El PSOE censura que haya más altos cargos retribuidos que funcionarios y que la partida de gasto sea financiada por la caja de anticipos de la Diputación
O pleno, presidido polo alcalde, Alejandro Rodríguez, cos votos exclusivos do PP (6) e en contra de PSOE (4) e de PIDEO (1), aprobou o orzamento de 2008, que ascende inicialmente a 1.975.167 euros.
O partido socialista, a través do seu portavoz, José Antonio Olmedo, xustifica o voto negativo porque o orzamento de 2008 "non recolle ningunha partida que resolva os déficits que presenta o Concello en materia de infraestruturas que viabilicen ou desatasquen o estado de tramitación do PXOM".
Cita o edil socialista o abastecemento de auga (Oia carece de traída municipal), saneamento, depuración de auga residuais, entre outros asuntos, e apunta que o seu partido considera que é imprescindible dispor dun PXOM "coa máxima celeridade, cuestión que parece non compartir o equipo de goberno".
Sinala Olmedo, baseándose no informe de Intervención Municipal, que o Concello atópase en clara situación de desequilibrio orzamentario, "xa que a suma dos ingresos non financeiros é moi inferior á suma de gastos".
De aí, aduce Olmedo, que haberá que aprobar, tal e como prescribe a Lei de Estabilidade, nun prazo de tres meses, un plan económico financeiro a medio prazo para corrixir a situación.
Obrigacións
Agrega que os créditos previstos nalgunhas partidas poden non ser suficientes para facer fronte aos gastos de funcionamento dos servizos ou para atender a pago das obrigacións exixibles, debido que entraron por rexistro xeral facturas de exercicios anteriores para as que non constan partidas específicas.
En canto a contención do gasto e a procura de posibles solucións, "o alcalde sobe a partida orzamentaria designada a cargos políticos de 64.000 a 80.0.027,76 euros". Subliña o concelleiro do PSOE a peculiar relación de altos cargos con dedicación e funcionarios, "xa que a cantidade de cargos políticos liberados é superior á de funcionarios: tres dedicacións parciais (alcalde, 35.000 euros), concelleiro de Vías e Obras (14.5000) e edil de Urbanismo (14.500). Ademais dunha posible, co aumento da partida de retribucións a altos cargos por importe de 16.027,76 euros, "o que seguramente se traducirá noutra dedicación máis".
Olmedo tacha a situación de "escándalo", pois non se coñece Concello algún de Galicia onde o número de altos cargos supere en número e retribución aos funcionarios municipais.
O concelleiro socialista destaca que a partida de gastos en obras será financiada integramente cun crédito da caixa de anticipos da Deputación de Pontevedra por importe de 209.049,04 euros.
Desa sorte, segundo José Antonio Olmedo, "situámonos en 432.923,33 euros de operacións de crédito pendentes de reembolso cando este alcalde recibiu o concello en 2003 con remanente de tesourería de 300.00 euros".

Vía > Faro de Vigo
0 comentarios:
Postar um comentário