Avance PXOM - Clasificacion e Categorizacion do Solo

. 30 de janeiro de 2008
13 comentarios

Presentamos en EXCLUSIVA para internet, o documento que marcara ao Concello de Oia de cara o futuro, inauguramos así sección de asuntos urbanísticos.

En OC publicamos a Clasificacion e Categorizacion do Solo do Avance do PXOM, pode ser que esperasedes outra cousa, pero a nos parecenos moi importante darlle a difusión adecuada a importancia de tal documento.

Agora xa podedes facer as descargas do PXOM en OC. Esperamos os vosos comentarios sobre o PXOM.

Remata a exposición do Censo Electoral

. 28 de janeiro de 2008
0 comentarios

Hoxe remata nos distintos concellos a exposición do Censo Electoral que estará vixente nas eleccións xerais do 9 de marzo.
É de especial interese que comproben os seus datos aqueles que veñen de cumprir os 18 anos, que se deron recentemente de alta no padrón municipal dos distintos concellos ou que cambiaron de domicilio.
No caso de existir algún erro a reclamación débea presentar o propio interesados co DNI, Pasaporte ou Permiso de Conducir.

Vía > GaliciaSuroeste

A Cruz Vermella Baixo Miño celebra O Día Mundial para a Non Violencia o vindeiro martes 29 de xaneiro

. 26 de janeiro de 2008
0 comentarios

Con motivo da proximidade do Día Mundial para a Non Violencia, a Cruz Vermella no Baixo Miño organizará unha actividade baixo o lema 'Coñece aos Nobeis da Paz' no CP de Refoxos de Loureza- Santa Mª de Oia, o vindeiro martes 29 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 horas.

O principal obxectivo desta acción é concienciar á poboación infantil e xuvenil da comarca sobre a importancia da Paz tanto a nivel mundial como nas pequenas accións da nosa vida cotiá, por iso desde Cruz Vermella creen na necesidade de transmitir a importancia do diálogo, a empatía e a solidariedade para resolver de forma pacífica, moitos conflitos diarios tratando de potenciar e inculcar á poboación máis nova a educación para a paz e o rexeitamento a calquera tipo de violencia fomentando o respecto, a cooperación e a amizade entre os nenos e as nenas independentemente das súas características.

Para a celebración deste ano decidiron achegarlles aos mozos as historias dos máis importantes embaixadores da Paz mundial que recibiron ademais un recoñecemento público, sendo galardoados co Nobel da Paz pola súa loita incansable polos demais. Para o desenvolvemento desta actividade apoiaranse nas novas tecnoloxías, a través das cales os mozos informaranse sobre estes personaxes, coñecerán as súas biografías, resumirán e exporán aos seus compañeiros os seus novos coñecementos.

Estas actividades atópanse enmarcadas dentro do proxecto Sen Violencia-Convivencia de Prevención de Condutas Violentas que o equipo de voluntariado de Cruz Vermella Mocidade no Baixo Miño desenvolve en varios centros de ensino secundario da zona e que conta co financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra e o Ministerio de traballo e asuntos sociais. Durante o ano 2007 atendéronse a 109 mozos nos IES Primeiro de Marzo e CPI Covaterreña de Baiona; CEIP Mestre Manuel García de Sta Mª de Oia.

Vía > InfoRosal

As promesas dos nosos políticos

.
2 comentarios

Nunha reunión mantida pouco despois das riadas no ano 2006, o señor Suárez Canal díxonos aos alí presentes (políticos e representantes das comunidades), que traería cartos para o Concello de Oia pero quería que eses chegaran aos afectados. Pois pasado máis dun ano algúns dos afectados seguen sen recibir o prometido.
A miña sogra, unha muller como moitas no agro galego que traballa o campo e a pensión de viudedade que cobra apenas dá para mantela. Nas riadas afogáronse todas as galiñas, o porco enfermou e casi lle morre, a auga tiroulle un muro e deixoulle dañadas as cortes dos animais. Aínda está esperando.
Por Oia paseáronse uns funcionarios da Xunta, relacionando os daños e explicándolles a xente os pasos a seguir para cobrar axudas. A Zulema, que así se chama a miña sogra, dixéronlle que as galiñas non as podería cobrar (xa os veciños nun acto solidario encargáronse de repoñer o galiñeiro con creces). En canto ó muro, que o fixera, que enviara a factura a Xunta e que eles lle ingresarían os cartos. Meses depois de con moito esforzo económico rematar o muro, falou conmigo porque seguían sen mandarlle o diñeiro. Póñome en contacto cun dos funcionarios que estivo por aquí e dime que marcha de vacacións pero que á volta recibiremos unha carta coa resolución. Meses despois e fartos de esperar teño que acudir a ese desagradable sistema galego de solucionar os problemas. Acudo a un amigo que é diputado provincial, e pídolle un favor persoal, este xestiona o tema obtendo exactamente o mesmo resultado, o mesmo funcionario marcha de vacacións pero á volta recibiremos unha carta.
Eu non sei se a culpa é da Xunta, do Concello ou nosa por creer nos políticos pero vou votar en branco nas próximas eleccións. A miña sogra ten setenta e tres anos e por desgracia non lle queda moito que votar, eu, máis xoven, non penso incentivar co meu voto a carreira de algún policastro nin as vacacións dun funcionario que realizou mal o seu traballo: nunca máis.
Xabier Garrido Carrera, Oia

Vía > Faro de Vigo

A policía impediu que a canteira de Burgueira se levara o material de Marbar

.
0 comentarios

Un camión relacionado cunha canteira da comunidade de montes de Burgueira (Oia), coa que tiña negocios Martínez Barros, achegouse o pasado mércores ata as instalacións da factoría do grupo Marbar, en Santa María de Tebra (Tomiño), atopándose co enreixado pechado e a vixilancia da Policía local. Isto coincidía coa ausencia dos traballadores que estaban reunidos cos avogados do sindicato (CIG).
Os ocupantes do camión explicaron aos axentes que na factoría había granito que a canteira forneceu a pasada semana e que estaba por cobrar. "É noso e está sen pagar", informaron aos policías, tras interesarse pola situación da empresa. Tanto sindicatos como traballadores, viron nesta visita imprevista un intento de levar pedra aproveitando a súa ausencia: "A Policía impediu coa súa presenza que nos levasen ese material".

Vía > Faro de Vigo