Rescatan dous pescadores illados polas ondas en Cabo Silleiro
Etiquetas: DESASTROSOS, SUCESOS, VIDEOSRescatan uns pescadores que quedaron illados nunhas rochas en Oia
'A quen beneficia o plan acuícola?'
Etiquetas: ACUICOLA, COMUNICACION, MARITIMOS
Tras o intento frustrado pola oposición do BNG esta semana, os ecoloxistas temen que a Consellaría de Pesca tente aprobar o polémico Plan Sectorial de Acuicultura de Galicia o 28 de agosto, no primeiro nConsello da Xunta despois das vacacións. Consultada por ANT sobre se o documento estará listo daquela, a Consellaría, nas mans do PSdeG, lávase as mans e indica que “non podemos predicir cando se vai aprobar”.Con todo, Fins Eirexas, secretario de ADEGA, adianta que “probábelmente” organizarán mobilizacións en torno a esa data para meter presión ao Executivo e prolongar o “atraso dun ano que xa levan na tramitación”.
Mediación política na compra de terreos
As plataformas veciñais contrarias ás granxas, artelladas en 'Galiza non se Vende', denuncian que, malia que oficialmente todas as novas piscifactorías sairán a concurso, o certo é que detrás de cada proxecto hai unha empresa en particular. “Oficiosamente todas están dadas”, confirma Eirexas.
Os ecoloxistas argumentan que en varios casos os líderes políticos locais fixeron de intermediarios entre os veciños e as compañías nas negociacións polos terreos. Dende Adega poñen de exemplo ao ex-alcalde de Porto do Son, o socialista Ramón Quintáns, no proxecto de Baroña, xa desbotado pola oposición da Consellaría de Cultura.
Stolt, Pescanova e Isidro de la Cal
Das novas instalacións previstas coñécense tres promotores oficiosamente. Así, é a multinacional de orixe noruegués Stolt Sea Farm quen está detrás da granxa denominada 'Camelle', en Arou, no concello de Camariñas, na Costa da Morte. A firma coruñesa Isidro de la Cal é quen promove a construción na Laxe Brava, ao carón do Parque Natural de Corrubedo. Pescanova, a través da súa filial Insuíña, aposta pola única nova planta na provincia de Pontevedra, en Punta Orelludas, en Oia.
“Amigos do PSOE”
Manolo Santos, da plataforma Salvemos Laxe Brava, acusa á Consellaría de Pesca, promotora do plan, de favorecer os intereses de certos empresarios: “o plan do PP favorecía a Pescanova porque eran amigos seus, o do PSOE favorece a Stolt polo mesmo”, indica o activista.
Xosé Manuel Casais, da plataforma de Quilmas, acusa ao departamento que dirixe Carme Gallego de querer “expropiar tres millóns de metros para darllos a dúas multinacionais”. “Chegaremos até o final”, advirte Casais en referencia ás protestas contra o plan.
Catro peticións desoídas
Tanto Santos como Eirexas denuncia a “falta de diálogo” da Xunta. A Conselleira de Pesca nunca se dignou a falar con nós”, di o activista de Salvemos Laxe Brava. Segundo o secretario de ADEGA, até en catro ocasións solicitaron sen éxito xuntanzas con Carme Gallego.
ADEGA argumenta que o Plano foi deseñado “nas oficinas das empresas do sector, que se repartiron a torta da costa para despois pedirlla ao PP, que lles fixo un plano a medida”. En opinión de Fins Eirexas, a única diferenza do proxecto do PP co Plano reelaborado por Pesca é que “Pescanova non resultará tan beneficiada porque foron túzaros co goberno ao criticar que lles denegaran a planta de Touriñán, en Muxía”.
Pedornes celebra a “II Festa Gastronómica do Caramuxo”
Etiquetas: COMUNICACION, FESTIVOSAdemais de ofrecer caramuxos gratuítamente, tódolos asitentes poderán degustar “Pulpo a Feira”, empanadas de caramuxos ou de pulpo, zorza ou chocos a prancha a prezos populares, nas mesas instaladas baixo unha gran carpa, habendo tamén un servizo de cantina que funcionará os dous días.
Ademais, o día 2 ás 12:00 inaugurarase o Centro Cultural de Pedornes, coa asistencia de autoridades e a actuación de varias agrupacións da comarca. A continuación, a festa seguirá animada polo Grupo “Airiños do Tamuxe”.
O día 3 a partir das 13:00 actuará de novo o Grupo “Airiños do Tamuxe”, e ás 19:00 terá lugar a actuación da Murga “Ultreia” de Santiago.
O BNG detén a aprobación do Plano Acuícola
Finalmente a Xunta non aprobará o Plano Acuícola no Consello deste xoves, último antes das vacacións de Agosto. O Executivo incumpre así o prazo anunciado polo propio presidente Touriño no Parlamento, onde dixo que o polémico documento recibiría o visto e prace definitivo “antes do verán”. A principal causa do atraso é a oposición do BNG a varias das novas granxas e das ampliacións previstas pola Consellaría de Pesca, nas mans dos socialistas; como adiantara hai unha semana ANT Diario. De feito, Pesca presentou unha versión actualizada do Plano este martes na reunión semanal dos secretarios de todas as consellarías, xuntanza na que se deciden os temas que se aprobarán no Consello do xoves. Tensión na reunión de secretarios xerais Nunha longa reunión, o bando do Bloque da Xunta logrou botar para atrás o documento. A súa aprobación fica adiada, segundo fontes da parte nacionalista do Executivo, “até que haxa máis consenso”. O certo é que este novo atraso converte ao Plano Acuícola nun motivo de preocupación para a parte socialista da Xunta. E é que o documento conta cunha forte oposición social, artellada nunha ducia de plataformas veciñais a través de Galiza non se Vende. Aprobalo coa oposición do Bloque a poucos meses das eleccións autonómicas pode restar votos nuns comicios marcados ademais pola crise. Por iso, os colectivos ecoloxistas comezan a albergar a esperanza de que finalmente o Plano non se poña en marcha durante a presente lexislatura. Instalacións rexeitadas polo BNG Segundo explicou a ANT Diario o deputado Bieito Lobeira, os nacionalistas rexeitan a construción de catro novas factorías: 'Laxe Brava' en Corrubedo (Ribeira), 'Xandriña' en Camelle, 'Camelle' en Arou e 'Punta Orelludas' en Oia. O BNG tamén é contrario ás ampliacións da factoría de Mougás (Oia) –ameazada por unha orde de derrubo da propia Xunta– e Merexo (Muxía).