A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) constatou onte a aparición nos últimos días de cinco golfiños mortos na costa miñorana. Os exemplares, localizados no litoral de Oia e Baiona, presentaban signos externos de ser vítimas de capturas accidentais pola actividade pesqueira.
O estado en que se atoparon fai pensar aos especialistas que algúns deles levaban bastante tempo mortos ata que o efecto das correntes os arrastrou a terra. Un deles foi recuperado coa axuda da Confraría de Pescadores de Baiona.
Alfredo López, presidente de Cemma, asegurou que os cambios na dirección das correntes converten esta época do ano no momento en que, tradicionalmente, se producen máis varamentos en Galiza. Con todo, advertiu, que o número de animais mortos duplicouse nos últimos anos. "Se nos 90 a media era dun centenar de animais varados, nestes momentos rolda os 200 e, nalgunha ocasión, rexistráronse ata 250", explicou.
Os exemplares de golfiño común, como os que se atoparon nos últimos días no litoral miñorano, teñen o seu hábitat natural na plataforma continental galega. Por iso caen apresadas con frecuencia nas redes de pesca, que se converten na principal ameaza externa para a súa supervivencia e a das outras dezanove especies de cetáceos que conviven nas costas galegas.
Aínda que existen outras causas ás que se pode achacar a morte destes mamíferos mariños, como enfermidades ou infeccións, explicou Alfredo López, a que se detecta con máis frecuencia nos animais varados é a captura por accidente.
O presidente do Cemma indicou que na maioría destes casos os animais "son devoltos ao mar polos pescadores", posto que "a situación da faena a bordo impídelles trasladalos a terra" para a súa análise por parte de persoal cualificado. Neste sentido recorda que unha simple chamada ao 112 pon en marcha o operativo de recuperación destas especie protexidas.
En todo caso, recordou que Cemma realiza labores de asistencia e recuperación de fauna mariña en toda Galiza a través dun convenio subscrito coa Consellería de Medio Ambiente. Para iso creouse unha rede de varamentos na que tamén colabora Protección Civil, xunto a outras institucións.
Vía > Faro de Vigo

0 comentarios:
Postar um comentário