A Marina Mercante anuncia a instalación de 2 radares HF nos cabos Silleiro e Fisterra

. 6 de fevereiro de 2008

O director xeral da Mariña Mercante, Felipe Martínez, anunciou a instalación de dous radares HF nos cabos Fisterra e Silleiro "para loitar contra a contaminación mariña e as verteduras".
Revelábao na reunión semestral entre representantes do ministerio de Fomento e da Xunta que se celebrou na localidade pontevedresa de Baiona, unha cita de seguimento do convenio asinado en 2006.
Este tipo de dispositivos, tal e como explican desde o ministerio de Fomento, utilízanse desde fai tempo na costa norteamericana e servirán para localizar máis eficazmente as manchas contaminantes.

1 comentarios:

Anônimo disse...

Primeiramente bos dias:

Esta moi ben que controlen os verquidos e residuos que moitos desalmados tiran ó mar peroooooo......coidadiño!!!! sobre todo a xente que vive cerca de donde pretendan instalar estes radares por que HF significa: "HF, del inglés High Frequency, son as siglas utilizadas para referirse aá banda del espectro electromagnético", pois ben estas ondas electromagnéticas traballan a frecuencias moi altas, e a verdade non son moi saúdables para o noso organismo. Xa que son moi perigosas.

Intentarei facer un texto cas consecuencias que poden provocar as ondas electromagnéticas (ou tamen coñecidas como microondas, e colgalo aqui en Oiaceive.

Un saúdo a tod@s.