Queda moito, quizais o máis importante, por descubrir, pero o Val Miñor xa ofreceu abundantes indicios da riqueza do seu pasado prehistórico. A Serra da Groba aporta a que, de momento, é a última proba: un significativo conxunto de útiles de pedra tallada como os utilizados fai máis de 300.000 anos polas comunidades de cazadores-recolectores do Paleolítico Inferior.
A plataforma SOS Serra da Groba presentou onte o seu último achado como unha pequena mostra do que oculta o monte miñorano. O seu portavoz, Xosé Lois Vilar, indicou que as pezas recuperadas obtivéronse "sen facer prospeccións intensivas, senon simplemente unha inspección superficial da parte norte da serra acometida durante os dous últimos meses".
Entre os simples fragmentos de rocha que poboan ese espazo natural, o ollo experto descobre a simple vista algo especial nestes restos. O explicou outro membro da plataforma, Eduardo Méndez; "As ferramentas están fabricadas en cuarcita, un material alleo a Serra da Groba que sí pode observarse, en cambio, a orillas do río Miño".
Méndez indicou que o lugar do achado é unha amplia zona húmeda que aqueles homínidos "visitarían con frecuencia en busca de alimentos, posto que contaría con unha importante presencia de animales, moito máis variada incluso que a actual".
O colectivo cidadán SOS Serra da Groba incluirá os novos datos nun informe que elabora por encargo da Dirección Xeral de Patrimonio sobre este espazo, donde encontran ubicación parte dos muíños do parque eólico proxectado na zona.
A plataforma, que combate desde fai meses a instalación do parque eólico, considera o xacemento descuberto neste espazo natural como "un dos poucos que se coñecen de este tipo en Galiza". Así, advirten que os materiais recuperados" son bastante homoxéneos e que presentan un aspecto progresivo", posto que xunto a útiles máis toscos encontráronse outros mellor traballados que dan mostra dunha certa evolución e perfeccionamento da técnica.
SOS Serra da Groba defende que xunto a este xacemento recén descuberto existen "máis de 200 puntos de interés patrimonial e etnográfico na zoa afectada polo parque eólico, polo que insisten en reclamar para a zoa que se inclua entre os espazos galegos protexidos pola Rede Natura.
0 comentarios:
Postar um comentário