Publicado o prazo de reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as da Galescola de Oia para o curso 2008-09

. 29 de fevereiro de 2008
0 comentarios

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anunciou a apertura do prazo para a reserva, preinscrición e matrícula na Galescola de Oia para o vindeiro curso 2008-2009.
O prazo para a reserva de praza para as crianzas que estiveron na Galescola no curso 2007-2008, así como para as fillas/os dastraballadoras/es das galescolas, será do 1 ao 14 de marzo, ambos os dous incluídos.
O prazo de preinscrición para novas/os usuarias/os é do 15 de marzo o 15 de abril. As instancias recolleranse na propia Galescola de Oia.A listaxe provisional de admitidos e excluídos publicarase do 1 ao 15 de maio. O prazo de reclamación é de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao da súa publicación.
A listaxe definitiva de admitidos e excluídos farase pública do 16 ao 1 de maio no taboleiro de anuncios do Consorcio, do Concello e daGalescola de Oia.
O prazo de matrícula, tanto para os que fixeron reserva como para os que fixeron preinscrición, será do 1 ao 15 de xuño na propia Galescola.Tal e como consta no artigo 20 do RRI das Galescolas, de non se formalizar a matrícula, decaerá o dereito á praza aínda tendo reserva ouaparecendo na listaxe de admitidos.

+info Galescola de Oia

Vía > InfoRosal

Exposición pública do Proxecto de Urbanización SAU nº 5 do ámbito de desenrolo do Plan Parcial coñecido como “Peña Ajoeira”

. 25 de fevereiro de 2008
0 comentarios

Aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía o Proxecto de Urbanización SAU nº 5 do ámbito de desenrolo do Plan Parcial coñecido como “Peña Ajoeira” condicionado á execución das obras de abastecemento de auga á comunidade de usuarios de Ciudalanz, S.L. dende a mina Figueiriña, de acordo co proxecto técnico presentado no concello en data 30 de xaneiro de 2008 (rexistro de entrada nº 276), exponse ao público dito Proxecto polo prazo de 30 días hábiles, contados desde hoxe (25/02/2008), para que calquera persoa poida examinalo e formular as alegacións que estime pertinentes.

Vía > GaliciaSuroeste

Oia somete a información pública a Ordenanza reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles

. 22 de fevereiro de 2008
0 comentarios

O concello de Oia ven de publicar o acordo de aprobación da Ordenanza reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, que fora adoptado no pleno de 11 de febreiro deste ano, co fin de sometela a información pública.

A publicación recollea o Boletín Oficial da Provincia de onte, polo cal se expón ao público polo prazo de 30 días hábiles, contado a partir de hoxe, para que calquera persoa poida examina-la devandita Ordenanza na Secretaría do Concello e formula-las alegacións que estimen pertinentes.

Vía > InfoRosal

Comezou o Obradoiro dos Sentidos na Galescola de Oia

. 21 de fevereiro de 2008
0 comentarios

A Galescola de Oia comezou o pasado martes un novo obradoiro que vaise levar a cabo ao longo do curso. O seu propósito é estimular dunha forma creativa e divertida as capacidades sensoriais dos nenos e nenas da escola.

A primeira sesión deste obradoiro consistiu na elaboración de instrumentos musicais empregando para iso diferentes materiais naturais (fideos, lentellas, macarróns,...) e botellas de plástico valeiras recollidas do punto de reciclaxe da Galescola. Os nenos e nenas disfrutaron moito na actividade na que demostraron ademais unha estupenda capacidade motriz.

+info Galescola de Oia

Vía > InfoRosal

O Sergas ampliará antes do verán o centro de saúde de Oia

. 19 de fevereiro de 2008
0 comentarios

O Sergas comezará antes da próxima tempada de verán as obras de ampliación do centro de saúde de Oia, segundo indicou onte o delegado provincial da consellería de Sanidade, Juan Antonio Martín Tejedor.
O responsable da Xunta realizou onte unha visita institucional a este Concello e foi recibido polo portavoz socialista, José Antonio Olmedo, que lle mostrou os terreos onde levarán a cabo as obras.
O proxecto contempla a creación dun novo edificio anexo que será construído na parte traseira e xunto ao colexio municipal. O portavoz local do PSOE expuxo ao titular da Xunta a necesidade de construír un novo muro de contención para eliminar calquera risco de corremento de terras sobre o centro educativo.
Juan Antonio Martín Tejedor recordou que a Consellería xa dispón do proxecto básico para proceder a esta ampliación e que na actualidade estase redactando o proxecto de execución e de dirección da obra, iniciativa que cumprirán antes da primavera.

