O alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, afirmou que na Casa Consistorial acoden a diario a traballar 13 persoas e que hai outros sete operarios para labores de mantemento e reparacións. O rexedor responde así á crítica dos socialistas, que afirmaron que no Concello só hai dous funcionarios, fronte ás catro dedicacións dos membros do goberno.
Alejandro Rodríguez aclara que ademais da secretaria e a tesoureira, hai dous aparelladores técnicos, unha asistenta social, unha técnica local de emprego, cinco administrativos e outros dous máis que incorporaranse proximamente. Por outra banda, afirma que as súas nóminas son de 2.091 euros e a súa dedicación exclusiva significará que cobrará dúas pagas extraordinarias.

Vía > A Voz
0 comentarios:
Postar um comentário