O alcalde replica que máis cobra Olmedo por ser diputado

. 9 de junho de 2008

O alcalde, Alejandro Rodríguez, replica ao edil socialista e deputado provincial José Antonio Olmedo que revise as súas contas e comprobe que el non gana 35.000 euros, senón 25.000 anuais repartidos en 12 mensualidades de 2.057.

Tamén matiza que os concelleiros do goberno tampouco perciben 14.500 euros, senón 13.2000; é dicir, 1.099,88 mensuais. Aduce Alejandro Rodríguez que " a todos os cidadáns gustaríalles saber en que xustifica o señor Olmedo o seu soldo". E expón que, de xaneiro ao 31 de maio, o edil do PSOE cobrou 10.436 euros da Deputación de Pontevedra, unha media de 2.087 euros " e iso sen contar 100 euros por cada asistencia plenaria no Concello de Oia".

Corrixe as cifras de Olmedo: en gastos de persoal "consignamos 374.676,83 euros; 894.578,44 para gastos en bens correntes e servizos, e 537.727,31 para investimentos reais". Contémplanse partidas para saneamentos e abastecemento en colaboración con Deputación e non da Xunta.
"Nunca se investiu tanto diñeiro en infraestruturas en Oia como nestes últimos cinco anos", sinala o alcalde, quen salienta que a única Galescola que existe no Val Miñor e Baixo Miño atópase en Oia.

Vía > Faro de Vigo

1 comentarios:

Anônimo disse...

Olmedo fixo realidade o seu soño, vivir sen traballar, e a Leandro fodelle porque agora Olmedo gaña máis ca él facendo menos, que xa é o colmo.