A CMT obriga a Telefónica a equiparar o prezo do ADSL rural ao urbano

. 31 de março de 2008
0 comentarios

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) aprobou este venres os novos prezos de referencia dos servizos maioristas de banda larga de Telefónica de España, que reduce notabelmente os prezos que a empresa de telecomunicacións lles cobra aos operadores alternativos. Un dos principais cambios é que Telefónica deberá ofrecer os mesmos prezos nas áreas rurais e nas urbanas, co que, en principio, rematará a discriminación que sufrían os usuarios do chamado ADSL rural.

As tarifas maioristas teranse que aplicar en todo o territorio estatal, o que provocará que os prezos de ADSL rural se reduzan entre o 50 e o 86 por cento. A CMT considera que ofrecer distintos prezos en función do territorio supón un risco de distorsión da competencia no mercado da banda larga.

As baixadas de prezos súmanse ás que a CMT efectuou de xeito cautelar en decembro de 2006 e novembro de 2007. As reducións son máis pronunciadas nas velocidades máis altas, que chegan até o 69% nalgunhas modalidades. Ademais, Telefónica terá que aplicar as reducións ditadas pola Comisiónj en todas as súas modalidades minoristas, mesmo as de 10 e 20 megas.

Por outro lado, a oferta de referencia crea o servizo "Naked ADSL", que lles permitirá aos operadores minoritarios prestar o servizo de acceso indirecto sen que o aboado lle teña que pagar a liña de voz a Telefónica, cunha cota mensual adicional de 9,45 euros.

Vía > Vieiros

O PPdeG pregunta a Touriño por qué fuxiu onte de Oia

. 29 de março de 2008
0 comentarios

Pérez Ares felicítase de que o presidente da Xunta elixise a comarca para disfrutar dunha “agradable xornada de turismo institucional”, pero recórdalle que a obriga dun gobernante é resolver os problemas dos cidadáns
O PPdeG lamenta que o presidente da Xunta, que onte visitou diferentes concellos da comarca do Val Miñor e Baixo Miño, non tivese tempo para achegarse ás familias de Oia afectadas polas enchentes do outono de 2006, que ano e medio despois dos sucesos, seguen agardando que o Executivo autonómico cumpra a súa palabra a repare os danos, tal e como o propio Touriño se comprometera, persoalmente, ante os afectados.
César Pérez Ares, deputado do Grupo Parlamentario Popular, entende que a actitude amosada hoxe polo presidente da Xunta constitúe unha "fuxida dos propios compromisos de Touriño, feito que pon en evidencia que titular do Executivo autonómico carece de palabra e non é de fiar".
Recorda Pérez Ares que o concello de Oia chegou a demandar xudicialmente á Xunta de Galicia para reclamar a materialización dos compromisos adquiridos, tanto coas familias que sufriron notables desperfetos nas súas vivendas, como para a reparación das infraestruturas afectadas polas trombas de auga. A Xunta aparece como responsable subsidiaria dos danos na medida en que as enchentes foron consecuencia dos incendios rexistrados no verán anterior xa que, a pesar das múltiples advertencias das que foi obxecto, non adoptou medida algunha para evitar ou, polo menos, minimizar as perdas producidas.

Problemas e carencias sen resolver
O deputado popular felicítase de que Pérez Touriño elixise a área costeira do sur de Galicia para pasar unha "agradable xornada de turismo institucional", pero recórdalle que, como presidente da Xunta, ten a obriga de resolver os problemas e carencias dos cidadáns. Neste sentido, Pérez Ares recorda a Touriño que as obras da vía de alta capacidade do Baixo Miño continúan sen iniciarse e que parte do trazado dese vial segue sen ser determinado; que os parques empresariais continúan paralizados, despois de case tres anos de bipartito, mentres as empresas foxen a Portugal, onde dispoñen de solo industrial abundante e a prezos económicos; ou que os veciños de concellos como a Guarda e O Rosal reclaman desde hai meses poder acceder á televisión dixital terrestre sen que a Administración sexa capaz de ofrecer unha resposta satisfactoria.

Vía > InfoRosal

A realidade das piscifatorías, segundo o programa Biosfera da RTP

. 27 de março de 2008
0 comentarios

Un moi instrutivo video da televisión portuguesa sobre o impacto ambiental das piscifactorías. En portugués, e coa intervención de membros de ADEGA.

1/2


2/2

Video panorámico da zona das Orelludas

.
0 comentarios



Vía > GaliciaSuroeste

Investigadores da arte rupestre dan a coñecer novos grabados descubertos na parroquia de San Mamede

. 26 de março de 2008
0 comentarios

O Instituto de Estudos Vigueses vén de publicar estes días un novo número do seu boletín “Glaucopis” onde, entre outros traballos, divúlganse as últimas gravuras rupestres descubertas en Oia co título “Novidades nos petroglifos de Oia. Loureza”, da autoría de Cándido Verde Andrés, Antonio de la Peña Santos e Fernando Javier Costas Goberna.
Todos es gravados que se analizan neste traballo, explican os autores, atópanse na parroquia de San Mamede de Loureza, na Valga, máis concretamente no espacio comprendido entre o curro, a estrada a Mabia e o propio núcleo de Mabia.
Entre os motivos rupestres que se describen, figuran ata seis cuadrúpedos, algúns con cornamenta, e unha figura rectangular con divisións internas que os autores non logran aproximar unha interpretación.
Nas proximidades deste petroglifo aparece outra estación na que se representan círculos concéntricos, con cazoleta central e sulco de saída. Estes concéntricos complétanse con outra liñas e cazoletas.
Abundando na figura rectangular antes mencionada, os autores intentan unha aproximación “con reservas ós modelos cantábricos tipo Peña-Tú”.
No Campo do Coello, atópanse outros motivos insculturados sobre as rochas. Neste caso, ademais dun cuadrúpedo, comparten este espazo cazoletas, cuadrangulares de esquinas redondeadas e nalgún caso sen un dos lados menores, e un axedrezado.
A última descrición que se recolle en “Novidades nos petroglifos de Oia. Loureza” corresponde a catro grupos localizados no Alto de Mabia con representación de cuadrúpedos, cazoletas, círculos e sulcos.
O traballo de Costas Goberna, Verde Andrés e de la Peña Santos, remata cos debuxos das novas estacións rupestres que facilitan o recoñecemento das figuras insculturadas e divulgadas no boletín do Instituto de Estudios Vigueses “Glaucopis”.

Vía > GaliciaSuroeste

Ciclo de charlas en Mougás: cambios no calendario

.
0 comentarios

Houbo que facer algúns cambios no calendario das conferencias que se están celebrando tódolos sábados ás sete da tarde na Casa Cultural de Mougás dende hai xa tres semanas, por motivos da axenda dos colaboradores, con respecto ao inicial xa publicado, quedando como segue:

Sábado 29 de marzo ás 19:00 h

“O parque eolico da Serra da Groba” a cargo de persoal da Asociación S.O.S. Groba.

