Nove de cada dez usuarios das Galescolas din estar “satisfeitos” cos equipamentos, atencións e servizos prestados por estes centros. Así se desprende dun estudo realizado pola Vicepresidencia da Xunta para coñecer a satisfacción dos usuarios das Galescolas en cuestións de instalacións e equipamentos; información e comunicación; funcionamento; e servizos e actividades, entre outros.
A través das enquisas realizadas neste estudo ponse de manifesto que o 90 por cento das persoas usuarias (pais e nais) das Galescolas amosan a súa alta satisfacción coas instalacións, o confort e o material e equipamento dos centros, e, especialmente, co lugar onde se localizan estes centros, un aspecto que o 95,1 por cento dos entrevistados cualifica de bo ou moi bo.
Este alto grao de satisfacción trasládase tamén ao referente ao funcionamento xeral das escolas infantís. Neste punto, o trato dispensado polos traballadores das Galescola é o aspecto mellor valorado, cun 96,8 por cento de pais e nais que o consideran bo ou moi bo; seguido da profesionalidade do persoal e da axuda na resolución de dúbidas, cun 94 por cento de usuarios que o consideran de bo ou moi bo.
Ademais, a meirande parte das persoas entrevistadas, nunha porcentaxe que supera ao 90 por cento, avalou tamén o bo traballo realizado nos aspectos de funcionamento do centro referidos á información e matrícula, período de adaptación do neno, funcionamento diario, resolución de problemas, atención personalizada, clima de confianza, e xestión e trato do director.
Vía > GZ Nación
Nove de cada dez usuarios das Galescolas están "satisfeitos" co funcionamento dos centros
Etiquetas: EDUCATIVOS, GALESCOLAOs nenos e nenas da Galescola de Oia aprenden a importancia de coidar a auga
Etiquetas: EDUCATIVOS, GALESCOLAAsí na asemblea falouse da mellor maneira de conservala, dos seus diferentes estadíos, do seu sabor e cor e da súa utilidade (regar, beber, lavar, etc.).
O seguinte foi un traballo por recantos, onde os/as nenos/as experimentaron, manipularon e gozaron coa auga e Ao final dos obradoiros, en vez de tirala, botouse a auga nos caldeiros da limpeza para utilizala para limpar o chan.
En diversos recantos da escola as crianzas puideron experimentar coa auga, nun deles púxose auga fría, morna e xeo; os/as nenos/as metían as súas mans e contaban ás persoas educadoras o que sentían, mentres que noutro recanto probaron a facer burbullas.
Por outra parte, na mesa de auga era posible investigar con diferentes materiais e descubrir que algúns flotan, como a esponxa e a madeira, e outros afúndense, como as pedras e a plastilina, e, mediante a utilización das novas tecnoloxías os nenos e nenas tiveron a ocasión de visualizar un conto interactivo sobre o ciclo da auga.
Ademais, realizouse un pequeno experimento na aula. A auga é transparente pero é posible darlle cor. Neste caso con papel crespón de cor azul, os/as nenos/as quedaron abraiados/as vendo a trasformación que sufría a auga en canto lle botabamos os anacos de papel.
Fonte: Galescola de Oia
Vía > InfoRosalCruz Vermella Mocidade lanza na Guarda e Oia unha campaña de Promoción de Hábitos Alimentarios saudables para a poboación infantil
Etiquetas: COMUNICACION, EDUCATIVOS, SANIDADEEn concreto desenvolverase todos os Luns e Mércores de 16:30h a 18:30h e estenderase ata finais do mes de Abril co grupo de nenos e nenas que habitualmente participan nas actividades.
Os obxectivos da campaña perseguen principalmente previr na poboación infantil a aparición de enfermidades e trastornos relacionados coa nutrición, así como ofrecer información sobre os diferentes aspectos que integran as condutas alimentarias saudables: compoñentes dunha dieta, frecuencia de inxesta, duración, formas para comer, medidas de hixiene, alimentación e deporte...
A iniciativa diríxese á poboación infantil con idades comprendidas entre os 6 aos 9 anos e será impartida por un equipo de voluntariado da Institución que previamente participaron na formación específica.