Consultas

O futuro edificio asistencial contempla dúas consultas de medicina xeral e unha de enfermería, así como un área específica de pediatría cunha consulta, unha enfermería e unha sala de espera para nenos.
A atención obstétrica tamén quedará reforzada coas novas instalacións, ao contar cunha consulta de matrona e unha sala de educación maternal.
O novo centro tamén contará con espazos administrativos actualmente inexistentes, como un área de admisión, de arquivo de historias clínicas, sala de persoal e de xuntas e un almacén. O orzamento rolda os 700.000 euros.
O delegado provincial supervisou a evolución do plan de mellora da atención primaria neste Concello, que permitiu a creación de novas prazas de persoal, coa incorporación dun novo facultativo, unha enfermeira e unha persoa dedicada a servizos xerais.
Por outra banda, durante a súa visita de onte, quedou patente a intención da administración sanitaria galega de que o centro de saúde de Oia conte proximamente cun control capilar dos tratamentos de anticoagulación oral, comunmente denominado Sintrom Capilar.
O Sergas está a piques de finalizar as xestións técnicas e asistenciais co servizo de Hepatoloxía do Hospital Meixoeiro de Vigo para implantar esta modalidade extractiva no centro de saúde. Con esta medida, prevese beneficiar a máis de 60 pacientes sometidos a este tipo de tratamentos, que xa non terán que desprazarse.

Vía > A Voz de Galicia

Leandro di,"eu no 2005 non me enterei de nada", ao respecto do Plan Acuícola

. 18 de fevereiro de 2008
0 comentarios

A un mes das eleccións xerais, o plan que prevé a expropiación de 3 millóns de metros cadrados a pé de costa para construír piscifactorías arde en mans dos políticos. Varias das 26 granxas mariñas previstas polo bipartito provocaron unha onda de protestas veciñais e alegacións ás que se uniron alcaldes do PSOE, que controla a Consellería de Pesca, rexedores do PP como os de Oia e Ribeira, que se opoñen a proxectos xa impulsados polo Goberno de Manuel Fraga, e representantes do BNG, aliados de goberno dos socialistas.
Un dos proxectos máis polémicos é o da praia de Seiruga, no concello de Malpica, onde preténdese erguer unha planta nunha parcela de 200.000 metros cadrados. O alcalde desta vila, Xosé Ramón Varela (PSOE), despois de reunirse coa conselleira, Carmen Gallego, e técnicos de Pesca, está convencido de que as obras destruirán unha paraxe "virxe" e seguirá secundando as manifestacións que organicen os seus venciños. "Eu, persoalmente, teño independencia no partido", recalca.
Varela conta co apoio da agrupación do partido en Bergantiños. "Se executan esta piscifactoría en Seiruga, en vez de dúas praias preciosas se vai ver unha mole de cemento", subliña Genaro García, secretario comarcal do PsdeG, que cree que quen proxectaron a planta non molestáronse nin en visitar a zona. "O alcalde moveuse moito malia ser do PSOE como a conselleira; ten que defender a posición dos seus veciños porque é xusta".
García rexeita que faia xuros electorais detrás do apoio aos afectados de Seiruga porque os comicios non son locais e sostén que esta postura pode incluso restarlles votos de cara ás xerais. "A xente pode dicir: 'Ata os do PSOE están en contra", argumenta.
Ás demandas dos veciños uníronse tamén alcaldes como o de Muxía, o municipio no que o PsdeG parou desde a Xunta unha enorme granxa no cabo protexido de Touriñán. O rexedor muxián Félix Porto (PSOE) presentou alegacións ao plan de acuicultura do bipartito porque se opón a que a ampliación da planta de Merexo en 270.000 metros cadrados realícese cara o mar e expropiando os terreos.
Pesca aínda non contestou ás súas alegacións, pero Porto confía en que Muxía sexa unha excepción dentro do plan e que alí a consellería non expropie aos veciños. El, insiste, non está en contra de que se amplíe a granxa de Merexo -"Pesca fala de 150 empregos, con que sexan 60 xa pego botes de alegría"-, como tampouco se opuxo, lembra, á planta que o seu partido parou en Touriñán: "Neste concello vanse 100 mozos ao ano e non podemos dicir non sistematicamente aos investimentos".
En Vimianzo, a piscifactoría de Xandriña, situada entre este municipio e Camariñas, provocou as protestas dos veciños e dividiu internamente ao grupo de goberno do PsdeG. O pleno aprobou unha moción do PP reclamando a Pesca que retire o proxecto co apoio do alcalde, Alejandro Rodríguez Lema, e outros tres concelleiras socialistas, mentres que a voceira municipal do partido preferiu abstenerse. O rexedor dá unha desconcertante explicación ao seu voto: "Apoiei a moción do PP porque nin me vai nin me vén; a conselleira coñéceme e sabe que non son submiso a ninguén".
A dirección galega do PP esixe a Pesca que retire o seu plan polo gran número de protestas e que volva ao que deixou aprobado Fraga, pero esa solución non convence nin aos seus alcaldes. O rexedor popular de Oia, Alejandro Rodríguez, rexeita as dúas plantas previstas no seu municipio tanto polo plan do bipartito como polo do anterior goberno. Pero por que non ergueu a voz cando promoveunas o seu partido? "Eu no 2005 non me enterei de nada", responde.