Sábado 5 de abril ás 19:00 h

“Lei de prevención de incendios e unidades de xestión forestal” a cargo do Sindicato Labrego Galego e da Asociación Forestal FROUMA.

Sábado 12 de abril ás 19:00 h

“Plan acuicola da XUNTA” en especial referencia as prantas de As Mariñas-Mougás e As Orelludas-Pedornes, a cargo de persoal da Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza (ADEGA)

Sábado 19 de abril ás 19:00 h

“A postura das comunidades de montes ante o programa LEADER 2007-2013”, a cargo de Xose Alfredo Pereira Martinez, presidente da Organización Galega de comunidades de montes.

Sábado 26 de abril ás 19:00 h

“O aproveitamento da biomasa forestal nos montes veciñais en mán común” a cargo de Xose Alfredo Pereira Martinez, presidente da Organización Galega de comunidades de montes e Alfredo Lopez, director do proxecto de aproveitamento da biomasa forestal no Val Miñor.


NOTA: estas charlas poden cambiar de data e hora por motivos de axenda dos conferenciantes.

Os cinco concellos do Baixo Miño beneficiarios do Plan Estratéxico de Investimentos no Medio Rural (PEIM 2008)

. 24 de março de 2008
0 comentarios

A Consellaría do Medio Rural destinará este ano arredor de 7 millóns de euros ás actuacións incluídas dentro do Plan Estratéxico de Investimentos no Medio Rural (PEIM 2008) na provincia de Pontevedra. Os cinco concellos do Baixo Miño veranse beneficiados por estes investimentos con diferentes obras.
Trátase fundamentalmente de obras de nova construción e de mellora de infraestruturas viarias, así como de sistemas de abastecemento, captación e saneamento de agua. De acordo coa filosofía xeral deste plan, impulsado pola Consellaría a comezos da lexislatura, o obxectivo é mellorar as condicións do traballo agrogandeiro, así como a calidade de vida e a dotación de servizos básicos nas áreas rurais, co fin de equiparalas a outras entidades de poboación de maior dimensión. Ademais, este plano recollía que todos os concellos de Galiza se beneficiarían destes investimentos públicos, no seu ámbito máis rural, polo que na provincia de Pontevedra están previstas actuacións na totalidade dos seus municipios.
Outra das novidades que supuxo a implantación deste plan foi o método de priorización das obras, a partir das necesidades propostas polos propios concellos, que son os responsables de facerlle chegar á Consellaría as principais demandas de cada municipio. Medio Rural ten en conta estas necesidades e prioriza as que mellor se adaptan aos obxectivos Do PEIM á hora de distribuír o gasto público. Na maioría dos casos, as entidades locais xa lle remitiron á delegación deste departamento en Pontevedra a súa conformidade para a posta a disposición dos terreos, facilitando así o comezo da execución dos traballos neste exercicio, unha vez que se liciten as obras. A estas actuacións sumaránselle outros investimentos en concentracións parcelarias, proxectos singulares ou mellora de camiños que sufragará Medio Rural nos distintos concellos galegos durante este ano.
A continuación, a listaxe das actuacións nos municipios do Baixo Miño:


Concello

ACTUACIÓNS PEIM 2008 – PROVINCIA PONTEVEDRA

GUARDA, A

Mellora das infraestruturas de abastecemento en Outeiro e saneamento en Castiñeira (A Guarda-Pontevedra)

OIA

Mellora da infraestrutura viaria en Santa María de Oia (Oia-Pontevedra)

ROSAL, O

Mellora da infraestrutura de saneamento para completar ramais en Cal (Tabagón) (O Rosal-Pontevedra)

TOMIÑO

Mellora da infraestrutura viaria en Estás, Figueiró e Tomiño (Tomiño-Pontevedra)

TUI

Mellora da infraestrutura viaria no Camiño da Veiga (Paramos) (Tui-Pontevedra)


Vía > InfoRosal

Ciclo conferencias en Mougás

. 14 de março de 2008
0 comentarios

Sábado 15 de marzo ás 19:00 h
“Historia dos montes veciñais en man común” a cargo de Xosé Carlos Morgade, historiador e membro da xunta rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes.

O SLG convoca unha asemblea informativa sobre o “CES” en Mougás (Oia)

. 13 de março de 2008
0 comentarios

Hoxe ás 20:00 h. no Centro Cultural de Mougás, Oia, o SLG realizará unha explicación detallada do CES a agricultores e gandeiros.
Co gallo da presentación do Contrato de Explotación Sustentábel (CES) pola Consellaría de Medio Rural, e as rectificacións propostas polo Sindicato Labrego Galego, mañá xoves ás 20:00 h. no Centro Cultural de Mougás o SLG realizará unha asamblea informativas para agricultores e gandeiros do concello de Oia.
Nesta xuntanza abordaranse dous puntos fundamentais, que é o Contrato de Explotación Sustentábel e que explotacións agrarias e gandeiras poderán ser beneficiarias do CES, así como a suba dos costes de producción nas explotacións agrarias.

Vía > InfoRosal

As nenas e nenos da Galescola de Oia aprenden a descubrir o seu corpo e a recoñecerse a si mesmos

.
0 comentarios

A Galescola de Oia contou coa colaboración das familias (que está a ser moi positiva) para traballar o esquema corporal cos máis cativos/as. As nais e pais trouxeron da casa fotos dos/as nenos/as actuais e de cando eran máis cativos/as coa idea de colocalas pola aula e co obxectivo de facilitar o recoñecemento dun mesmo.
Como acompañamento a estas actividades as nenas e nenos disfrutaron de cancións referentes ao esquema corporal ("O xogo chirimbolo", " Xoán pequeno", " Nesta cara redondiña", "As mans", "A cara que teño eu"...)
As crianzas tiveron a oportunidade de mirarse no espello e aprenderon a recoñecer as diferentes partes da súa cara, para posteriormente pasar a traballar o concepto da silueta coa axuda das profesionais da educación da escola.
Como actividade final propúxose a construción entre todos dunha boneca para que sexa a nova compañeira de xogos. A boneca estaba nunha primeira fase incompleta polo que foi levada por turnos por cada un dos nenos/as á súa casa para ir completando, coa axuda das familias, as partes que lle faltaban.
O propósito desta acitividade é dobre, por un lado, implicar ás familias nas actividades educativas das súas crianzas e por outra banda, para que as nenas e nenos da escola lle dean continuidade na casa as actividades no centro.