A Campaña Promoción de Hábitos Alimentarios Saudables con Poboación Infantil enmárcase no Programa de Promoción e Educación para a Saúde de Cruz Vermella Mocidade, cuxo obxectivo prioritario é o desenvolver no conxunto da poboación, hábitos capaces de modificar os comportamentos insanos ou perigosos para a saúde, recorrendo a estratexias de aprendizaxe e adquisición de condutas.
A relevancia social alcanzada pola alimentación e a nutrición e a súa relación coa saúde, fan que CVX, desde a súa posición de sección xuvenil preocupada polo adecuado desenvolvemento e benestar da infancia e a mocidade, considere necesario actuar neste campo co colectivo infantil.
A campaña conta co financiamento de Kraff Foods e para a cal editáronse unha serie de materiais específicos.
Esta iniciativa vaise a levar a cabo en 25 provincias do Estado.
Vía > InfoRosal
As nenas e nenos da Galescola de Oia aprenden a descubrir o seu corpo e a recoñecerse a si mesmos
Etiquetas: EDUCATIVOS, GALESCOLA
A Galescola de Oia contou coa colaboración das familias (que está a ser moi positiva) para traballar o esquema corporal cos máis cativos/as. As nais e pais trouxeron da casa fotos dos/as nenos/as actuais e de cando eran máis cativos/as coa idea de colocalas pola aula e co obxectivo de facilitar o recoñecemento dun mesmo.Como acompañamento a estas actividades as nenas e nenos disfrutaron de cancións referentes ao esquema corporal ("O xogo chirimbolo", " Xoán pequeno", " Nesta cara redondiña", "As mans", "A cara que teño eu"...)
As crianzas tiveron a oportunidade de mirarse no espello e aprenderon a recoñecer as diferentes partes da súa cara, para posteriormente pasar a traballar o concepto da silueta coa axuda das profesionais da educación da escola.
Como actividade final propúxose a construción entre todos dunha boneca para que sexa a nova compañeira de xogos. A boneca estaba nunha primeira fase incompleta polo que foi levada por turnos por cada un dos nenos/as á súa casa para ir completando, coa axuda das familias, as partes que lle faltaban.
O propósito desta acitividade é dobre, por un lado, implicar ás familias nas actividades educativas das súas crianzas e por outra banda, para que as nenas e nenos da escola lle dean continuidade na casa as actividades no centro.
Vía> InfoRosal
A Galescola de Oia
Etiquetas: EDUCATIVOS, GALESCOLA, MUNICIPAIS, POLITICOSNo antigo réxime da Xunta poucas cousas acabaron ben, a continuación relatamos unha delas. O sábado 20 de novembro do ano 2004 a conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta do PP, Pilar Rojo, presentou o Punto de Atención Infantil (PAI) en Oia, no sitio escollido para tal efecto polo goberno de Leandro, o PAI foi pechado o día 26 de xullo de 2006 pola Xunta de Galicia por incumprir a normativa de seguridade e de barreiras arquitectónicas da administración autonómica para gardarías, posteriormente foi reformado e as obras, que superaron un orzamento de 236.000 euros foron financiadas pola Xunta de Galicia.
Co BNG na Xunta, a secretaria xeral de Igualdade da Consellería de Vicepresidencia, Carme Adán, e o alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, asinaron o 3 de xullo de 2007 un convenio de colaboración para finalizar as obras da gardaría municipal, para convertela en Galescola e que segundo as previsións comezaría a funcionar en setembro. A etapa de dotación do equipamento ten un orzamento de 130.010 euros, dos que o Executivo autonómico achega o 80% e o Concello o 20%. Dende a Vicepresidencia da Xunta, Anxo Quintana apostouse, pola construción deste tipo de equipamentos no medio rural, nun intento por rachar co círculo vicioso da desestruturación territorial de Galiza, "que fai que ao non haber servizos marche a xente, e logo por non haber xente non se crean servizos". Neste camiño, a aposta da Vicepresidencia é rematar coa división do país en cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, "utilizando os servizos sociais para facer país, para vertebrar o territorio, empregándoos como mecanismos de reequilibrio e cohesión territorial".
