O pasado luns, 3 de Marzo, seguindo as instruccións da Asemblea Local do BNG de Oia o grupo parlamentar do BNG fixo posible unha comparecencia na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galiza do Director Xeral de Recursos Mariños (Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos) Antonio Fernández Elorriaga, onde se fixo anuncio dalgunhas modificacións do Plano de Acuicultura. Serán as seguintes no referido o Concello de Oia:
Orelludas (Oia). Pasa de 75.000 a 47.000 m2., un 37% menos, para eliminar su afección ao xacemento paleolítico de Fiais, despois do informe negativo do departamento de patrimonio da Consellaría de Cultura.
Mougás (Oia). Elimínase o 35%. Pasa de 80.000 a 57.000 m2.
A valoración política que fai o BNG deste anuncio é a seguinte:
É positivo que se modifique o Plano de Acuicultura. O BNG leva moito tempo insistindo nesa dirección.
Contodo, é unha modificación insuficiente. O BNG aspira a que se elimine o emprazamento previsto na Punta das Orelludas. Imos traballar para iso.
Como se pode comprobar, no caso das Orelludas, foi a actuación da Consellaría de Cultura (BNG) quen forzou a modificación do Plano. Bótanse en falta actuacións similares desde a Consellaría de medio Ambiente, e que se considere a zona das Orelludas como de especial interese paisaxístico, tal como se recolle no seu documento de referencia para a Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega.
BNG vai ser vixilante, e insistirá no seu obxectivo. O Plano aínda non está aprobado. Confiamos en que haxa máis modificacións, e que se resolvan os problemas máis importantes que xerou. Chamamos ao diálogo e á negociación.
Descargar Documento de Referencia Acuícola
Noticias relacionadas:-Pesca suprimirá cinco piscifactorías dos Plano acuícola e reducirá as dimensións de outras oito
-O BNG considera insuficientes os cambios previstos
Vía > InfoRosal
0 comentarios:
Postar um comentário