Vía> InfoRosal

A participación da Xunta será decisiva para adxudicar parques eólicos

.
0 comentarios

Se as expectativas se cumpren, Galiza converterase no 2012 na sexta potencia mundial eólica do mundo con 6.500 megawatios instalados. A enerxía procedente do vento, xunto á que xeran outras fontes limpas (hidráulica, biomasa, solar, etc) permitirán atender o 95% do consumo de electricidade na comunidade autónoma.
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentaron onte a orde que establece os criterios para a concesión de 2.325 novos megavatios de potencia eólica, que se sumarán aos 4.175 xa autorizados na actualidade. O texto publicarase no Diario Oficial de Galiza nos próximos días.
"O noso modelo eólico non vai contra ninguén, vai a favor do país", explicou Quintana, quen insistiu en que a nova normativa para a concesión de parques permitirá cambiar unha situación na que Galiza tiña que pór os recursos sen obter os beneficios correspondentes. "É a primeira vez que se está facendo unha política enerxética de país", engadiu. A potencia eólica a instalar en Galiza ata 2012 mobilizará investimentos por valor de 5.500 millóns de euros (dos que un 75% repercutirán directamente na comunidade autónoma) e dará paso á creación de 3.000 empregos.
O vicepresidente insistiu en que os novos criterios de concesión permitirán a apertura do sector a novos operadores e contribuirán a evitar "a especulación". Un dos puntos conflitivos do decreto eólico aprobado pola Xunta é a introdución da participación pública nas novas concesións o que, segundo Quintana, será un elemento que contribúa a favorecer unha repartición máis xusta da riqueza. "Non se van a manter dereitos adquiridos que ás veces parecen dereitos de pernada", advertiu o vicepresidente.A concesión de novos parques dependerá de seis criterios que permitirán alcanzar unha puntuación máxima de 100. A inclusión de fórmulas de participación pública nos proxectos terá unha valoración máximade 22 puntos, polo que se perfila como unha das claves para acceder a unha licenza para instalar un parque eólico.
A participación de particulares no accionariado das instalacións eólicas sumarán catro puntos e outros tantos valerán as fórmulas que vinculan a produción do parque coa disposición dos terreos por parte dos propietarios.Outro dos criterios fundamentais para obter unha concesión será a viabilidade técnico-económica e o impacto socioeconómico positivo que xeren as novos proxectos. Este apartado contará cunha valoración máxima de 30 puntos e para alcanzala teranse en conta os postos de traballo permanentes a crear, as iniciativas ambientais e de infraestruturas ligadas aos parques, así como os investimentos empresariais ou tecnolóxicas. Os outros aspectos que se terán en canta para puntuar os proxectos son o nivel tecnolóxico das instalacións (15 puntos), a relación entre produción enerxética e afección ambiental (10 puntos), a viabilidade da proposta de interconexión (10 puntos) e a capacidade técnica e financeira dos promotores (5 puntos).
Fernando Blanco sinalou que a participación pública nos parques eólicos non vai supor dificultades para que se instalen os 2.325 megavatios previstos, xa que "máis ben hai un problema de overbooking". Ademais, recórdó que a Xunta xa ten na actualidade participación en empresas eólicas e que a presenza de capital público no sector enerxético é habitual en Europa. Puxo como exemplo os casos de E.ON, Enel e EDF. O conselleiro asegurou non estar preocupado polos recursos contra o decreto eólico persentados por algunhas empresas e descartou que se vaia a negociar con estas para que retiren as súas alegacións. "Este modelo mellora substancialmente ao anterior", concluíu.

Vía > El País

O (SEÑOR) ALCALDE DE OIA

. 12 de março de 2008
0 comentarios

Aínda conmocionado polo asasinato do meu compañeiro demócrata, Isaías Carrasco, quixera denunciar unha vez máis, a actitude duns cantos fascistas que o único que buscan en política é figurar e gañar votos como sexa.
Onte, día en que esa banda de cobardes disparaban a un home desarmado só porque tiña ideas distintas a el, aconteceu algo que me produciu certa satisfacción, Zapatero e Rajoy puxeronse de acordo para finalizar a campaña. Deseguida todolos partidos se uniron a eles, e todos os demócratas aplaudímolo.
Cal sería a miña sorpresa cando ao saír de traballar observo ao alcalde do meu pobo acompañado por un concelleiro e por un afiliado do seu partido, porta por porta, repartindo trípticos e sobres pedindo o voto para un grupo que agora non vén a conto.
Este personaxe , amigo de saír nos medios con declaracións como o "casar maricóns vá en contra dos meus principios" non sei onde meteuse os seus principios, para realizar tamaña falta de consideración.
Por sorte, a maioría de compañeiros do seu partido souberon estar á altura das circunstancias e xunto con todos os demócratas secundaron un loito, que esperamos sexa o último.
D. Alejandro, unha vez máis demostrou que non sabe estar , faga o favor de aplicarse , xa é seu segunda lexislatura e non para de meter a pata ata o cóbado. Para ser alcalde e representar a todo un pobo debería esixirse como mínimo certa educación.
Xabier Garrido Carrera
Pedornes (Oia)

Vía > InfoGauda

Ana Gandón e a súa burra Cuca, na conta atrás

.
0 comentarios

Por Soledad Antón:


É o escenario polo que un bo día do 2003 Ana Gandón cambiou a política municipal. En realidade, un inmellorable día a xulgar polo entusiasmo con que conta detalles da súa nova vida. En Budiño de Serraseca, que así se chama a súa casa de labranza, séntese como peixe na auga. Dá a impresión de que non coñecese máis profesións que as de hospedera ou agricultora.

Chámoa porque me contan que o seu predio é unha das contadas de Galiza nas que vive ás súas anchas unha burra, animal case en vías de extinción. «Contáronche ben -di-, pero pronto terei dous porque Cuca está a piques de parir». Engade que resulta unha aliada moi valiosa no predio, e non só porque se merende as herbas, senón polo abono que proporciona.
Noutras circunstancias, cuns resultados electorais aínda quentiños, Ana Gandón estaría explicando o ben paradas que saíran as súas siglas, tal vez a posibilidade de converterse en bisagra, o incremento de votos en tal ou cal distrito... Pois non. Nin unha palabra de política en case unha hora de parola. Do que si falamos é de allos, cebolas, feixóns, chícharos, cenorias, fresas, cabaciñas... «En produtos de horta somos autosuficientes. Temos colleita para todo o ano», presume.
Tamén falamos de como se produciu a metamorfose: «Facía tempo que tiña claro que quería regresar ao campo no que me criei de nena». Explica que cando viron o predio (tras o plural agóchase Xurxo Iglesias), tiveron claro que aquilo era o futuro. Presente desde fai máis de tres anos. Cinco mil metros cadrados á beira do río Broi callados de salgueiros, carballos, castiñeiros... E unha vella construción erguida en 1753 por Benito Álvarez, segundo consta no Catastro de Enseada.
Aínda que durante os máis de dous séculos de existencia coñeceu varias reformas e ampliacións, impoñíase unha rehabilitación integral conservando a estrutura, o forno, a lareira... En definitiva, o espírito dunha casa de labranza tradicional. Foron sobre seguro e encomendaron o traballo aos arquitectos Manuel Portolés, Salvador Fraga e Javier Quijada. O resultado está á vista.
Seguro que agora xa entenden por que practicamente non volveron a ver a Ana Gandón por Vigo. Se normalmente se move pouco do seu particular galiñeiro, estes días menos. Non quere que o inminente parto de Cuca a pílle lonxe. «É a primeira vez que me vexo nunha situación como esta recoñece. Menos mal que Julia, a miña veciña, está habituada a asistir a partos de todo tipo de animais».
Se lles pica a curiosidade, poden facer unha visita virtual aos dominios da nova Ana a través da páxina www.budinho.com. Ata neste apartado foron orixinais. Claro que detrás do traballo agóchase a man do desaparecido Xan Traba. Estaremos atentos ao desenlace. Do parto, digo.

