O pasado mes de xuño fomos recibidos no concello de Oia polo señor Alcalde no seu despacho, con motivo da desfeita do IBI, e como de costume con moitas promesas que nunca chegan a cumplirse.
Abraiados quedamos cando no medio da entrevista ten a ousadía de encender o seu cigarrillo, naquel curruncho pechado; sen sequera consultar se nos molestaba, é algo que debe ser habitual, xa que o cinceiro estaba cheo de cabichas.
Unha grande falta de respeito parecéunos, despois do tempo que leva en vigor a Lei Antitabaco, que nun posto de traballo público a primeira autoridade muncipal vulnere deste xeito a normativa, que nos obrigara a ser fumadores pasivos, como se o despacho, que lle recordo non é da súa propiedade, fora como estar nun establecemento de hostelaría cos metros cadrados suficientes para poder fumar.
Considero que unha persoa que ocupa un posto da categoría dun alcalde debería, alomenos, ter un vago coñecemento das leis máis soadas, máis polémicas, que teñen que ser as más respectadas e que en ningún momento se poden vulnerar, logo de presumir ao longo de toda a entrevista do moito que leu.
Nélida Estévez Pérez
Vía > Faro de Vigo
0 comentarios:
Postar um comentário