O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, trasladou onte á Confederación Hidrográfica a responsabilidade dunha vertedura de 3.000 toneladas de area no municipio pontevedrés de Oia -que taponou as pozas de Burgueira e agora ameaza as de Loureza- e precisou que o organismo de augas tería que resolver este problema con carácter de urxencia.
Vázquez explicou que a vertedura se produciu nun territorio que é competencia estatal, co que, salientou, «é un caso claro de competencia da Confederación Hidrográfica». «Cando hai un problema, en horas temos unha solución e estámolo resolvendo, polo que o resto das Administracións, aínda que pareza unha vaidade, deberían ser áxiles, rápidas e resolutivas», concretou. O conselleiro ata aseverou que non se pode derivar ao terreo administrativo un problema que é «evidente», polo que cominou, «con agarimo», á Administración estatal a «resolver o problema, abrir un expediente e imputar a quen teña que imputar».
Vía > A Voz
0 comentarios:
Postar um comentário