Vía > A Voz de Galicia

Atopan restos do Paleolítico Inferior na Serra da Groba

.
0 comentarios

Novos achados arqueolóxicos puxeron en dúbida para o colectivo SOS Groba a viabilidade do parque eólico Albariño I. Arqueólogos desta plataforma cidadá que se opón ao proxecto de Eurovento atoparon útiles de pedra de máis de 300.000 anos de antigüidade na zona que se verá afectada polo polígono de aeroxeradores.
As pezas dan conta da existencia de asentamentos de grupos de homínidos durante o Paleolítico Inferior na altiplanicie onde se unen os concellos de Baiona, Oia e Tomiño.
Trátase dunha vintena de materiais entre os que hai bifaces da época Achelense, uns útiles traballados polas dúas caras en forma o améndoa; lascas ou fragmentos cortantes de roca e, para rematar, núcleos que servían para facer as lascas.
Estes primitivos utensilios son de cuarcita, un tipo de roca que non existe na Serra da Groba e que probablemente foi transportada desde as beiras do río Miño, segundo apuntaron onte os especialistas Xosé Lois Vilar e Eduardo Méndez, durante a presentación dos achados , que tivo lugar no Hotel Tres Carabelas.
As investigacións iniciáronse fai dous meses, durante a redacción dun informe sobre o patrimonio cultural da área afectada polo parque eólico, a petición da dirección xeral de Patrimonio da Xunta e da delegación de Cultura de Pontevedra.
Os portavoces de SOS Groba afirman que os materiais atopados son tan só a punta do iceberg, e que se se continúa investigando poderían achegarse novos datos sobre unha das etapas da prehistoria menos estudadas en Galiza.
Con todo, afirman que o xacemento se atopa en risco de destrución pola iniciativa do parque eólico Albariño I, «xa que a construción e remodelación de pistas e demais obras intrínsecas a calquera infraestrutura pon en grave risgo a desaparición a este depósito arqueolóxico de gran valor histórico», afirman.
SOS Groba considera que este xacemento e os 200 puntos de interese que se coñecen na zona afectada polo proxecto deben ser considerados como un argumento para desaconsellar a execución do parque eólico.

Vía > A Voz de Galicia

Proxecto eólico emprazado nunha zona sensible

.
0 comentarios

O proxecto de Eurovento para instalar 21 aeroxeradores nos montes de Baiona, Oia e Tomiño xerou unha enorme polémica no Val Miñor.
Os plenos de todos os concellos da comarca manifestáronse en contra deste proxecto e tamén de numerosos colectivos cidadáns que se agruparon na plataforma SOS A Groba, que mobilizou aos veciños en contra do proxecto. Os portavoces desta entidade puxeron de manifesto que as áreas devastadas polos incendios de fai dous anos coincidan coa superficie na que asentará o parque eólico.
Onte o arqueólogo Xosé Lois Vilar volveuno a repetir e tamén se queixou de que «sospeitosamente» a Xunta non inclúa esta área dentro da ampliación da Red Natura 2000.

Rede Natura
A única zona que formará parte desta zona de protección ambiental é a franxa costeira de Oia, onde non hai previsto ningún aeroxerador, pero quedan excluídos de devandita delimitación lugares de alto valor ecolóxico, como a Fraga de Oliveira, Chan do Cereixo, ou os humidais de Torroña, entre outros, segundo lamentou onte o arqueólogo miñorano.
Quen non se manifestaron en contra foron as comunidades de montes que chegaron a acordos económicos coa empresa Eurovento para ceder os terreos.

Vía > A Voz de Galicia

A comarca é prehistoria

.
0 comentarios

Queda moito, quizais o máis importante, por descubrir, pero o Val Miñor xa ofreceu abundantes indicios da riqueza do seu pasado prehistórico. A Serra da Groba aporta a que, de momento, é a última proba: un significativo conxunto de útiles de pedra tallada como os utilizados fai máis de 300.000 anos polas comunidades de cazadores-recolectores do Paleolítico Inferior.
A plataforma SOS Serra da Groba presentou onte o seu último achado como unha pequena mostra do que oculta o monte miñorano. O seu portavoz, Xosé Lois Vilar, indicou que as pezas recuperadas obtivéronse "sen facer prospeccións intensivas, senon simplemente unha inspección superficial da parte norte da serra acometida durante os dous últimos meses".
Entre os simples fragmentos de rocha que poboan ese espazo natural, o ollo experto descobre a simple vista algo especial nestes restos. O explicou outro membro da plataforma, Eduardo Méndez; "As ferramentas están fabricadas en cuarcita, un material alleo a Serra da Groba que sí pode observarse, en cambio, a orillas do río Miño".
Méndez indicou que o lugar do achado é unha amplia zona húmeda que aqueles homínidos "visitarían con frecuencia en busca de alimentos, posto que contaría con unha importante presencia de animales, moito máis variada incluso que a actual".
O colectivo cidadán SOS Serra da Groba incluirá os novos datos nun informe que elabora por encargo da Dirección Xeral de Patrimonio sobre este espazo, donde encontran ubicación parte dos muíños do parque eólico proxectado na zona.
A plataforma, que combate desde fai meses a instalación do parque eólico, considera o xacemento descuberto neste espazo natural como "un dos poucos que se coñecen de este tipo en Galiza". Así, advirten que os materiais recuperados" son bastante homoxéneos e que presentan un aspecto progresivo", posto que xunto a útiles máis toscos encontráronse outros mellor traballados que dan mostra dunha certa evolución e perfeccionamento da técnica.
SOS Serra da Groba defende que xunto a este xacemento recén descuberto existen "máis de 200 puntos de interés patrimonial e etnográfico na zoa afectada polo parque eólico, polo que insisten en reclamar para a zoa que se inclua entre os espazos galegos protexidos pola Rede Natura.

