O vindeiro sábado día 12 de abril ás 19:00 h, vaise celebrar no Centro Cultural de Mougás unha conferencia sobre a problemática xurdida polo "Plan Acuícola da Xunta de Galicia", centrada na ampliación da planta que ten Pescanova no lugar de "As Mariñas" (Parroquia de Mougás) e na planta de nova construcción proxectada para o lugar de "As Orelludas" (Parroquia de Pedornes). En dita conferencia abordaranse distintos aspectos relacionados coas afeccións ambientais de ámbolos proxectos (tanto a nivel paisaxístico, como nas augas mariñas ou posibles repercusións a nivel pesqueiro). Ademais, reflexionarase acerca das escasas repercusións socioeconómicas para a bisbarra. Estes son algúns dos argumentos esgrimidos para rexeitar ditos proxectos pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), cuxo Secretario Executivo, Fins Eirexas Santamaría, será o encargado de impartir a conferencia.
Relacionado: A realidade das piscifatorías, segundo o programa Biosfera da RTP
Relacionado: A realidade das piscifatorías, segundo o programa Biosfera da RTP
0 comentarios:
Postar um comentário