tag:blogger.com,1999:blog-6965544247340503962.post4083171846970070512..comments2011-02-14T10:08:31.496+01:00Comments on OiaCeive: Nace Oia CeiveOiaCeivehttp://www.blogger.com/profile/16157028155211733100noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-6965544247340503962.post-65667931685648222752007-12-27T16:05:00.000+01:002007-12-27T16:05:00.000+01:00Presentación do libro “Lembrando a un home que asu...Presentación do libro “Lembrando a un home que asubiaba”.

Dende o pasado 22 de decembro e ata o domingo día 30, dentro da semana cultural de Mougás, estanse desenvolvendo unha morea de actividades para tódolos públicos. Entre elas, o vindeiro sábado ás 18:00 a “Comisión para a homenaxe a Manuel Fernández Trigo” presentará no Centro Cultural de Mougás o libro sobre a vida do noso amigo Manolo titulado “Lembrando a un home que asubiaba”. Dito libro foi escrito por D. Remixio Nieto, contando coa colaboración de familiares a amizades.
Manolo era axente forestal do Distrito XVIII, e no momento de falecer, hai xa algo mais dun ano, era o Presidente da Comunidade de Montes de Mougás e da Mancomunidade de Montes de Oia. Ao citado acto, ademais de familiares, compañeiros de traballo, amigos e representantes das Comunidades de Montes da Mancomunidade de Oia, tamén asistiran representantes de varios colexios das comarcas do Val Miñor e o Baixo Miño, nos que Manolo desenvolvera un gran labor de divulgación e difusión da natureza mediante charlas informativas, exposicións ou participación en plantacións.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6965544247340503962.post-55068471576157908762007-12-27T16:04:00.000+01:002007-12-27T16:04:00.000+01:00Noraboa polo novo foro. Sempre é interesante que s...Noraboa polo novo foro. Sempre é interesante que se poida comentar/debatir acerca do que acontece no concello, ademais de ser unha ferramenta útil para enterarse un poco do día a día.
Longo éxtio, pois, para este recén nacido foro.
Saudiña para todos/asAnonymousnoreply@blogger.com