Vía > Faro de Vigo

Resultados por mesas electorais. Eleccións Xerais 2008

. 11 de março de 2008
0 comentarios


MOUGAS VILADESUSO OIA BURGUEIRA LOUREZA

PP 225 217 337 191 204 1174 54,43%
PSOE 192 104 296 113 79 784 36,35%
BNG 30 21 60 15 14 140 6,49%
OUTROS 2 3 14 4 4 27 1,25%
BRANCOS 8 1 9 0 1 19 0,88%
NULOS 1 2 6 2 2 13 0,60%

458 348 722 325 304 2157

Oswaldo recupera a súa pensión nos tribunais

.
0 comentarios

O xulgado do social número 1 de Vigo condenou ao Instituto Nacional da Seguridade Social a devolver a pensión por invalidez permanente a un mozo de Oia que está incapacitado para traballar.
Tras sufrir dous accidentes de tráfico no ano 2002 e no 2004, Oswaldo Tesch pasou varias veces polo quirófano e foi declarado en situación de invalidez total para exercer a súa profesión habitual de peón de albanel. Leva anos esperando para someterse a unha intervención cirúrxica para que lle retiren a placa de osteosíntesis no fémur que lle colocaron no ano 2003 e que só tiña que ter posta durante un ano e medio.
E en lugar de recibir o aviso para pasar polo quirófano, o que chegou á caixa de correos da súa casa en agosto do ano pasado foi unha carta na que lle notificaban a retirada da pensión de ao redor de 400 euros mensuais. Os médicos que lle examinaron afirmaron que xa estaba mellor das súas lesións e que se atopaba capacitado para volver ao traballo. E iso a pesar de que el afirma non poder coas dores e que subsiste grazas aos calmantes. O material que ten implantado moléstalle e impídelle levar unha vida normal.

Sentenza
Pero ao final, a xustiza deulle a razón e obriga á Seguridade Social a que lle recoñeza e abone unha pensión vitalicia mensual consistente no 55 por cento da súa base reguladora de 719 euros mensuais desde o 29 de agosto de 2007, segundo consta na sentenza facilitada polo avogado que levou a cabo o seu defensa, Mikel Zubigaray Ramos, do Bufete Gállego e Builla, de Sabarís. Tras examinar os informes médicos, o xuíz estimou que Oswaldo está incapacitado para o exercicio da súa profesión, que require esforzos físicos como camiñar por terreos irregulares, carga de pesos, subir e baixar escaleiras e andamios, esixencias contraindicadas para as secuelas que presenta.
Dous accidentes de tráfico cambiaron a vida deste mozo de 28 anos. Nunca esquecerá o 29 de maio de 2002 porque foi o día no que a mala sorte fixo que a súa vida dese un xiro de 180 graos. Saíra da súa casa en moto para atoparse coa súa noiva e tivo a mala fortuna de estrelarse contra un turismo que viña de fronte nunha curva. Foi trasladado en ambulancia á clínica Povisa de Vigo e de alí ao hospital Meixoeiro, onde lle diagnosticaron a rotura da tibia e do peroné, con perda de masa ósea.
Era obreiro da construción e desde entón non se volveu a sentir en condicións de poder traballar. A raíz do atropelo, tivo que pasar varias veces polo quirófano, sufrir unha grave infección e levar colocados ata catro fixadores externos no xeonllo durante longos períodos de tempo. Aínda non se terminou de recuperar do todo desta lesión, cando dous anos máis tarde tivo un accidente de tráfico polo cal rompeu o fémur.
O mozo permanece convalecente no seu domicilio, pero polo menos conseguiu que non lle quiten a súa pensión para ir subsistindo.

Vía > A Voz de Galicia

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Problemas no sistema de verificación (word verification) dos comentarios

. 10 de março de 2008
0 comentarios

Recibimos unha falla, no sistema de verificación (word verification) dos comentarios, por parte dun usuario de OC. A nos non falla, pero gustarianos saber se lle falla a alguén máis para intentar arranxar o problema en cuestión. Para porse en contacto con nós envia un mail a oiaceive@gmail.com
Para aclarar posible dubidas que poidan xurdir, o sistema de verificación (word verification) dos comentarios serve para evitar o spam (comentarios masivos) que saturen o blog.

A Galescola de Oia

.
0 comentarios

O BNG de Oia ven de editar un novo boletín informativo, e na contracapa publica un artigo de ámbito local, sobre a Galescola de Oia que reproducimos aquí.

No antigo réxime da Xunta poucas cousas acabaron ben, a continuación relatamos unha delas. O sábado 20 de novembro do ano 2004 a conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta do PP, Pilar Rojo, presentou o Punto de Atención Infantil (PAI) en Oia, no sitio escollido para tal efecto polo goberno de Leandro, o PAI foi pechado o día 26 de xullo de 2006 pola Xunta de Galicia por incumprir a normativa de seguridade e de barreiras arquitectónicas da administración autonómica para gardarías, posteriormente foi reformado e as obras, que superaron un orzamento de 236.000 euros foron financiadas pola Xunta de Galicia.
Co BNG na Xunta, a secretaria xeral de Igualdade da Consellería de Vicepresidencia, Carme Adán, e o alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, asinaron o 3 de xullo de 2007 un convenio de colaboración para finalizar as obras da gardaría municipal, para convertela en Galescola e que segundo as previsións comezaría a funcionar en setembro. A etapa de dotación do equipamento ten un orzamento de 130.010 euros, dos que o Executivo autonómico achega o 80% e o Concello o 20%. Dende a Vicepresidencia da Xunta, Anxo Quintana apostouse, pola construción deste tipo de equipamentos no medio rural, nun intento por rachar co círculo vicioso da desestruturación territorial de Galiza, "que fai que ao non haber servizos marche a xente, e logo por non haber xente non se crean servizos". Neste camiño, a aposta da Vicepresidencia é rematar coa división do país en cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, "utilizando os servizos sociais para facer país, para vertebrar o territorio, empregándoos como mecanismos de reequilibrio e cohesión territorial".
Segundo o Convenio asinado entre Vicepresidencia e o Concello para formar parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as obras son licitadas e adxudicadas polo Concello, e dicir é o Concello o responsábel das obras. Esta foi a raíz do problema da Galescola de Oia: o Concello non está capacitado para asumir esas responsabilidades, e quen pagou o pato foron os pais e as nais.
Pilar Candocia, responsábel da rede de Galescolas do Consorcio de Servizos Sociais da Xunta, ante a falta de resposta por parte do Concello, deu a cara perante as nais e os pais dos 27 nenos matriculados na gardaría pública de Oia que se manifestaron ante a falta de información. Nesa reunión, informóuselles ás nais e ós pais de que para abrir a Galescola, faltaba que o Concello finalizase o patio de xogos, a mellora das medidas de seguridade como por exemplo os detectores de fumo ou os protectores en marcos de portas, e a dotación de mobiliario homologado, posto que o Concello comprou berces metálicos non homologadas e incluso descatalogados a unha empresario con carné do PP. A Galescola abriuse parcialmente, en principio abríronse dúas aulas da planta baixa, e queda por reformar a parte de arriba, onde se sitúa a cociña, e tamén o ascensor. Desde o BNG lamentamos que pola incapacidade de Leandro as familias de Oia aínda non poidan dispoñer das 40 prazas de matrícula que terá a gardaría cando o Concello se digne a rematar as obras e a dotación de equipamento.
A partir do ano 2008 o propio consorcio, licitará, adxudicará as obras das Galescolas, porque o de Oia non é o único caso no que houbo problemas coa execución dos traballos. Tómase esta medida ante a falta de capacidade dos concellos para rematar as obras en tempo e forma.

