Vía > A Voz
Pesca pide que ninguén critique o plan acuícola por incumprir a normativa
Etiquetas: ACUICOLA, DESASTROSOS, ECOLOXICOS, MARITIMOSVía > A Voz
O sector asegura que a súa aprobación non garante que todos os proxectos salgan adiante
Vía > A Voz
Hidrotide nega que sexa responsable da vertedura de Oia
Vía > A Voz
Unha contorna idílica para turismo e pesca
Vía > A Voz
A Consellería de Pesca aproba o plan para ampliar 11 piscifactorías e crear outras 13 novas
Etiquetas: ACUICOLA, DESASTROSOS, ECOLOXICOS, MARITIMOSVía > El País
A Xunta aproba o Plan Acuícola que prevé 13 novas piscifactorías
Vía > Faro de Vigo
Ameaza de multa de 300.000 euros á firma que arrasou as pozas de Oia
Vía > A Voz
A apertura dun encoro acabou coas pozas de Oia
Etiquetas: DESASTROSOS, ECOLOXICOS, VIDEOSO Concello de Oia denunciará á Consellería de Medio Ambiente se non limpa as pozas de Burgueira
Vía > A Voz
Oia queda sen as pozas do río Tamuxe, que non se recupera do desastre de xuño
Vía > A Voz
Vulneración da Lei Antitabaco
Etiquetas: DE OPINIONVía > Faro de Vigo
Un dos rescatados en Cabo Silleiro relata o medo que pasaron
Etiquetas: DESASTROSOS, SUCESOS, VIDEOSOia pide á Xunta que sinale o perigo de Silleiro
Vía > A Voz
Os rescatados onte no cabo Silleiro cóntannos a súa aventura
Etiquetas: DESASTROSOS, SUCESOS, VIDEOSRescatadas en helicóptero 5 persoas atrapadas nunha rocha en Oia
Rescatan cinco persoas dunha rocha no cabo Silleiro illadas polo temporal
Etiquetas: DESASTROSOS, SUCESOS, VIDEOSISIDRO PÉREZ (FOTO PARÍS), PRESENTA UNHA MOSTRA DE FOTOGRAFÍAS NO CENTRO CULTURAL DA COMUNIDADE DE MONTES DE OIA
Etiquetas: COMUNICACION, CULTURAIS
Na exposición atoparemos desde a Banda de Música Unión Musical de Mougás - dirixida daquela, e durante moitos anos - polo mestre Alsirio Fernández. Nesa histórica institución cultural da parroquia de Mougás, formaban parte daquela, o pai - Caietano - e dous irmáns - José e Eleodoro - de Alsirio; ata o Oiense C. F.. Hai tamén una presenza notoria do monumento máis emblemático do concello oiense: O Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oia, que fai cáseque 50 anos atopábase moito millor conservado que hoxendía. Na parte superior do claustro e tamén a carón da sillería do coro, ollamos o párroco D. Claudio Rodal Fandiño.
Nesa atractiva exposición que Isidro Pérez tivo a bén orgaizar para que tódalas persoas que así o desexen poidan disfroita-la, podemos ver unha moidedume de persoas coñecidas. Algunhas xa faleceron, outras ainda están entre nós. En calquer caso, a mostra é tamén como unha homenaxe os que xa non están, ainda que permanecen nas nosas lembranzas, e tamén os que daquela eran xóvenes e hoxendía son venerables avós.
Procesións (da Virxe do Mar, Padroeira de Oia; de San Xulián ou San Xián; de San Cosme e San Damián, Santa Calumbra,...; presididas por cregos que xa non viven e outros, como D. José Luís Portela Trigo, que ainda están en plena actividade pastoral; Primeiras Comuniós, vodas, banquetes nupciais caseiros e tamén en restaurantes como O Muiño, de Camposancos e no Pazo Santa Trega; mozas e mozos de Oia, do Rosal, da Guarda,..., todos eles robustos e fermosos; mozas - como unha irmá de Tito, do Batuque, Carmen a irmá do Sindo, o pandeiro, etc. - con bicicletas; veciños de Mougás, Pedornes, Arrabal, Chavella, Loureza, Mavia, Sanxián,...
