O BNG de Oia interesase pola servizo de correos e o mantemento da tarifa nocturna

. 11 de fevereiro de 2008
1 comentarios

Presentou catro mocións no concello con diversas iniciativas, como o servizo de transporte gratuito para os estudantes do instituto

A Asamblea Local do BNG de Oia a través do seu responsable local, Miguel Giráldez, presentou por rexistro de entrada no Concello de Oia 4 mocións sobre os servizos de transporte, os orzamentos da Deputación de Pontevedra, o servizo de correos e para o mantemento da tarifa nocturna.

A primeira, por iniciativa de Galiza Nova, que demanda que se melloren os servizos de transporte, solicitando que se incrementen tanto as conexións das liñas de tren como a periodicidade das liñas de autobuses, nomeadamente cos concellos limítrofes (Baiona e A Guarda) e tamén que se aposte polo transporte interparroquial, claramente necesaria para o municipio. Nesta mesma moción Galiza Nova solicita que os estudantes do instituto de Baiona teñan gratuidade nos seus billetes de autobús.

A segunda moción presentada polo BNG solicita do Concello que se inste a Deputación de Pontevedra a gastar os seus orzamentos naquilo no que ten competencias habida conta da cantidade de diñeiro que gasta en cuestións que non lle competen, polo que se pide que refaga a súa estrutura orzamentaria en beneficio da cooperación cos municipios, e que "cinga a súa actuación ás competencias propias da Deputación", negociando a transferencia de servizos e equipamentos que non son da súa competencia ás administracións correspondentes.

Unha terceira moción para que se siga prestando dignamente o servizo de correos, en especial nas parroquias onde o reparto a domicilio vai a desaparecer para as casas "que estean a mais de 250 m. da vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos" e vai a ser substituído por "buzóns colectivos" en cruces de camiños. Esta é unha situación que preocupa enormemente ao BNG sobre todo pensando que no rural galego viven moitas persoas maiores ás que agora se lles pretende suprimir servizos.

A cuarta das mocións presentadas solicita unha regulación clara da Tarifa eléctrica nocturna que desaparecerá definitivamente no mes xullo sen que se teñan ofrecido alternativas económicas a aqueles que desfrutaban dela e que agora terán que gastar unha boa suma de diñeiro para "adaptar" o seu sistema eléctrico as novas esixencias. Neste senso o BNG tamén solicita que se subvencionen parte dos gastos que van a ter os usuarios da tarifa nocturna aos que se lles obriga a cambiar de sistema.

Vía > InfoRosal

Dúas empresas de Oia levan tres semanas sen servizo telefónico

. 8 de fevereiro de 2008
0 comentarios

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Unha tormenta incomunica a unha empresa de Oia durante un mes

. 7 de fevereiro de 2008
0 comentarios

"Levamos desde o 14 de xaneiro incomunicados sen que ninguén nos faga caso". Así de contundente amosouse onte o empresario Alfonso de Lis Fiuza, dono da empresa Aluminios Silleiro, S.L., situada no municipio de Oia.
O empresario presentará hoxe catro denuncias “contra Telefónica” no Xuzgado de Tui, na Dirección Xeral de Comercio e Consumo, no Instituto Nacional do Consumidor e na Organización do Consumidor e Usuario. De Lis, número un do PSOE de Gondomar, conta que na madrugada do 13 de xaneiro, “unha tormenta” afectou as instalacións da súa empresa, quedando incomunicada.
Os técnicos só “apareceron 2 días despois” e, “a simple vista” non encontraron defectos nos servicios de telefonía e internet. A segunda visita prodúxose o pasado Xoves, cando os técnicos explicáronlle que se “ queimaran todolos cables”.
A empresa comprometeuse a arranxar os desperfectos, pero desde entonces “non volveron”, asegura, polo que onte enviou unha carta “o presidente de Telefónica” para denunciar a situación. “Estamos sen teléfono, fax e internet. Levamos dende o 14 de xaneiro sen facturar e pagando por un servicio que non temos”, reclama.

Vía > Atlántico Diario

Oia (por Mercedes Álvarez)

. 6 de fevereiro de 2008
1 comentarios

Hai cousas duns meses, cando caíron as primeiras choivas, volveu saír este personaxe pola pequena pantalla. Foi no informativo local da TVG.
Tiven sorte de poder ver a súa actuación porque estaba fora do concello, xa que en Oia seguimos conectando con Ourense na hora do informativo e os veciños non poden ser participes das inmellorables postas en escena deste actor. “Que castigos nos manda a Xunta!, declaraba.
Eu pregúntome: quen castiga, quen minte ou quen non sabe o posto que ocupa? Senón, que obxecto ten que cando foron as primeiras riadas este devandito actor máis os seus concelleiros andiveran eles dirixindo as máquinas de limpeza coma se de enxeñeiros se tratara, ou que obxecto ten esa carta de agradecemento ao conselleiro de Presidencia polas axudas recibidas, para logo manifestarse en contra da Xunta con mentiras.
En Oia, actuacións como estas e castigos pola parte desta personaxe temos dabondo, como que xa estamos cansos de dirixirlle cartas das que nunca obtivemos unha resposta.
Nunha desas cartas fixemos forte fincapé no acceso á vivenda dunha persoa que se atopa en cadeira de rodas, xa que cando se fixeron as beirarrúas deixaron un buraco con escalóns funcionando como recolledor de lixo, que ademais de non permitirlle entrar nin saír da súa casa, é un perigo para todos xa que de noite non se ve, de xeito que calquera pode caír nel.
Este ven sendo un dos castigos que este alcalde, Alejandro Rodríguez (PP), impón aos seus veciños.
Falando de lixo e de imposicións, para este ano 2008 ten a ousadía de impoñer a subida da taxa da recollida do lixo, un servizo que ten moito que mellorar e pola que pagamos case tanto como nunha cidade; outra das imposicións é a da taxa pola rede de sumidoiros, que moitos veciños aínda non teñen, e o peor de todo é a contaminación que este mal gobernante permite botar ao mar sen termos unha depudora en funcionamento. Insiste tamén na imposición e ordenación do imposto sobre o incremento de valor dos bens de natureza urbana, despois de organizada xa sobre este capítulo unha desfeita que non é pequena. Considerando éstes, outros dos seus castigos, que medite este alcalde se o seu papel en lugar de estar en Oia non estaría mellor en Hollywood.

Mercedes Álvarez (Oia)

Vía > Faro de Vigo CARTAS AO DIRECTOR

A Marina Mercante anuncia a instalación de 2 radares HF nos cabos Silleiro e Fisterra

.
1 comentarios

O director xeral da Mariña Mercante, Felipe Martínez, anunciou a instalación de dous radares HF nos cabos Fisterra e Silleiro "para loitar contra a contaminación mariña e as verteduras".
Revelábao na reunión semestral entre representantes do ministerio de Fomento e da Xunta que se celebrou na localidade pontevedresa de Baiona, unha cita de seguimento do convenio asinado en 2006.
Este tipo de dispositivos, tal e como explican desde o ministerio de Fomento, utilízanse desde fai tempo na costa norteamericana e servirán para localizar máis eficazmente as manchas contaminantes.