Igualdade e Calidade:
Desde o BNG queremos transmitir que as Galescolas son sobre todo boas escolas, trátase de centros que apostan pola calidade, pola mellora da oferta educativa e pedagóxica, vertebrándose arredor de dous elementos fundamentais: a redución do número de alumnas e alumnos por educador, a través da parella educativa, e a formación continua. Ademais, destaca a importancia de que se trata dun proxecto para todo o país con escolas que traballan por primeira vez en rede con criterios e obxectivos compartidos. Son, por tanto, un servizo público e un proxecto de calidade, que supera o concepto de garda e custodia dos cativo e cativas e potencia a educación, en galego, na tolerancia, no respecto, na identidade e no compromiso co país.
Á parte de ser un servizo educativo, a nova Galescola de Oia é tamén un instrumento a favor das políticas de igualdade e conciliación. Asegúrase que as Galescolas son un piar esencial da nosa política de apoio ás familias, un servizo de proximidade para que todos os membros da familia teñan mellores condicións para conciliar a vida persoal, familiar e laboral.

Resultados no Concello de Oia. Eleccións Xerais 2008

.
0 comentarios

OIA

2004 2008
CandidaturaVotos
%
Votos %
BNG125 6,22 140 6,53
PP1.064 52,96 1.174 54,76
PSOE
76738,18 784 36,57

2004
2008
Censo 2.562 2.691
Participación2.022 2.157
Abstención 540 534


Vía > InfoRosal

Datos xeodésicos do Concello de Oia

.
0 comentarios

O Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia, a través do Instituto Geográfico Nacional, colocaron a correspondente placa de situación da Casa do Concello de Oia, na que se reflicten os datos xeodésicos deste lugar.
Segundo se pode ler na placa en cuestión, semellante ás que xa se colocaron noutros concellos, a Casa Consistorial, atópase a 49 metros de altitude sobre o nivel do mar.
As súas coordenadas xeográficas son 42º 00’ 07,2” de latitude Norte, e 8º 52’ 25,3” de lonxitude Oeste.

Vía > GaliciaSuroeste

O BNG en Oia en contra da instalación da planta acuícola que se pretende instalar nas Orelludas

. 7 de março de 2008
0 comentarios

Ante as últimas noticias a cerca do Plan Acuícola, no referido a piscifactoría das Orelludas , queremos comunicar que a Asamblea Local do BNG de Oia instou o grupo parlamentar do BNG a posicionarse en contra do emprazamento desa piscifactoría.
O pasado luns, 3 de Marzo, seguindo as instruccións da Asemblea Local do BNG de Oia o grupo parlamentar do BNG fixo posible unha comparecencia na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galiza do Director Xeral de Recursos Mariños (Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos) Antonio Fernández Elorriaga, onde se fixo anuncio dalgunhas modificacións do Plano de Acuicultura. Serán as seguintes no referido o Concello de Oia:
  • Orelludas (Oia). Pasa de 75.000 a 47.000 m2., un 37% menos, para eliminar su afección ao xacemento paleolítico de Fiais, despois do informe negativo do departamento de patrimonio da Consellaría de Cultura.

  • Mougás (Oia). Elimínase o 35%. Pasa de 80.000 a 57.000 m2.

A valoración política que fai o BNG deste anuncio é a seguinte:

  • É positivo que se modifique o Plano de Acuicultura. O BNG leva moito tempo insistindo nesa dirección.

  • Contodo, é unha modificación insuficiente. O BNG aspira a que se elimine o emprazamento previsto na Punta das Orelludas. Imos traballar para iso.

  • Como se pode comprobar, no caso das Orelludas, foi a actuación da Consellaría de Cultura (BNG) quen forzou a modificación do Plano. Bótanse en falta actuacións similares desde a Consellaría de medio Ambiente, e que se considere a zona das Orelludas como de especial interese paisaxístico, tal como se recolle no seu documento de referencia para a Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega.

  • BNG vai ser vixilante, e insistirá no seu obxectivo. O Plano aínda non está aprobado. Confiamos en que haxa máis modificacións, e que se resolvan os problemas máis importantes que xerou. Chamamos ao diálogo e á negociación.

Descargar Documento de Referencia Acuícola

Noticias relacionadas:
-
Pesca suprimirá cinco piscifactorías dos Plano acuícola e reducirá as dimensións de outras oito
-O BNG considera insuficientes os cambios previstos

Vía > InfoRosal

Declarada de xeito provisional, como espazo privado de interese natural, o espazo natural de Sobreiras do Faro, no concello de Oia

.
1 comentarios

A Consellaría de Medio Ambiente ven de declarar de xeito provisional, como espazo privado de interese natural, o espazo natural de Sobreiras do Faro, na parroquia de Viladesuso en Oia. Así o recolle o Diario Oficial de Galiza hoxe, coa publicación da Orde de data 18 de febreiro deste ano.

Durante o prazo da declaración provisional do espazo natural de Sobreiras do Faro como espazo privado de interese natural, que será de dous anos, e como requisito imprescindible para que se produza a súa declaración definitiva como espazo natural protexido, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso deberá achegarlle á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o plan de conservación deste espazo.

A xestión do espazo natural de Sobreiras do Faro será responsabilidade e competencia da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso. Os aproveitamentos e os usos dos bens e recursos incluídos dentro do espazo levaranse a cabo de maneira que resulten compatibles coa conservación dos valores que motivaron a súa declaración.

Para máis información, pódese consultar a Orde publicada.

Vía > InfoRosal

Os colexios de Refoxos e Ría de Vigo unense para repoboar o monte

. 6 de março de 2008
0 comentarios

A unión fai a forza. Onde hai máis mans para recuperar o medioambiente recolleranse mellores froitos no futuro, ademais de aprender a convivir e facer novas amizades.
Así pensárono os colexios Refoxos Loureza de Oia e Ría de Vigo de Canido, adscritos ao programa Voz Natura. Ambos protagonizaron esta semana un exemplo de colaboración conxunta inédito no proxecto da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre.
Alumnos de ambos centros participaron nunha xornada de repoboación forestal con especies autóctonas nas parroquias de Burgueira e de Loureza, de Oia, en zonas que foron asoladas polos incendios.
Os alumnos de Vigo, 17 de cuarto curso de ESO e 25 de catro anos de idade, chegaron en autobús ata o colexio de educación infantil e primaria de Refoxos Loureza para participar nesta xornada de convivencia e traballo.
Trala traxedia que supuxo en Oia os incendios do verán do 2006, a comunidade escolar da escola Ría de Vigo acordou acondicionar no seu centro un viveiro de árbores para que, cando tivesen altura suficiente, poñelos a disposición da escola de Refoxos e das comunidades de montes para repoboar as zonas máis danadas.
Trouxeron unha trintena de pequenos árbores que medraron durante os últimos meses no viveiro que manteñen no centro, que se sumaron ao centenar de castiñeiros que achegou a escola de Refoxos.

