O BNG de Oia ven de editar un novo boletín informativo, e na contracapa publica un artigo de ámbito local, sobre a Galescola de Oia que reproducimos aquí.
No antigo réxime da Xunta poucas cousas acabaron ben, a continuación relatamos unha delas. O sábado 20 de novembro do ano 2004 a conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta do PP, Pilar Rojo, presentou o Punto de Atención Infantil (PAI) en Oia, no sitio escollido para tal efecto polo goberno de Leandro, o PAI foi pechado o día 26 de xullo de 2006 pola Xunta de Galicia por incumprir a normativa de seguridade e de barreiras arquitectónicas da administración autonómica para gardarías, posteriormente foi reformado e as obras, que superaron un orzamento de 236.000 euros foron financiadas pola Xunta de Galicia.
Co BNG na Xunta, a secretaria xeral de Igualdade da Consellería de Vicepresidencia, Carme Adán, e o alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, asinaron o 3 de xullo de 2007 un convenio de colaboración para finalizar as obras da gardaría municipal, para convertela en Galescola e que segundo as previsións comezaría a funcionar en setembro. A etapa de dotación do equipamento ten un orzamento de 130.010 euros, dos que o Executivo autonómico achega o 80% e o Concello o 20%. Dende a Vicepresidencia da Xunta, Anxo Quintana apostouse, pola construción deste tipo de equipamentos no medio rural, nun intento por rachar co círculo vicioso da desestruturación territorial de Galiza, "que fai que ao non haber servizos marche a xente, e logo por non haber xente non se crean servizos". Neste camiño, a aposta da Vicepresidencia é rematar coa división do país en cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, "utilizando os servizos sociais para facer país, para vertebrar o territorio, empregándoos como mecanismos de reequilibrio e cohesión territorial".
Segundo o Convenio asinado entre Vicepresidencia e o Concello para formar parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as obras son licitadas e adxudicadas polo Concello, e dicir é o Concello o responsábel das obras. Esta foi a raíz do problema da Galescola de Oia: o Concello non está capacitado para asumir esas responsabilidades, e quen pagou o pato foron os pais e as nais.
Pilar Candocia, responsábel da rede de Galescolas do Consorcio de Servizos Sociais da Xunta, ante a falta de resposta por parte do Concello, deu a cara perante as nais e os pais dos 27 nenos matriculados na gardaría pública de Oia que se manifestaron ante a falta de información. Nesa reunión, informóuselles ás nais e ós pais de que para abrir a Galescola, faltaba que o Concello finalizase o patio de xogos, a mellora das medidas de seguridade como por exemplo os detectores de fumo ou os protectores en marcos de portas, e a dotación de mobiliario homologado, posto que o Concello comprou berces metálicos non homologadas e incluso descatalogados a unha empresario con carné do PP. A Galescola abriuse parcialmente, en principio abríronse dúas aulas da planta baixa, e queda por reformar a parte de arriba, onde se sitúa a cociña, e tamén o ascensor. Desde o BNG lamentamos que pola incapacidade de Leandro as familias de Oia aínda non poidan dispoñer das 40 prazas de matrícula que terá a gardaría cando o Concello se digne a rematar as obras e a dotación de equipamento.
A partir do ano 2008 o propio consorcio, licitará, adxudicará as obras das Galescolas, porque o de Oia non é o único caso no que houbo problemas coa execución dos traballos. Tómase esta medida ante a falta de capacidade dos concellos para rematar as obras en tempo e forma.
Igualdade e Calidade:
Desde o BNG queremos transmitir que as Galescolas son sobre todo boas escolas, trátase de centros que apostan pola calidade, pola mellora da oferta educativa e pedagóxica, vertebrándose arredor de dous elementos fundamentais: a redución do número de alumnas e alumnos por educador, a través da parella educativa, e a formación continua. Ademais, destaca a importancia de que se trata dun proxecto para todo o país con escolas que traballan por primeira vez en rede con criterios e obxectivos compartidos. Son, por tanto, un servizo público e un proxecto de calidade, que supera o concepto de garda e custodia dos cativo e cativas e potencia a educación, en galego, na tolerancia, no respecto, na identidade e no compromiso co país.
Á parte de ser un servizo educativo, a nova Galescola de Oia é tamén un instrumento a favor das políticas de igualdade e conciliación. Asegúrase que as Galescolas son un piar esencial da nosa política de apoio ás familias, un servizo de proximidade para que todos os membros da familia teñan mellores condicións para conciliar a vida persoal, familiar e laboral.

0 comentarios:
Postar um comentário