A parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados,Olaia Fernández Davila, ven de presentar unha iniciativa naque insta ao Goberno, a través da Confederación Hidrográfica do Norte, a que 'inicie con carácter de urxencia os traballos para retirar os lodos e area' do tramo do río Tamuxe, en Oia, afectado polo verquido de máis de 3.000 toneladas de residuos dende o encoro de Vilachán.
Davila lembra que o verquido, producido no mes de xuño, provocou un importante impacto paisaxístico e medioambiental na zona, cubrindo desedimentos a ducia de pozas naturais situadas río abaixo e arruinando a pesca.
Advirte de que o desastre podería ser maior se o Goberno non actúa para retirar os sedimentos con urxencia xa que, coa chegada das choivas, os sedimentos poderían ser arrastrados até as pozas de Loureza, un dos principais atractivos paisaxísticos da zona.
Neste sentido, a deputada nacionalista demándalle ao Goberno que proceda a restaurar a zona afectada, retirando a lama e a area da zona afectada.
'Transcorreron máis de dous meses e a CHN aínda non interveu'
Davila, lembra que foi a propia CHN, organismo dependente do Goberno Central na que residen as competencias, a que autorizou no pasado mesde maio á empresa Hidrotide, concesionaria da presa de Vilachán, a baleirar os sedimentos do encoro, coa condición de non verquelos ao río ou na beira do mesmo nin atoldar as augas.
'Porén -critica, e a pesar do incumprimento flagrante destas esixencias, transcorridos dous meses dende o verquido a Confederación Hidrográfica do Norte non só non procedeu á retirada dos sedimentos, senón que nin sequera impuxo unha sanción'.
A deputada do BNG considera a situación 'exasperante', xa que un traballo de campo realizado pola Escola Técnica Superior de Minas da Universidade de Vigo 'establece claramente a autoría do verquido e advirte do perigo que supón para as pozas de Loureza se non se acomete unha limpeza urxente do río'.
Coordinación coa Consellaría de Medio Ambiente
Por último, Olaia Fernández Davila pédelle ao Goberno que se coordine coa Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galiza para avaliar os danos, impoñer as sancións que procedan e recuperar a zona afectada do ríoTamuxe.
Arquivos para descargar
PREGUNTA DAVILA CONTAMINACIÓN RÍO TAMUXE

0 comentarios:
Postar um comentário