Árbores

Plantaron un cento na zona de Bonaval, nun terreo preparado pola comunidade de montes de Burgueira, xunto a outro espazo que xa foi reforestado fai uns anos. E os alumnos de Oia terminaron onte de plantar dentro do propio recinto escolar os que non deulles tempo o pasado martes.
Os coordinadores de ambas iniciativas, Alba Cantero, de Oia, e Juan Carlos Vázquez, de Vigo, resaltaron que foi unha experiencia moi positiva para os estudantes e coincidiron na necesidade de continuar colaborando no futuro.
O principal obxectivo da súa iniciativa, ademais de lograr esa colaboración entre alumnos de dous colexios diferentes, foi intentar que non se esqueza o perigo dos incendios e a necesidade de recuperar as zonas que resultaron devastadas fai dous anos.

Vía > A Voz de Galicia

Ciclo conferencias en Mougás (Marzo/Abril)

. 5 de março de 2008
0 comentarios

Sábado 8 de marzo ás 19:00 h
“Charla informativa parque eólico ALBARIÑO I” a cargo de persoal técnico da empresa Eurovento.

Sábado 15 de marzo ás 19:00 h
“Historia dos montes veciñais en man común” a cargo de Xosé Carlos Morgade, historiador e membro da xunta rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes.

Sábado 22 de marzo ás 19:00 h
“A multifuncionalidade dos montes veciñais en man común” a cargo de Alberto Lema Couso, membro da xunta rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes.

Sábado 29 de marzo ás 19:00 h
“Lei de prevención de incendios e unidades de xestión forestal” a cargo de persoal do Sindicato Labrego Galego e da Asociación Forestal FROUMA.

Sábado 5 de abril ás 19:00 h
Pendente de confirmación.

Sábado 12 de abril ás 19:00 h
“O parque eólico da Serra da Groba” a cargo de persoal da Asociación S.O.S. Groba.

Sábado 19 de abril ás 19:00 h
“A postura das comunidades de montes ante o programa LEADER 2007-2013”, a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes.

Sábado 26 de abril ás 19:00 h
“O aproveitamento da biomasa forestal nos montes veciñais en man común” a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes e Alfredo López, director do proxecto de aproveitamento da biomasa forestal no Val Miñor.

A plataforma contra o parque eólico esixe que a UE protexa a Serra da Groba

. 4 de março de 2008
0 comentarios

Polas súas características naturais e a riqueza do seu ecosistema, que conta coa maior reserva de cabalos salvaxes de raza galega, a plataforma cidadá SOS Serra dá Groba cre innegable o valor patrimonial deste espazo situado entre os municipios de Baiona, Oia e Tomiño. Na súa loita contra a "ameaza" que ao seu xuízo representa o parque eólico proxectado pola empresa Eurovento, o colectivo reclama agora a inclusión desta área entre os lugares de interese comunitario europeu protexidos pola Rede Natura.
En concreto reclaman á Xunta que teña en conta a Serra dá Groba entre as súas propostas para a próxima ampliación territorial da rede perimetral medioambiental, que faría do todo incompatible o uso industrial da monte que se propón coa colocación dos 21 aeroxeradores que contempla o parque Albariño I.
Na súa campaña de oposición ao parque eólico -que sen embargo apoian comunidades de montes como a de Belesar ou Torroña, que asinarón acordos coa empresa promotora- a plataforma xa conseguiu perto de 3.000 apoios en forma de sinaturas contra o proxecto, as últimas reunidas esta última fin de semana en Baiona durante os actos conmemorativos da Arribada.
As corporacións locais de Nigrán e Baiona tamén adoptaron acordos plenarios no último trimestre do ano pasado en contra da ubicación do conxunto de muíños de vento na comarca.
Informes negativos
Xosé Lois Vilar, voceiro de SOS Serra dá Groba, explicou ademais que a Dirección Xeral de Patrimonio "xa emitiu un informe negativo sobre os cinco aeroxeradores que se situarían fronte ao mosteiro de Oia" e asegurou que "non é o único departamento autonómico cuxos informes cuestionan o proxecto".
O "alto custo" patrimonial da infraestrutura enerxética planeada céntrase, segundo SOS Serra dá Groba na existencia nestes montes da maior trampa para lobos de Galicia, a presenza do máis importante labirinto gravado en pedra de Europa, a aparición de vestixios paleolíticos e medievais, así como que constitúe o hábitat dunha importante reserva de cabalos de raza galega e presenta unha ampla concentración de turberas, cuxa conservación esixe a Unión Europea.
Tras ser sometido a información pública nos tres concellos afectados, o proxecto atópase nestes momentos en mans da Xunta de Galicia, que analiza as alegacións presentadas polos afectados.

