Aprobación definitiva das Ordenanzas Fiscais

. 3 de outubro de 2008

Na páxina 79 e seguintes, do Boletín Oficial de Pontevedra, nº 190, correspondente o mércores 1 de outubro de 2008, figura a seguinte información:

O I A
A N U N C I O

Aprobación definitiva de modificación da ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar e teleasistencia no fogar.

Finalizado o periodo de exposición ó público do acordo provisional adoptado polo Excmo. Concello Pleno con fecha 21 de xullo de 2008, polo que se aprobaba a Ordenanza reguladora da prestación do sevizo de axuda no fogar e teleasistencia no fogar, resultando que dentro do mesmo non se presentaron reclamacións, dito acordo enténdese definitivamente adoptado, según o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985 reguladora das Bases de Réxime Local.

Contra o presente acordo definitivo poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no plazo de dous meses contados a partir da publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia, según o disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso- Administrativa.

Dando cumplimento ó disposto no artigo 49 da mencionada Lei de Bases de Réxime Local, faise público o texto íntegro da modificación da Ordenanza, que literalmente di:
“Artigo 2º.—Horario:

1. Establécese como horario do servizo de Axuda no Fogar, de luns a venres, de 8:00 a 22:00
horas, quedando excluídas as noites, os fins de semana, e xornadas festivas. O tempo de atención a cada usuario non será inferior a 8 horas mensuais, nin a 30 minutos diarios. O servizo de Axuda no Fogar, non poderá cubrir situacións que requiran atención continuada todo o día, ben sexa por motivos médicos e/ou socias. Salvo situacións puntualmente excepcionais, debidamente acreditadas no informe social, non poderá excederse de dúas horas do servizo ao día.

No caso de ter a valoración da dependencia a intensidade da Axuda no fogar, dependerá do grado e nivel de dependencia según a regulación autonómica:

Grado I
• Nivel 1 – entre 20 e 24 h. mensuais
• Nivel 2 – entre 25 e 30 h. mensuais

Grado II
• Nivel 1 – entre 30 e 40 h. mensuais
• Nivel 2 – entre 41 e 55 h. mensuais

Grado III
• Nivel 1 – entre 55 e 70 h. mensuais
• Nivel 2 – entre 70 e 90 h. mensuais

2. O servizo de Teleasistencia no fogar préstase as 24 horas do día, os 365 días do ano.
En Oia, a 19 de setembro de 2008.—O Alcalde,
Alejandro Rodríguez Rodríguez.
——————

A N U N C I O

Aprobación definitiva de aprobación de Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

Finalizado o período de exposición ó público do acordo provisional adoptado polo Excmo. Concello Pleno con fecha 21 de xullo de 2008, polo que se aprobaba a Ordenanza Fiscal reguladora do imposto sobre vehiculos de traccion mecánica, resultando que dentro do mesmo non se presentaron reclamacións, dito acordo enténdese definitivamente adoptado, según o establecido no artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facenda locais.

Contra o presente acordo definitivo poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no plazo de dous meses contados a partir da publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia, según o disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso- Administrativa.

Dando cumplimento ó disposto no artigo 17.4 da mencionada Lei de Facendas Locais, faise público o texto íntegro da seguinte Ordenanza Fiscal, que literalmente din:

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

ARTIGO 1. FUNDAMENTO LEGAL
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/85,de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e dos artigos 15.2 e 59.1 do Real Decretolexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora dasfacendas locais, o Excmo. Concello de Oia ( Pontevedra ) regula o imposto
sobre vehículos detracción mecánica, que se rexerá polo disposto na devandita Lei e pola presente Ordenanza fiscal.

ARTIGO 2. ELEMENTOS DA RELACIÓN TRIBUTARIA FIXADOS POLA LEI.
A natureza do tributo, a configuración do feito impoñible, a determinación dos suxeitos pasivose
da base de tributación, a aplicación de beneficios fiscais, a concreción do período impositivo e o devengo, así coma os réximes de administración e xestión, regularase consonte co establecido na Subsección cuarta da Sección terceira do Capítulo segundo do Título II do citado texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e na restante normativa de aplicación.
Ao abeiro do establecido no artigo 15.2 do texto refundido da Lei reguladora das fachendas locais, o Excmo. Concello de Oia procede a aprobar a presente Ordenanza fiscal que ten por obxecto regular aqueles aspectos nos que a Lei remite á súa regulación pola corporación local.