Hai tamén fotografías de algún acto municipal que por atoparse o concello de Oia en obras, tivo lugar no Mosteiro de Oia. Presidido polos retratos de Francisco Franco Bahamonde e de José Antonio Primo de Rivera, e polas bandeiras - a nacional de España, a da Falanxe e a carlista - que daquela adoitaban empregarse nos eventos oficiais, ollamos o entón alcalde Miguel Blanco facendo uso da palabra, o secretario municipal e outros persoeiros, entre eles o gobernador civil de Pontevedra.
Hai fotografías de grupos musicais como Os Albariños, de O Rosal; Gabiño (pai) - tocando instrumentos de percusión -, e Jesús "O Cego" co seu acordeón; e tamén Los Bambinos, de A Guarda, con tódolos seus primeiros compoñentes ao completo. Tamén hai unha fotografía na que sai o propio Isidro Pérez - que foi gaiteiro e compoñente do grupo Os Terribles, de Donas - tocando seu acordeón Paolo Soprani.
Por todo iso, e moitos motivos máis que os visitantes poderán comprobar "in situ", a exposición de fotografías de Isidro Pérez González, no Centro Cultural de Oia, constitúe todo un acontecimento. Ademáis, todas aquelas persoas que queiran poden encarregar as copias das fotografías que desexen.
Desde Infogauda felicitamos o pobo de Oia pola súa altísima calidade humana, que para nós é un valor que distingue as entrañables persoas dese concello, e que está patente na dignidade que rezuman as fotografías de Isidro Pérez, e a este profesional da fotografía - hoxendía xa xubilado, pero activo no que respecta a este tipo de iniciativas -, nosa noraboa por achegarnos unha mostra do seu quefacer fotográfico.
Vía > InfoGauda
¿A QUÉ AGARDAN AS AUTORIDADES COMPETENTES PARA RETIRAR O ACÚMULO DE ARGAZO EXISTENTE NO PORTO DE OIA?
Etiquetas: DESASTROSOS, ECOLOXICOSNa imaxe - obtida por Infogauda ás 19:15 h. deste mércores día 6 de agosto -, pódese comprobar o acúmulo de argazo existente no areal do porto de Oia, que por certo xa desprende mal cheiro. Sería desexable que as autoridades competentes ordeasen a retirada dese argazo a fin de evitar no posible, o "impacto" os própios veciños de Oia, e tamén os visitantes, do característico arrecendo das algas que estánse apodrecendo.
Rescatan uns pescadores que quedaron illados nunhas rochas en Oia
Rescate con final feliz en cabo Silleiro
Rescatan dous pescadores illados polas ondas en Cabo Silleiro
Rescatan uns pescadores que quedaron illados nunhas rochas en Oia
'A quen beneficia o plan acuícola?'
Etiquetas: ACUICOLA, COMUNICACION, MARITIMOS
Con todo, Fins Eirexas, secretario de ADEGA, adianta que “probábelmente” organizarán mobilizacións en torno a esa data para meter presión ao Executivo e prolongar o “atraso dun ano que xa levan na tramitación”.
Mediación política na compra de terreos
As plataformas veciñais contrarias ás granxas, artelladas en 'Galiza non se Vende', denuncian que, malia que oficialmente todas as novas piscifactorías sairán a concurso, o certo é que detrás de cada proxecto hai unha empresa en particular. “Oficiosamente todas están dadas”, confirma Eirexas.
Os ecoloxistas argumentan que en varios casos os líderes políticos locais fixeron de intermediarios entre os veciños e as compañías nas negociacións polos terreos. Dende Adega poñen de exemplo ao ex-alcalde de Porto do Son, o socialista Ramón Quintáns, no proxecto de Baroña, xa desbotado pola oposición da Consellaría de Cultura.
Stolt, Pescanova e Isidro de la Cal
Das novas instalacións previstas coñécense tres promotores oficiosamente. Así, é a multinacional de orixe noruegués Stolt Sea Farm quen está detrás da granxa denominada 'Camelle', en Arou, no concello de Camariñas, na Costa da Morte. A firma coruñesa Isidro de la Cal é quen promove a construción na Laxe Brava, ao carón do Parque Natural de Corrubedo. Pescanova, a través da súa filial Insuíña, aposta pola única nova planta na provincia de Pontevedra, en Punta Orelludas, en Oia.
