A Deputación contrata seis operarios de limpeza para o Baixo Miño por cinco meses

. 8 de maio de 2008
0 comentarios

A Deputación contratará 78 traballadores para impulsar un plan de conservación e limpeza dos espazos naturais da provincia no que investirá 666.000 euros destinados a financiar o custo salarial da man de obra e o pago da seguridade social.

Destes 78 traballadores, seis destinaranse ao Baixo Miño (dous peóns de limpeza de Tui, dous de Oia, un no Rosal e outro na Guarda).

Este plan permanecerá operativo durante cinco meses, do 1 de xuño ó 31 de outubro, no transcurso dos cales os operarios acondicionarán e mellorarán as zonas medio ambientais dos concellos para a súa explotación turística, así como, a reposición, limpeza, recuperación e adecuación das praias do litoral provincial.

Vía > GaliciaSuroeste

Dous canóns dun navío do XVI achados en Oia levan 21 anos nun soto do Museo Provincial

. 7 de maio de 2008
0 comentarios

A Ría de Vigo é un filón para a arqueoloxía subacuática. As súas augas ocultan valiosos vestixios da batalla de Rande (1702) e doutros moi requiridos por estudosos e cazatesouros estranxeiros. Con todo, na cidade só se expón unha ínfima parte das restos atopados ao longo de todos estes anos. Como dous canóns do século XVI achados na costa de Oia polo mergullador vigués Pedro Novalbos, quen os entregou en depósito no Museo de Pontevedra fai 21 anos. Desde entón, estas pezas permanecen embaladas no almacén do centro provincial sen que ningunha institución viguesa reclamounas.


Pedro Novalbos localizou os dous canóns en outubro de 1986 cando practicaba pesca submarina a uns cinco metros de profundidade. De pouco máis de metro e medio de longo e 200 quilos de peso, un ano logo do seu descubrimento técnicos da Consellería de Cultura as izaron a superficie e Novalbos, en persoa, depositounas no Museo de Pontevedra rexistrándose a entrada o 15 de outubro de 1987.

Os expertos conceden un gran valor histórico a eses canóns ao tratarse dos únicos de bronce datados nese século atopados en Galicia. No seu libro Catalogación de xacementos submarinos nas costas galegas, Ramón Patiño atribúe a súa procedencia ao naufraxio dunha escuadra de galeazas (embarcación de tres mastros tamén propulsada a remo) datado o 28 de novembro de 1591. Un forte temporal estrelou esta flotilla de Francisco de Toledo contra os baixos do Cabo Silleiro cando navegaba en ruta cara a Flandes, segundo a citada publicación.

Arqueólogos consultados por este xornal parecen resignados a que a "falta de espazo" nos museos da súa cidade e nos da contorna condenen o importante patrimonio subacuático da Ría de Vigo a un esquecemento case marxinal. "Suponse que o Museo de Pontevedra, se non os expuxo é porque non tiña onde", razoa Ramón Patiño.

"Non temos espazo"

O director do Museo Provincial de Pontevedra confirmou onte que os canóns seguen gardados no almacén do centro. Carlos do Val explica que as pezas sometéronse a un coidadoso proceso de restauración e conservación que se completou son a súa embalaxe. "Se tivésemos que expor todo haino ou que se atopa non nos chegaría a cidade de Pontevedra. Non hai outra razón, simplemente, non temos espazo, e se continúan embalados é para preservalos", engade.

Aínda non o ten decidido pero Do Val prepara un destino máis vistoso para esas históricas pezas. Dentro de aproximadamente un ano, o contido do Museo de Pontevedra sufrirá unha "reestruturación" ao concluír a construción dun novo edificio anexo. Este dedicarase "á relación de Pontevedra co mar", temática na que encaixaría os dous canóns de Silleiro, máis tres cargadores de artillería que Pedro Novalbos entregou con posterioridade ao ano 1987.