ARTIGO 3. EXENCIÓNS
1.—En relación á exención establecida no art. 93.1.e) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, deberanse xustificar os seguintes extremos:
a) En todo caso, • Aportar certificado da minusvalía emitido polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia ou, ter a condición de minusválido nos termos previstos na Lei 51/ 2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, e acreditalo de acordo coa súa normativa de desenvolvemento, esto é, o Real decreto 1414/2006, de 1 decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade aos efectos da Lei 51/2003.
• Que o permiso de circulación e o seguro do vehículo figuren a nome da persoa con
discapacidade. Ademais, acompañarán xustificante de pago do seguro do vehículo.
b) No caso de vehículos destinados ao transporte de persoas con discapacidade, declaración xurada de uso exclusivo polo beneficiario da exención.
c) No caso de vehículos matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo e conducidos por eles mesmos, declaración xurada de uso exclusivo polo beneficiario da exención e póliza de seguro onde conste expresamente que o titular, tomador e conductor habitual do vehículo é o mesmo beneficiario desta exención.
As concesións das exencións só surtirán efecto para os períodos impositivos, aínda non devengados, seguintes ao da solicitude.
Constituirá infracción tributaria e poderá impoñerse a sanción tributaria máxima establecida pola normativa tributaria, aos suxeitos pasivos que, disfrutando da anterior exención, permitan a utilización do vehículo que da lugar á mesma por terceiros, salvo nos casos excepcionais que deberán poñer previamente en coñecemento do Concello, ou cando as circunstancias que motivaron a concesión da exención cambiasen e non se comunicara ao Concello.
A exención está subordinada á que se manteñan as circunstancias que a motivaron. Para estes efectos, o Excmo. Concello de Oia realizará periodicamente actuacións de inspección para comprobar que se manteñen, requirindo ao interesado para que aporte a documentación xustificativa sinalada neste apartado. No caso de revocarse a exención será de aplicación o prevido no parágrafo anterior.

ARTIGO 4.—BONIFICACIÓNS
1.—Os vehículos históricos, sempre e cando acrediten a súa catalogación como tal de acordo co
Real decreto 1247/1995, de 14 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vehículos históricos, e na normativa autonómica de aplicación, no caso de Galicia a Orde do 17. de xuño de 1996, pola que se establecen requisitos para a acreditación de laboratorios oficiais de vehículos históricos e a catalogación dos ditos vehículos; ou todos aqueles que teñan unha antigüidade superior a veinticinco anos, nos termos previdos no artigo 95.6.c) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, disfrutarán de unha bonificación do 100 por 100 sobre a cota do imposto.
3.— Esta bonificación terá carácter rogado e deberá solicitarse, acreditando o sinalado neste parágrafo, como máximo no prazo dun mes contado desde o día seguinte o finalización do período de exposición pública do padrón do imposto referido ao ano da súa aplicación.
Para gozar dos beneficios das bonificacións deberá acreditarse que non existen débedas a cargo do suxeito pasivo beneficiario.

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA
1.—Cota tributaria.
A cota tributaria a esixir por este imposto será a fixada nas tarifas contidas no apartado 1 do artigo 95 da citada Lei.
2.—Para a aplicación da tarifa anterior teranse en conta as seguintes regras:
a) O concepto das diversas clases de vehículos relacionados na tarifa será o recollido no anexo 2º do Real decreto 2822/1998, de 23 decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de vehículos.
b) Para os efectos do cálculo da carga útil, nos casos nos que conste na tarxeta de inspección técnica dous valores distintos para a masa máxima técnicamente admisible (MMTA) e para a masa máxima autorizada (MMA), aplicarase a efectos de tarifa o valor que corresponda á MMA.

ARTIGO 6. NORMAS DE XESTIÓN.
1. O instrumento acreditativo do pago deste imposto será a declaración-liquidación ou recibo, debidamente validado pola Entidade Recadadora.
2. No caso de primeiras adquisicións dun vehículo ou cando estos se reformen de maneira que se altere a súa clasificación a efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos presentarán nos lugares que determine o concello, no prazo de treinta días a contar da data da adquisición ou reforma, declaración-liquidación por este imposto según o modelo aprobado pola mesma Corporación, ó que se acompañará a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, certificado das súas características técnicas e o Documento Nacional de Identidade ou o Código de Identificación Fiscal do suxeito pasivo.
Simultáneamente á presentación da declaración- liquidación a que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do Imposto resultante da mesma. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional en tanto que pola oficina gestora non se comprobe que a mesma se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do Imposto.
3.—No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación, a recadación das correspondentes cotas realizarase mediante o sistema de padrón anual no que figurarán tódolos vehículos suxeitos ó imposto que se hallen inscritos no correspondente Rexistro Público a nome de personas ou entidades domiciliadas neste término municipal.
O padrón ou matrícula do imposto exporase ó público anualmente para que os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso, formula-las reclamacións oportunas. A exposición ó publico anunciarase no “Boletín Oficial da Provincia” Se producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxetos pasivos.

DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza Fiscal, aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día ...................., unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entraráen vigor o 1 de xaneiro de 2009, producindo efectos ata a súa modificación ou derogación.
En Oia, a 19 de setembro de 2008.—O Alcalde,
Alejandro Rodríguez Rodríguez.

Vía > InfoGauda