Os nacionalistas reclaman melloras no transporte interparroquial e cos concellos veciños

. 15 de fevereiro de 2008

A Asamblea Local do BNG de Oia, a través do seu representante local, Xosé Miguel Giráldez Martínez, presentou unha moción instando á mellora do transporte interparroquial neste municipio, pero tamén cos concellos limítrofes.
A moción, que se presenta a instancias de Galiza Nova, solicita, entre outras medidas, instar á Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte a que se revisen as concesións das liñas que afectan a este concello para que se aumenten as frecuencias horarias cos concellos da Guarda e Baiona e para que a liña da Guarda As Mariñas continúe ata Baiona. Tamén instan a que se rebaixen os billetes para estudantes, parados e xubilados e que se acondicionen as marquesinas deterioradas e se fagan estructuras en todas as paradas onde os cidadáns poidan abrigarse e non agardar polo autobús á intemperie.
Noutro apartado a moción recolle que se inste á Consellaría de Política Territorial Obras Públicas e Transporte á incluír o concello de Oia no aproveitamento do transportes escolar a través dunha tarxeta identificativa para a veciñanza que permita estabelecer un transporte de viaxeiros entre parroquias, xa que na actualidade a mobilidade para moitos veciños é limitada ao depender exclusivamente dos seus propios medios
Finalmente, e o mesmo que o BNG presentou noutros concellos, piden que se solicite á Consellaría de Educación e á Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte a gratuidade do servizo de autobús para estudantes de primeiro e segundo de Bacharelato do centro I.E.S. Primeiro de Marzo.

Vía > GaliciaSuroeste