Protesta das plataformas ante a Xunta pola inminente aprobación do Plano Acuícola

. 27 de junho de 2008

Ante a inminente aprobación do Plano Acuícola por parte da Xunta, tal e como anunciou a Conselleira de Pesca hai uns días, as plataformas en defensa do litoral organizaron unha concentración de protesta en Compostela. Malia a que a tramitación do Plano Acuícola prevese longa, xa que cada instalación debe pasar pola fase da exposición pública, avaliación ambiental, alegacións e informes, o feito de que o governo galego aprobe o plano sectorial, lexitima ás empresas acuícolas que comezarán as súas xiras de chantaxe por todo o litoral para que os veciños malvendan os terreos baixo a ameaza da expropiación. Unha vergoñenta connivencia do governo galego cos atropelos dos rodaballistas e un intolerábel seguidismo coa planificación depredadora herdada do PP.

Vía > Adega