A Consellería de Industria planea lanzar unha rede WIMAX propia para levar a alta velocidade ás aldeas que a ADSL Rural de Telefónica –subvencionada polo Estado a través do PEBA– non cubriu. É un proxecto de grande envergadura para o que hai un orzamento estimado de 77 millóns.
Precedentes en 12 municipios
O obxectivo é que o proxecto comece a aplicarse antes final de ano. Industria prevé aproveitar a experiencia da ducia de redes sen fíos municipais que xa están en marcha grazas ás subvencións deste departamento. Neste intre o servizo funciona ou está a piques de comezar en Boborás, Calvos de Randín, Castrelo de Miño e Manzaneda en Ourense; Ponteareas, Tomiño, Cuntis en Pontevedra; Curtis, Muxía e San Sadurniño na Coruña e Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto e Mondoñedo en Lugo.
O novo plan pasa por estender o servizo a outros concellos nos que a cobertura da ADSL Rural de Telefónica non está a dar os resultados previstos. De feito, os 77 millóns previstos proveñen dun préstamo do Estado, que deixará que as Comunidades Autónomas xestionen directamente unha nova fase do PEBA, o Plan de Extensión da Banda Larga que lanzou o Ministerio de Industria e que debía rematar, en principio, dentro dentro de catro meses.
Protestas ante os datos irreais do Estado
O certo é que varias autonomías abriron un fronte de protesta contra ao Estado pois consideran insuficientes os resultados do Plan, que en Galiza supuxo cuantiosas subvencións a Telefónica para que mellorase a súa rede no rural e puidese así ofrecer ADSL en máis zonas. Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, foi das máis activas en reclamar que fosen as autonomías as que xestionasen por si unha nova fase do PEBA.
Ademais, o Parlamento de Galicia reclamou hai uns meses por unanimidade que a banda larga teña o mesmo prezo e velocidade nas aldeas e nas cidades. O promotor da iniciativa, o deputado Fernando Blanco Parga, cifrou en 200.000 os galegos que aínda non poden acceder ao ciberespazo con banda larga. Pola contra, o ministro de Industria, Miguel Sebastián, afirmou a semana pasada nas Cortes que o PEBA xa cubría o 99% dos dos municipios.
Vía > A Nosa TerraA gran novidade é que se trata dunha rede propia, propiedade da Xunta. O servizo será xestionado mediante concesións e non será gratuíto, pero si a un prezo similar ao da alta velocidade nas cidades.
Neste intre, a Consellería está a ultimar a elaboración do Mapa de Infraestruturas de Telecomunicación. En base a este Mapa, a Xunta identificará as zonas sen cubrir e a tecnoloxía a empregar en cada lugar. En todo caso, parece que o WIMAX, un sistema sen fíos, será a solución máis usada.Precedentes en 12 municipios
O obxectivo é que o proxecto comece a aplicarse antes final de ano. Industria prevé aproveitar a experiencia da ducia de redes sen fíos municipais que xa están en marcha grazas ás subvencións deste departamento. Neste intre o servizo funciona ou está a piques de comezar en Boborás, Calvos de Randín, Castrelo de Miño e Manzaneda en Ourense; Ponteareas, Tomiño, Cuntis en Pontevedra; Curtis, Muxía e San Sadurniño na Coruña e Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto e Mondoñedo en Lugo.
O novo plan pasa por estender o servizo a outros concellos nos que a cobertura da ADSL Rural de Telefónica non está a dar os resultados previstos. De feito, os 77 millóns previstos proveñen dun préstamo do Estado, que deixará que as Comunidades Autónomas xestionen directamente unha nova fase do PEBA, o Plan de Extensión da Banda Larga que lanzou o Ministerio de Industria e que debía rematar, en principio, dentro dentro de catro meses.
Protestas ante os datos irreais do Estado
O certo é que varias autonomías abriron un fronte de protesta contra ao Estado pois consideran insuficientes os resultados do Plan, que en Galiza supuxo cuantiosas subvencións a Telefónica para que mellorase a súa rede no rural e puidese así ofrecer ADSL en máis zonas. Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, foi das máis activas en reclamar que fosen as autonomías as que xestionasen por si unha nova fase do PEBA.
Finalmente o Ministerio cedeu e cada autonomía disporá dos cartos para aplicar a solución que consideren máis axeitada.
Cómpre ter en conta que nos últimos meses aumentou a ofensiva política do BNG ante os datos de cobertura do PEBA. Así o senador nacionalista Xosé Manuel Pérez Bouza vén de alertar que as cifras oficias do Ministerio de Industria son irreais, pois “consideran que un núcleo de poboación está cuberto cando en realidade trátase dunha cobertura parcial, co que arredor do 20 por cento da poboación destes núcleos segue sen posibilidades de acceder á banda larga”. É dicir, Telefónica dá por completado o servizo nunha zona cando a realidade é que moitos veciños seguen sen poder acceder a internet de alta velocidade.200.000 galegos illados da redeAdemais, o Parlamento de Galicia reclamou hai uns meses por unanimidade que a banda larga teña o mesmo prezo e velocidade nas aldeas e nas cidades. O promotor da iniciativa, o deputado Fernando Blanco Parga, cifrou en 200.000 os galegos que aínda non poden acceder ao ciberespazo con banda larga. Pola contra, o ministro de Industria, Miguel Sebastián, afirmou a semana pasada nas Cortes que o PEBA xa cubría o 99% dos dos municipios.
Duplicidade de esforzos públicos?
En todo caso, a rede propia da Xunta pode chocar con outra iniciativa pública, anunciada pola Deputación de Pontevedra. O seu presidente, o conservador Rafael Louzán, comprometeu acometer, se fose preciso en solitario, a implantación no rural de acceso a internet en todas as areas rurais da provincia.
0 comentarios:
Postar um comentário