Segundo o Convenio asinado entre Vicepresidencia e o Concello para formar parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as obras son licitadas e adxudicadas polo Concello, e dicir é o Concello o responsábel das obras. Esta foi a raíz do problema da Galescola de Oia: o Concello non está capacitado para asumir esas responsabilidades, e quen pagou o pato foron os pais e as nais.
Pilar Candocia, responsábel da rede de Galescolas do Consorcio de Servizos Sociais da Xunta, ante a falta de resposta por parte do Concello, deu a cara perante as nais e os pais dos 27 nenos matriculados na gardaría pública de Oia que se manifestaron ante a falta de información. Nesa reunión, informóuselles ás nais e ós pais de que para abrir a Galescola, faltaba que o Concello finalizase o patio de xogos, a mellora das medidas de seguridade como por exemplo os detectores de fumo ou os protectores en marcos de portas, e a dotación de mobiliario homologado, posto que o Concello comprou berces metálicos non homologadas e incluso descatalogados a unha empresario con carné do PP. A Galescola abriuse parcialmente, en principio abríronse dúas aulas da planta baixa, e queda por reformar a parte de arriba, onde se sitúa a cociña, e tamén o ascensor. Desde o BNG lamentamos que pola incapacidade de Leandro as familias de Oia aínda non poidan dispoñer das 40 prazas de matrícula que terá a gardaría cando o Concello se digne a rematar as obras e a dotación de equipamento.
A partir do ano 2008 o propio consorcio, licitará, adxudicará as obras das Galescolas, porque o de Oia non é o único caso no que houbo problemas coa execución dos traballos. Tómase esta medida ante a falta de capacidade dos concellos para rematar as obras en tempo e forma.
Igualdade e Calidade:
Desde o BNG queremos transmitir que as Galescolas son sobre todo boas escolas, trátase de centros que apostan pola calidade, pola mellora da oferta educativa e pedagóxica, vertebrándose arredor de dous elementos fundamentais: a redución do número de alumnas e alumnos por educador, a través da parella educativa, e a formación continua. Ademais, destaca a importancia de que se trata dun proxecto para todo o país con escolas que traballan por primeira vez en rede con criterios e obxectivos compartidos. Son, por tanto, un servizo público e un proxecto de calidade, que supera o concepto de garda e custodia dos cativo e cativas e potencia a educación, en galego, na tolerancia, no respecto, na identidade e no compromiso co país.
Á parte de ser un servizo educativo, a nova Galescola de Oia é tamén un instrumento a favor das políticas de igualdade e conciliación. Asegúrase que as Galescolas son un piar esencial da nosa política de apoio ás familias, un servizo de proximidade para que todos os membros da familia teñan mellores condicións para conciliar a vida persoal, familiar e laboral.
Os colexios de Refoxos e Ría de Vigo unense para repoboar o monte
Etiquetas: EDUCATIVOS, FORESTAISAsí pensárono os colexios Refoxos Loureza de Oia e Ría de Vigo de Canido, adscritos ao programa Voz Natura. Ambos protagonizaron esta semana un exemplo de colaboración conxunta inédito no proxecto da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre.
Alumnos de ambos centros participaron nunha xornada de repoboación forestal con especies autóctonas nas parroquias de Burgueira e de Loureza, de Oia, en zonas que foron asoladas polos incendios.
Os alumnos de Vigo, 17 de cuarto curso de ESO e 25 de catro anos de idade, chegaron en autobús ata o colexio de educación infantil e primaria de Refoxos Loureza para participar nesta xornada de convivencia e traballo.
Trala traxedia que supuxo en Oia os incendios do verán do 2006, a comunidade escolar da escola Ría de Vigo acordou acondicionar no seu centro un viveiro de árbores para que, cando tivesen altura suficiente, poñelos a disposición da escola de Refoxos e das comunidades de montes para repoboar as zonas máis danadas.
Trouxeron unha trintena de pequenos árbores que medraron durante os últimos meses no viveiro que manteñen no centro, que se sumaron ao centenar de castiñeiros que achegou a escola de Refoxos.
Árbores
Plantaron un cento na zona de Bonaval, nun terreo preparado pola comunidade de montes de Burgueira, xunto a outro espazo que xa foi reforestado fai uns anos. E os alumnos de Oia terminaron onte de plantar dentro do propio recinto escolar os que non deulles tempo o pasado martes.
