proxecto de Urbanización SAU nº 5 do ámbito de desenrolo do Plan Parcial coñecido como “Peña Ajoeira”

. 25 de fevereiro de 2008
0 comentarios

Aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía o Proxecto de Urbanización SAU nº 5 do ámbito de desenrolo do Plan Parcial coñecido como “Peña Ajoeira” condicionado á execución das obras de abastecemento de auga á comunidade de usuarios de Ciudalanz, S.L. dende a mina Figueiriña, de acordo co proxecto técnico presentado no concello en data 30 de xaneiro de 2008 (rexistro de entrada nº 276), exponse ao público dito Proxecto polo prazo de 30 días hábiles, contados desde hoxe (25/02/2008), para que calquera persoa poida examinalo e formular as alegacións que estime pertinentes.

Vía > GaliciaSuroeste

Memorias do Avance do PXOM

. 12 de fevereiro de 2008
0 comentarios

Despois do exito da publicación da Clasificación e Categorización do solo de Oia, pasamos a publicar a Memoria Informativa e a Memoria de Ordenación do Avance do PXOM, por petición de oiawifixa.

Avance PXOM - Clasificacion e Categorizacion do Solo

. 30 de janeiro de 2008
13 comentarios

Presentamos en EXCLUSIVA para internet, o documento que marcara ao Concello de Oia de cara o futuro, inauguramos así sección de asuntos urbanísticos.

En OC publicamos a Clasificacion e Categorizacion do Solo do Avance do PXOM, pode ser que esperasedes outra cousa, pero a nos parecenos moi importante darlle a difusión adecuada a importancia de tal documento.

Agora xa podedes facer as descargas do PXOM en OC. Esperamos os vosos comentarios sobre o PXOM.

PROXIMAMENTE EXCLUSIVA!!

. 23 de janeiro de 2008
1 comentarios

Estamos traballando para ofrecerlles, en EXCLUSIVA para internet, un documento que marcara ao Concello de Oia de cara o futuro. Estade atentos os vosos monitores, que nin chegue tarde, pode perderse a primicia. E inauguramos así sección de asuntos urbanisticos.