O "Monte Cabalar" da Estrada, un exemplo a seguir

. 11 de maio de 2008

No programa A Labranza da TVG este domingo día 4 de maio, emitise unha reportaxe sobre o Monte Cabalar da Estrada. Para a plataforma SOS Groba, foi como si entrase pola xanela unha bafarada de aire que os encheu de ledicia e de sana envexa. Na reportaxe vense as persoas maiores e as máis novas, todas xuntas, traballando por recuperar e pór en valor o seu monte. As testemuñas dos maiores falando do que foi o seu monte, a mágoa de velo queimado e abandonado e, por fin, a ledicia de ver como despois de ano e medio de traballo se vai recuperando e xerando recursos para todos. Afortunadamente nalguns lugares fánse as cousas ben e con sentido. A plataforma manifesta "Si na Serra da Groba somos capaces de facer algo parecido, teremos ganado moito, non xa para nós, se non para os nosos fillos e os que veñan despois de nós. Eso, consideramos que é o maís importante".

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



SOS Groba falou con un comuneiro, dunha das Comunidades da serra da Groba, que manifestou que "lle parecía moi ben o traballo que están a facer para por en valor a serra da Groba no seu conxunto, mais que vía difícil que cheguen a conquerir algo". Non dubidaba do traballo nen do entusiasmo de SOS Groba, dubidaba da xente, e dicía que "non seríamos capaces de polos de acordo a todos". A resposta da plataforma foi: "si non o intentamos nunca o conseguiremos, si pola contra traballamos e facemos pedagoxía e información, algo conseguiremos. E o remate ninguén poderá dicir que, mentres se perdía unha das nosas maiores riquezas, quedamos mirando como se ía sen facer nada".

SOS Groba engade, "por traballo e esforzo que non quede. Cada un de nós, dos que queremos algo mellor para todos, dos que estamos convencidos de que se pode mellorar e de que hai alternativas para a Serra da Groba, imos a espallar e multiplicar a información e animar a xente a facer algo parecido o que podemos ver no video, e dende aquí aproveitamos para felicitar a Cooperativa do Monte Cabalar da Estrada. O seu exemplo dános folgos para seguir adiante".

Vía > SOS Groba