A Consellaría do Medio Rural destinará este ano arredor de 7 millóns de euros ás actuacións incluídas dentro do Plan Estratéxico de Investimentos no Medio Rural (PEIM 2008) na provincia de Pontevedra. Os cinco concellos do Baixo Miño veranse beneficiados por estes investimentos con diferentes obras.
Trátase fundamentalmente de obras de nova construción e de mellora de infraestruturas viarias, así como de sistemas de abastecemento, captación e saneamento de agua. De acordo coa filosofía xeral deste plan, impulsado pola Consellaría a comezos da lexislatura, o obxectivo é mellorar as condicións do traballo agrogandeiro, así como a calidade de vida e a dotación de servizos básicos nas áreas rurais, co fin de equiparalas a outras entidades de poboación de maior dimensión. Ademais, este plano recollía que todos os concellos de Galiza se beneficiarían destes investimentos públicos, no seu ámbito máis rural, polo que na provincia de Pontevedra están previstas actuacións na totalidade dos seus municipios.
Outra das novidades que supuxo a implantación deste plan foi o método de priorización das obras, a partir das necesidades propostas polos propios concellos, que son os responsables de facerlle chegar á Consellaría as principais demandas de cada municipio. Medio Rural ten en conta estas necesidades e prioriza as que mellor se adaptan aos obxectivos Do PEIM á hora de distribuír o gasto público. Na maioría dos casos, as entidades locais xa lle remitiron á delegación deste departamento en Pontevedra a súa conformidade para a posta a disposición dos terreos, facilitando así o comezo da execución dos traballos neste exercicio, unha vez que se liciten as obras. A estas actuacións sumaránselle outros investimentos en concentracións parcelarias, proxectos singulares ou mellora de camiños que sufragará Medio Rural nos distintos concellos galegos durante este ano.
A continuación, a listaxe das actuacións nos municipios do Baixo Miño:

Concello | ACTUACIÓNS PEIM 2008 – PROVINCIA PONTEVEDRA |
GUARDA, A | Mellora das infraestruturas de abastecemento en Outeiro e saneamento en Castiñeira (A Guarda-Pontevedra) |
OIA | Mellora da infraestrutura viaria en Santa María de Oia (Oia-Pontevedra) |
ROSAL, O | Mellora da infraestrutura de saneamento para completar ramais en Cal (Tabagón) (O Rosal-Pontevedra) |
TOMIÑO | Mellora da infraestrutura viaria en Estás, Figueiró e Tomiño (Tomiño-Pontevedra) |
TUI | Mellora da infraestrutura viaria no Camiño da Veiga (Paramos) (Tui-Pontevedra) |
Vía > InfoRosal
0 comentarios:
Postar um comentário