Vía > Faro de Vigo

Os gravados rupestres de Oia no contexto dos petroglifos do Suroeste galaico

. 6 de maio de 2008
0 comentarios

En OC tentamos estar sempre o tanto do que acontece na rede no que se refire o municipio de Oia, e hoxe facemonos eco da aparicion de petroglifos.org, que nace tras máis dun ano de investigación cualitativa sobre todo o que rodea ó mundo dos petroglifos. É o producto do traballo dun equipo que agrupa visións procedentes da antropoloxía, da arqueoloxía, das ciencias da información, da cultura, etc., que abordou unha das temáticas máis fascinantes do patrimonio cultural galego poñendo o acento no estudio da relación existente entre a sociedade galega actual e os petroglifos coa intención de intervir nesta realidade.

En OiaCeive pareceunos que pretroglifos.org é un proxecto moi interesante, pero tamén ten a mesma opinión o programa "Camara Abierta" de TVE, que aproveitando a conferencia de Marcos Piñeiro, director do proxecto, na Technarte de Bilbao fai un breve percorrido por petroglifos.org. Podedes ver o programa do 29 de Abril de 2008 onde se emitiu esta reportaxe.

Technarte é unha conferencia internacional sobre Arte e Tecnoloxía que ten a vocación de ser o evento máis importante no seu sector. O seu obxectivo é presentar os desenvolvementos tecnolóxicos que facilitan ó arte moderno a súa plena expresión e ser un foro de debate e de reflexión en torno á converxencia existente entre a tecnología e a arte. Organizado pola empresa de innovación vasca Innovalia e coa colaboración do Governo Vasco e a Fundación Mobil-Arte, será un magnífico foro para presentar este proxecto no estado.


No concello de Oia nin temos punto limpo, nin o esperamos

. 5 de maio de 2008
0 comentarios

Segundo a Voz, a metade dos 115 puntos limpos existentes en todo o territorio da comunidade autónoma funcionan deficientemente e, en algúns casos, ate permanecen pechados. Como no caso do municipio de Baiona, por exemplo, que foi construído xa fai dous años e aínda non empezou a funcionar.

No concello de Oia nin temos punto limpo, nin o esperamos. Os puntos limpos serven para a recollida de papel, material téxtil, baterías, aceites usados e calquera residuo que, polo seu tamaño, non poida depositarse en contedores convencionais.

En Oia, porán a escusa de que o custe de mantemento pode alcanzar un importe anual de 120.000 euros, pero tampouco se plantexaron, ao menos publicamente, compartir ese servizo.

Vía > A Voz

O programa de infraestruturas no Medio Rural investirá 89.384,61 euros no municipio de Oia

. 1 de maio de 2008
0 comentarios

O Baixo Miño recibirá en investimentos para mellorar as dotacións básicas do sector productivo, 328.600,91 euros da Consellaría de Medio Rural, dentro do programa de infraestructuras.

Os Programas de Infraestruturas no Medio Rural prevén a realización de proxectos en todos os concellos de Galiza, desenvolvidos de acordo cuns criterios de dinamización da base produtiva, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación; de infraestruturas de servizos básicos como abastecementos de auga domiciliaria, saneamentos, camiños agrícolas ou pistas rurais; así como aqueles de singular natureza que entren nas competencias da consellaría. Estas actuacións serán financiadas con cargo ao Feader (2007-2013) e con fondos propios da Xunta.

A programación naceu co fin de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas destinadas a mellorar a calidade de vida dos habitantes das zonas rurais e a potenciar o seu desenvolvemento, coa dotación de equipamentos públicos e de servizos básicos elementais necesarios para contribuír a fixar poboación.


A Consellaría do Medio Rural desenvolve outra nova fase do Programa de Infraestruturas no ano 2008 de acordo con proxectos de dinamización da base produtiva e de obras de servizos básicos, na que asinará convenios con concellos para a execución de determinados proxectos no medio rural. En total, nesta etapa investiranse 17.042.652 euros en 147 concellos de Galiza, segundo acordou o Consello da Xunta.

Baixo Miño

No que respecta ao Baixo Miño, os concellos beneficiados serán Oia, cun investimento de 89.384,61 euros, A Guarda, 73.924,55 euros, O Rosal que contará cunha inversión de 56.442,95 euros e Tomiño, que recibirá 108.848,80 euros.


Vía > InfoRosal