Publicado o prazo de reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as da Galescola de Oia para o curso 2008-09

. 29 de fevereiro de 2008
0 comentarios

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anunciou a apertura do prazo para a reserva, preinscrición e matrícula na Galescola de Oia para o vindeiro curso 2008-2009.
O prazo para a reserva de praza para as crianzas que estiveron na Galescola no curso 2007-2008, así como para as fillas/os dastraballadoras/es das galescolas, será do 1 ao 14 de marzo, ambos os dous incluídos.
O prazo de preinscrición para novas/os usuarias/os é do 15 de marzo o 15 de abril. As instancias recolleranse na propia Galescola de Oia.A listaxe provisional de admitidos e excluídos publicarase do 1 ao 15 de maio. O prazo de reclamación é de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao da súa publicación.
A listaxe definitiva de admitidos e excluídos farase pública do 16 ao 1 de maio no taboleiro de anuncios do Consorcio, do Concello e daGalescola de Oia.
O prazo de matrícula, tanto para os que fixeron reserva como para os que fixeron preinscrición, será do 1 ao 15 de xuño na propia Galescola.Tal e como consta no artigo 20 do RRI das Galescolas, de non se formalizar a matrícula, decaerá o dereito á praza aínda tendo reserva ouaparecendo na listaxe de admitidos.

+info Galescola de Oia

Vía > InfoRosal

Exposición pública do Proxecto de Urbanización SAU nº 5 do ámbito de desenrolo do Plan Parcial coñecido como “Peña Ajoeira”

. 25 de fevereiro de 2008
0 comentarios

Aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía o Proxecto de Urbanización SAU nº 5 do ámbito de desenrolo do Plan Parcial coñecido como “Peña Ajoeira” condicionado á execución das obras de abastecemento de auga á comunidade de usuarios de Ciudalanz, S.L. dende a mina Figueiriña, de acordo co proxecto técnico presentado no concello en data 30 de xaneiro de 2008 (rexistro de entrada nº 276), exponse ao público dito Proxecto polo prazo de 30 días hábiles, contados desde hoxe (25/02/2008), para que calquera persoa poida examinalo e formular as alegacións que estime pertinentes.

Vía > GaliciaSuroeste

Oia somete a información pública a Ordenanza reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles

. 22 de fevereiro de 2008
0 comentarios

O concello de Oia ven de publicar o acordo de aprobación da Ordenanza reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, que fora adoptado no pleno de 11 de febreiro deste ano, co fin de sometela a información pública.

A publicación recollea o Boletín Oficial da Provincia de onte, polo cal se expón ao público polo prazo de 30 días hábiles, contado a partir de hoxe, para que calquera persoa poida examina-la devandita Ordenanza na Secretaría do Concello e formula-las alegacións que estimen pertinentes.

Vía > InfoRosal

Comezou o Obradoiro dos Sentidos na Galescola de Oia

. 21 de fevereiro de 2008
0 comentarios

A Galescola de Oia comezou o pasado martes un novo obradoiro que vaise levar a cabo ao longo do curso. O seu propósito é estimular dunha forma creativa e divertida as capacidades sensoriais dos nenos e nenas da escola.

A primeira sesión deste obradoiro consistiu na elaboración de instrumentos musicais empregando para iso diferentes materiais naturais (fideos, lentellas, macarróns,...) e botellas de plástico valeiras recollidas do punto de reciclaxe da Galescola. Os nenos e nenas disfrutaron moito na actividade na que demostraron ademais unha estupenda capacidade motriz.

+info Galescola de Oia

Vía > InfoRosal

O Sergas ampliará antes do verán o centro de saúde de Oia

. 19 de fevereiro de 2008
0 comentarios

O Sergas comezará antes da próxima tempada de verán as obras de ampliación do centro de saúde de Oia, segundo indicou onte o delegado provincial da consellería de Sanidade, Juan Antonio Martín Tejedor.
O responsable da Xunta realizou onte unha visita institucional a este Concello e foi recibido polo portavoz socialista, José Antonio Olmedo, que lle mostrou os terreos onde levarán a cabo as obras.
O proxecto contempla a creación dun novo edificio anexo que será construído na parte traseira e xunto ao colexio municipal. O portavoz local do PSOE expuxo ao titular da Xunta a necesidade de construír un novo muro de contención para eliminar calquera risco de corremento de terras sobre o centro educativo.
Juan Antonio Martín Tejedor recordou que a Consellería xa dispón do proxecto básico para proceder a esta ampliación e que na actualidade estase redactando o proxecto de execución e de dirección da obra, iniciativa que cumprirán antes da primavera.

Consultas

O futuro edificio asistencial contempla dúas consultas de medicina xeral e unha de enfermería, así como un área específica de pediatría cunha consulta, unha enfermería e unha sala de espera para nenos.
A atención obstétrica tamén quedará reforzada coas novas instalacións, ao contar cunha consulta de matrona e unha sala de educación maternal.
O novo centro tamén contará con espazos administrativos actualmente inexistentes, como un área de admisión, de arquivo de historias clínicas, sala de persoal e de xuntas e un almacén. O orzamento rolda os 700.000 euros.
O delegado provincial supervisou a evolución do plan de mellora da atención primaria neste Concello, que permitiu a creación de novas prazas de persoal, coa incorporación dun novo facultativo, unha enfermeira e unha persoa dedicada a servizos xerais.
Por outra banda, durante a súa visita de onte, quedou patente a intención da administración sanitaria galega de que o centro de saúde de Oia conte proximamente cun control capilar dos tratamentos de anticoagulación oral, comunmente denominado Sintrom Capilar.
O Sergas está a piques de finalizar as xestións técnicas e asistenciais co servizo de Hepatoloxía do Hospital Meixoeiro de Vigo para implantar esta modalidade extractiva no centro de saúde. Con esta medida, prevese beneficiar a máis de 60 pacientes sometidos a este tipo de tratamentos, que xa non terán que desprazarse.

Vía > A Voz de Galicia