Os coordinadores de ambas iniciativas, Alba Cantero, de Oia, e Juan Carlos Vázquez, de Vigo, resaltaron que foi unha experiencia moi positiva para os estudantes e coincidiron na necesidade de continuar colaborando no futuro.
O principal obxectivo da súa iniciativa, ademais de lograr esa colaboración entre alumnos de dous colexios diferentes, foi intentar que non se esqueza o perigo dos incendios e a necesidade de recuperar as zonas que resultaron devastadas fai dous anos.
Vía > A Voz de Galicia
Os nenos e nenas da galescola de Oia descubren as maravillas dos eclipses
Etiquetas: EDUCATIVOS, GALESCOLAUn eclipse de Lúa ocorre cando a Terra se interpón entre o Sol e o noso satélite natural. Podemos distinguir tres etapas: penumbral, parcial e total. Ao longo das mesmas, a Lúa cambia a súa apariencia e a súa totalidade vólvese avermellada.
Dende a escola de Oia os nenos e nenas traballaron o tema dos eclipses a través dunha serie de actividades como:
Realización dunha asemblea na que se falou sobre o Sol e a Lúa, o día e a noite e o eclipse luar.
Lectura do conto "Papá, por favor, achégame a Lúa".
Representación dun eclipse lunar. Fíxose de noite na aula, saiu a Lúa e volveuse vermella.
Busca da noticia no xornal.
Pintouse unha Lúa de dobre cara (branca e vermella) con material de refugallo.
Vía > InfoRosal
O BNG de Oia edita novo Boletín
Etiquetas: COMUNICACION, DOCUMENTOS, EDUCATIVOS, ELECTORAIS, GALESCOLA, MUNICIPAISO BNG de Oia ven de editar un novo boletín informativo, enfocado nas eleccións xerais, no que se pode ler unha entrevista a cabeza de lista por Pontevedra, Olaia Fernández Davila, o decálogo do BNG para as eleccións xerais, unha carta do portavoz nacional, Anxo Quintana e na contracapa, un artigo de ámbito local, sobre a Galescola de Oia.
Descarga o Boletín nº 1 do BNG de Oia
Vía > InfoRosalPublicado o prazo de reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as da Galescola de Oia para o curso 2008-09
Etiquetas: EDUCATIVOS, GALESCOLA
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anunciou a apertura do prazo para a reserva, preinscrición e matrícula na Galescola de Oia para o vindeiro curso 2008-2009.O prazo para a reserva de praza para as crianzas que estiveron na Galescola no curso 2007-2008, así como para as fillas/os dastraballadoras/es das galescolas, será do 1 ao 14 de marzo, ambos os dous incluídos.
O prazo de preinscrición para novas/os usuarias/os é do 15 de marzo o 15 de abril. As instancias recolleranse na propia Galescola de Oia.A listaxe provisional de admitidos e excluídos publicarase do 1 ao 15 de maio. O prazo de reclamación é de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao da súa publicación.
A listaxe definitiva de admitidos e excluídos farase pública do 16 ao 1 de maio no taboleiro de anuncios do Consorcio, do Concello e daGalescola de Oia.
O prazo de matrícula, tanto para os que fixeron reserva como para os que fixeron preinscrición, será do 1 ao 15 de xuño na propia Galescola.Tal e como consta no artigo 20 do RRI das Galescolas, de non se formalizar a matrícula, decaerá o dereito á praza aínda tendo reserva ouaparecendo na listaxe de admitidos.
+info Galescola de Oia
Comezou o Obradoiro dos Sentidos na Galescola de Oia
Etiquetas: EDUCATIVOS, GALESCOLA
A Galescola de Oia comezou o pasado martes un novo obradoiro que vaise levar a cabo ao longo do curso. O seu propósito é estimular dunha forma creativa e divertida as capacidades sensoriais dos nenos e nenas da escola. A primeira sesión deste obradoiro consistiu na elaboración de instrumentos musicais empregando para iso diferentes materiais naturais (fideos, lentellas, macarróns,...) e botellas de plástico valeiras recollidas do punto de reciclaxe da Galescola. Os nenos e nenas disfrutaron moito na actividade na que demostraron ademais unha estupenda capacidade motriz.
+info Galescola de Oia