“Amigos do PSOE”
Manolo Santos, da plataforma Salvemos Laxe Brava, acusa á Consellaría de Pesca, promotora do plan, de favorecer os intereses de certos empresarios: “o plan do PP favorecía a Pescanova porque eran amigos seus, o do PSOE favorece a Stolt polo mesmo”, indica o activista.
Xosé Manuel Casais, da plataforma de Quilmas, acusa ao departamento que dirixe Carme Gallego de querer “expropiar tres millóns de metros para darllos a dúas multinacionais”. “Chegaremos até o final”, advirte Casais en referencia ás protestas contra o plan.
Catro peticións desoídas
Tanto Santos como Eirexas denuncia a “falta de diálogo” da Xunta. A Conselleira de Pesca nunca se dignou a falar con nós”, di o activista de Salvemos Laxe Brava. Segundo o secretario de ADEGA, até en catro ocasións solicitaron sen éxito xuntanzas con Carme Gallego.
ADEGA argumenta que o Plano foi deseñado “nas oficinas das empresas do sector, que se repartiron a torta da costa para despois pedirlla ao PP, que lles fixo un plano a medida”. En opinión de Fins Eirexas, a única diferenza do proxecto do PP co Plano reelaborado por Pesca é que “Pescanova non resultará tan beneficiada porque foron túzaros co goberno ao criticar que lles denegaran a planta de Touriñán, en Muxía”.
Pedornes celebra a “II Festa Gastronómica do Caramuxo”
Etiquetas: COMUNICACION, FESTIVOSAdemais de ofrecer caramuxos gratuítamente, tódolos asitentes poderán degustar “Pulpo a Feira”, empanadas de caramuxos ou de pulpo, zorza ou chocos a prancha a prezos populares, nas mesas instaladas baixo unha gran carpa, habendo tamén un servizo de cantina que funcionará os dous días.
Ademais, o día 2 ás 12:00 inaugurarase o Centro Cultural de Pedornes, coa asistencia de autoridades e a actuación de varias agrupacións da comarca. A continuación, a festa seguirá animada polo Grupo “Airiños do Tamuxe”.
O día 3 a partir das 13:00 actuará de novo o Grupo “Airiños do Tamuxe”, e ás 19:00 terá lugar a actuación da Murga “Ultreia” de Santiago.
O BNG detén a aprobación do Plano Acuícola
Finalmente a Xunta non aprobará o Plano Acuícola no Consello deste xoves, último antes das vacacións de Agosto. O Executivo incumpre así o prazo anunciado polo propio presidente Touriño no Parlamento, onde dixo que o polémico documento recibiría o visto e prace definitivo “antes do verán”.
A principal causa do atraso é a oposición do BNG a varias das novas granxas e das ampliacións previstas pola Consellaría de Pesca, nas mans dos socialistas; como adiantara hai unha semana ANT Diario.
De feito, Pesca presentou unha versión actualizada do Plano este martes na reunión semanal dos secretarios de todas as consellarías, xuntanza na que se deciden os temas que se aprobarán no Consello do xoves.
Tensión na reunión de secretarios xerais
Nunha longa reunión, o bando do Bloque da Xunta logrou botar para atrás o documento. A súa aprobación fica adiada, segundo fontes da parte nacionalista do Executivo, “até que haxa máis consenso”.
O certo é que este novo atraso converte ao Plano Acuícola nun motivo de preocupación para a parte socialista da Xunta. E é que o documento conta cunha forte oposición social, artellada nunha ducia de plataformas veciñais a través de Galiza non se Vende.
Aprobalo coa oposición do Bloque a poucos meses das eleccións autonómicas pode restar votos nuns comicios marcados ademais pola crise. Por iso, os colectivos ecoloxistas comezan a albergar a esperanza de que finalmente o Plano non se poña en marcha durante a presente lexislatura.
Instalacións rexeitadas polo BNG
Segundo explicou a ANT Diario o deputado Bieito Lobeira, os nacionalistas rexeitan a construción de catro novas factorías: 'Laxe Brava' en Corrubedo (Ribeira), 'Xandriña' en Camelle, 'Camelle' en Arou e 'Punta Orelludas' en Oia. O BNG tamén é contrario ás ampliacións da factoría de Mougás (Oia) –ameazada por unha orde de derrubo da propia Xunta– e Merexo (Muxía).
Vía > A Nosa Terra