Proxecto: Oia espallada

. 30 de maio de 2008

"Oia Espallada" é o novo proxecto de OiaCeive e consiste en facer o mapa da emigración que padece o noso Concello.

Se estas emigrado non dubides porte en contacto con nós, para formar deste proxecto colectivo, a través do noso e-mail oiaceive@gmail.com

Se coñeces a alguen que neste momento viva fora do Concello de Oia e ti penses lle pode interesar formar parte do proxecto "Oia Espallada", tampouco dubides en facerlle saber que existe este proxecto.

Os Datos, que nos consideramos básicos para formar parte de "Oia Espallada", son os seguintes:

-Nome
-Foto
-Lugar actual de residencia
-Motivos polos que emigraste

Agardamos que vos pareza un proxecto interesante, en todo caso se vos parece unha perda de tempo tamén nos gustaria sabelo. Ficamos a espera de respostas da emigración oiense.