Vía > Faro de Vigo

Pesca elimina duas piscifactorías do Plan Acuícola e reduce o tamaño de catro

.
0 comentarios

A Consellería de Pesca eliminará duas das 26 piscifactorías do polémico Plan Galego de Acuicultura e reducirá as dimensións doutras catro. O anuncio realizouno por sorpresa no Parlamento o director xeral de Acuicultura e Recursos Mariños, Antonio García Elorriaga, en resposta a unha pregunta do BNG. As plantas suprimidas son as de Ardía (O Grove) e Couso-Aguiño (Ribeira). As que reducen o seu tamaño son as de Orelludas (Oia), Mougás (Oia), Seráns (Porto do Son) e Lago (Xove).
As modificacións son consecuencia das máis de 1.040 alegacións presentadas por colectivos veciñais, organizacións ecoloxistas e institucións públicas, despois de que o documento se expuxese ao público o pasado verán. A planta de Couso-Aguiño, de 55.000 metros cadrados, elimínase a petición do Concello de Ribeira. Trátase dunha piscifactoría prevista no contorno do complexo dunar de Corrubedo, que recibira unha gran contestación social. A de Ardía, mentres, era un proxecto de 26.500 metros cadrados nunha zona incluída na Rede Natura.
Na súa intervención diante da comisión parlamentaria de Pesca, o director xeral de Acuicultura cifrou en cinco as plantas eliminadas, ao contabilizar as tres que xa foran clasificadas como non aptas nunha primeira revisión do Goberno bipartito. García Elorriaga referiuse así ás piscifactorías de Punta do Corno (Camariñas), Punta Curvos (Ribeira) e Touriñán (Muxía), todas elas previstas no plan elaborado polo Goberno de Manuel Fraga.
O director xeral tamén incluíu no seu listado catro plantas con recortes xa aprobados, como son as de Cabo Cee (Corcubión), Meirás (Valdoviño), Redola (Xove) e Foxo Longo (Ribadeo). A esas reduccións súmanse agora as seguintes: Orelludas, que pasa de 75.000 a 47.000 metros cadrados, para eliminar a súa afección ao xacemento paleolítico de Fiais; Mougás, a petición do Concello de Oia, onde se acota a ampliación de 88.000 a 57.000 metros por incompatibilidade con outra actividade empresarial xa implantada na zona; Seráns, que se reduce de 115.000 a 24.500 (o 80%), a pedimento da empresa que promove a planta; e Lago, que pasa de 273.000 a 182.500 metros (33%).
"Pesca demostra que foi moi sensible", asegurou o director xeral de Recursos Mariños, quen advertiu de que as granxas mariñas "non se poden parar". García Elorriaga sinalou que, segundo a organización das nacións Unidas para a agricultura e a alimentación (FAO, nas súas siglas en inglés), o 50% do peixe que se consuma en 2025 producirase en piscifactorías. O plan acuícola atópase á espera do informe de sustentabilidade ambiental que está elaborando a Consellería de Medio Ambiente.
O responsable do departamento de Carmen Gallego desvinculou os cambios anunciados das protestas dun "grupo itinerante" de "unhas 30 ou 40 persoas", aos que acusou de intentar paralizar o plan acuícola con "ameazas, insultos, agresións verbais e incluso físicas". "A Administración non pode entrar neste xogo e dialogar nestas condicións", declarou. Por parte ecoloxista, organizacións como Adega ou a plataforma Galiza non véndese consideraron as modificacións unha "tomadura de pelo", en palabras de Adela Figueroa, presidenta de Adega. Ambas organizacións consideraron que os cambios son insuficientes.

Vía > El País

O BNG considera insuficientes os cambios previstos

. 3 de março de 2008
0 comentarios

Bieito Lobeira, portavoz de Pesca do BNG, destacou o papel xogado polos movementos veciñais, ecoloxistas e sociais “e polo propio BNG” nesta revisión anunciada hoxe. “Moitos destes cambios se deben a informes presentados pola consellaría de Cultura referidos á conservación do patrimonio cultural e arqeolóxico”, sinalou.
O deputado nacionalista interveu hoxe na comisión oitava do Parlamento Galego, e pedíu a retirada das piscifactorías de Laxe Brava e Couso-Aguiño en Ribeira, Orelludas en Oia, A Xandriña-Camelle, Arou-Camelle, e Seiruga en Malpica. Así mesmo, pediu o redimensionamento da piscifactoría de Merexo en Camariñas para que non afectase a elementos patrimoniais. Posteriormente, o director xeral de Pesca anunciou a retirada de varias piscifactorías do Plano, entre elas a de Couso-Aguiño, así como a revisión do tamaño da de Orelludas.
Lobeira considera que “é un avance que se tivesen en conta as alegacións a estas plantas, pero pensamos que tamén se deben suprimir as piscifactorías de Laxe Brava, A Xandriña, Arou-Camelle e Seiruga”. Na súa intervención en comisión, o deputado destacou o número de alegacións presentadas a estas plantas. Destacou que “o Plan non está aprobado, hai moitos aloxamentos sometidos ao principio de cautela por motivos patrimoniais”. “O BNG segue defendendo a vía do diálogo”, concluíu.

Vía > A Nosa Terra

Pesca suprimirá cinco piscifactorías dos Plano acuícola e reducirá as dimensións de outras oito

.
0 comentarios

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos anunciou hoxe que suprimirá cinco piscifactorías da trintena que conforman o Plan Acuícola, pendente da súa aprobación polo Consello da Xunta. Así mesmo, reducirá as dimensións de oito plantas.
Así o comunicou hoxe o director xeral de Recursos Mariños, Antonio García Elorriaga, na Comisión do Pesca en resposta a unha pregunta do deputado do BNG Bieito Lobeira, quen admitiu o "agrado" do grupo nacionalista á eliminación destas cinco plantas acuícolas, atendendo ás alegacións presentadas "debido a problemas fundamentalmente medioambientais", segundo revelou o departamento que dirixe Carmen Gallego.
As piscifactorías suprimidas son Punta Corvos, en Ribeira (A Coruña); a coñecida de Pescanova en Touriñán, no municipio coruñés de Muxía; Punto do Corno; Ardía (O Grove); e Couso, en Ribeira.
As plantas acuícolas nas que se reducirá o seu tamaño para que non afecten, principalmente, a xacementos arqueolóxicos son: Orelludas e Mougás no municipio pontevedrés de Oia; Seráns (Porto do Son); Lago e Rogodola (Xove), Cabo Cee (Corcubión); Meirás (Valdoviño); e Foxolongo (Ribadeo).

Vía > GZnacion

Os nenos e nenas da galescola de Oia descubren as maravillas dos eclipses

.
0 comentarios

A madrugada do mércores 20 de febreiro entre as 4:00 e 5:00 horas tivo lugar un eclipse total de Lúa visible en toda Galicia. Os nenos e nenas da Galescola de Oia traballaron o tema dos eclipses con varias actividades, entre elas, a representación dun eclipse luar.
Un eclipse de Lúa ocorre cando a Terra se interpón entre o Sol e o noso satélite natural. Podemos distinguir tres etapas: penumbral, parcial e total. Ao longo das mesmas, a Lúa cambia a súa apariencia e a súa totalidade vólvese avermellada.

Dende a escola de Oia os nenos e nenas traballaron o tema dos eclipses a través dunha serie de actividades como:

  • Realización dunha asemblea na que se falou sobre o Sol e a Lúa, o día e a noite e o eclipse luar.

  • Lectura do conto "Papá, por favor, achégame a Lúa".

  • Representación dun eclipse lunar. Fíxose de noite na aula, saiu a Lúa e volveuse vermella.

  • Busca da noticia no xornal.

  • Pintouse unha Lúa de dobre cara (branca e vermella) con material de refugallo.

+info Galescola de Oia

Vía > InfoRosal

O BNG de Oia edita novo Boletín

. 1 de março de 2008
0 comentarios

O BNG de Oia ven de editar un novo boletín informativo, enfocado nas eleccións xerais, no que se pode ler unha entrevista a cabeza de lista por Pontevedra, Olaia Fernández Davila, o decálogo do BNG para as eleccións xerais, unha carta do portavoz nacional, Anxo Quintana e na contracapa, un artigo de ámbito local, sobre a Galescola de Oia.

Descarga o Boletín nº 1 do BNG de Oia

Vía > InfoRosal