A Consellería de Pesca aproba o plan para ampliar 11 piscifactorías e crear outras 13 novas

. 29 de agosto de 2008

O Consello da Xunta deu onte o impulso definitivo ao Plan Galego de Acuicultura, que permitirá a creación de 13 piscifactorías e a ampliación de 11 das 26 xa existentes. O documento recolle actuacións que suman 2,8 millóns de metros cadrados, suporán un investimento de 353 millóns de euros e xerarán 1.966 empregos directos.

Pero non todo foron congratulaciones. O plan conta co rexeitamento de asociacións ecoloxistas como Adega, do colectivo Galicia non véndese ou das plataformas de defensa das rías. Un grupo de representantes destes colectivos concentrouse fronte a San Caetano mentres o Goberno galego aprobaba o proxecto.

A paralización do Plan de Acuicultura que aprobou o Goberno de Fraga no seu último Consello, en 2005, foi unha das primeiras medidas adoptadas polo bipartito de Emilio Pérez Touriño, ante as críticas que suscitara entre as organizacións ecoloxistas. Ao longo destes tres anos, a Consellería de Pesca reduciu nun 92% os terreos afectados que pertencen á Rede Natura, ao pasar de case 671.000 metros cadrados a 50.000. Esta cantidade supón o 1,75% da superficie total do plan. Fontes da Consellería de Pesca apuntaron que as novas invasións de áreas de conservación corresponden a ampliacións de piscifactorías xa situadas na rede, para as que o crecemento era a única alternativa ao peche.

As 11 novas plantas, en cambio, atópanse fóra dos espazos protexidos pola Rede Natura. O departamento que dirixe Carmen Gallego considera que, así exposto, o plan garante unha acuicultura "sostible". O documento, sostén a consellería, pretende ordenar o uso do litoral galego para a realización de actividades acuícolas e determinar as condicións xerais para o futuro desenvolvemento das instalacións.

Nos últimos meses, a consellería introduciu en oito plantas referencias a elementos arqueolóxicos ou patrimoniais da contorna, así como as cautelas necesarias para a súa protección. Tamén reduciu a extensión de catro parques e especificou a altura máxima dunha das novas edificacións. Ademais, Pesca corrixiu a superficie máxima de ocupación dun parque e suprimiu dous das 26 instalacións inicialmente previstas. O plan definitivo, que entrará en vigor coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia, tamén incorpora as observacións realizadas pola Consellería de Medio Ambiente nun informe que impuxo restricións ao Plan Acuícola, como a inclusión dun estudo de paisaxe e da súa influencia noutras actividades económicas.

A pesar da supresión de dúas plantas e a redución doutras catro, seguen en pé proxectos contestados polos veciños, como a ampliación da piscifactoría de Stolt Sexa Farm en Quilmas (Carnota) e a construción de dúas novas nas dunas de Corrubedo e en Seiruga (Malpica). Tamén se efectuará a ampliación da contestada planta de Pescanova en Mougás (Oia). Fontes de Pesca sinalaron que, con independencia das deficiencias urbanísticas da parte construída, non hai obxeccións legais á zona de ampliación, de 57.000 metros cadrados.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, subliñou onte tras o Consello que o plan "pasou por todos os informes técnicos necesarios" e conta co visto e prace do Goberno central e de "toda a Xunta", en alusión ao presunto rexeitamento da parte nacionalista do Goberno galego ao proxecto. Touriño recalcou que se trata de "unha aposta estratéxica por un sector estratéxico para Galicia". Segundo apuntou, en 15 anos, cando as instalacións funcionen a pleno rendemento, alcanzarase unha produción de 21.600 toneladas de peixes planos anuais e unha facturación superior aos 180 millóns de euros por exercicio. Os terreos onde se sitúen as plantas serán "sempre de titularidade pública", en réxime de concesión.

Vía > El País