Vía > El País

Os nacionalistas reclaman melloras no transporte interparroquial e cos concellos veciños

. 15 de fevereiro de 2008
0 comentarios

A Asamblea Local do BNG de Oia, a través do seu representante local, Xosé Miguel Giráldez Martínez, presentou unha moción instando á mellora do transporte interparroquial neste municipio, pero tamén cos concellos limítrofes.
A moción, que se presenta a instancias de Galiza Nova, solicita, entre outras medidas, instar á Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte a que se revisen as concesións das liñas que afectan a este concello para que se aumenten as frecuencias horarias cos concellos da Guarda e Baiona e para que a liña da Guarda As Mariñas continúe ata Baiona. Tamén instan a que se rebaixen os billetes para estudantes, parados e xubilados e que se acondicionen as marquesinas deterioradas e se fagan estructuras en todas as paradas onde os cidadáns poidan abrigarse e non agardar polo autobús á intemperie.
Noutro apartado a moción recolle que se inste á Consellaría de Política Territorial Obras Públicas e Transporte á incluír o concello de Oia no aproveitamento do transportes escolar a través dunha tarxeta identificativa para a veciñanza que permita estabelecer un transporte de viaxeiros entre parroquias, xa que na actualidade a mobilidade para moitos veciños é limitada ao depender exclusivamente dos seus propios medios
Finalmente, e o mesmo que o BNG presentou noutros concellos, piden que se solicite á Consellaría de Educación e á Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte a gratuidade do servizo de autobús para estudantes de primeiro e segundo de Bacharelato do centro I.E.S. Primeiro de Marzo.

Vía > GaliciaSuroeste

Aprobación definitiva das ordenanzas fiscais de Oia

. 14 de fevereiro de 2008
0 comentarios

O Boletín Oficial da Provincia do pasado martes 12 de febreiro, publica o anuncio do concello de Oia polo que se aproban definitivamente as modificación de diversas Ordenanzas fiscais, despois de que transcorrera o periodo de exposición ao público do acordo plenario do 28 de novembro, sen que se presentaran reclamacións.

Contra este acordo definitivo só poderán presentarse recurso conctencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza no prazo de dous meses contados a partir da publicación do anuncio mencionado no BOP.

Para máis información sobre as modificacións, descarga o PDF coas ordenanzas modificadas.

Vía > InfoRosal

Aprobado definitivamente o Regulamento do Rexistro de parellas de feito do Concello de Oia

. 13 de fevereiro de 2008
1 comentarios

O concello de Oia publico no Boletín Oficial da Provincia de onte, o anuncio de aprobación definitiva do Regulamento do Rexistro de parellas de feito, ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ó público.
No mesmo BOP, publicase o texto íntegro de dito Regulamento para o seu xeral coñécemento, que podes descargar AQUÍ en formato PDF.


Vía > InfoRosal

Festa do Pai, o 16 de marzo, en Oia

.
0 comentarios

Oia celebrará, o día 16 de marzo, a Festa do Pai nas instalacións do colexio Mestre Manuel García. Ás 13.30 horas dará comezo o xantar cun menú a base de entrantes, churrasco e criollos con cachelos; postres caseiros. Viños do Rosal, café e licores, porán remate ás exquisiteces da mesa. O prezo por persoa é de 12 euros.
A Festa do Pai está organizada pola Comisión de Festas de Santa María de Oia

Vía > GaliciaSuroeste

Memorias do Avance do PXOM

. 12 de fevereiro de 2008
0 comentarios

Despois do exito da publicación da Clasificación e Categorización do solo de Oia, pasamos a publicar a Memoria Informativa e a Memoria de Ordenación do Avance do PXOM, por petición de oiawifixa.

En liberdade con cargos o veciño de Oia acusado de abusar sexualmente da súa filla de dous anos

. 11 de fevereiro de 2008
0 comentarios

O home detido pola Garda Civil no municipio pontevedrés de Oia por presuntamente abusar da súa filla de dous anos quedou esta tarde en liberdade con cargos, segundo indicaron fontes xudiciais.
O detido, de 39 anos e con iniciais A.O.M., compareceu no xulgado de instrucción número 2 de Tui que se encarga deste caso. Tras tomarlle declaración, o xuíz decidiu concederlle a liberdade con cargos, aínda que retiroulle a garda e custodia da nena.
A nai da nena foi a que se deu conta de que algo estraño lle pasaba á súa filla, polo que decidiu acudir con ela a un centro médico na Guarda. Tras realizarlle á pequena unha primeira valoración, foi trasladada ao Hospital Xeral de Vigo para que un forense realizase unha análise máis exhaustivo.
A detención levouse a cabo onte grazas á intervención de axentes do Equipo Muller-Menor (Emume) da Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra.

Vía > Diario de Pontevedra

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Deteñen a un veciño de Oia como presunto autor de abusos sexuais á súa filla, de dous anos

.
0 comentarios

A Garda Civil detivo na mañá de onte a un veciño da localidade pontevedresa de Oia como presunto autor dun delito de abusos sexuais na persoa da súa filla, de dous anos de idade.

A denuncia sería interposta pola propia nai da pequena vinte e catro horas antes de que se producise o arresto. Ao parecer, na mesma mañá do sábado, a proxenitora notaría rara á menor e, por mor do seu comportamento e expresións, aínda que sen saber aínda a que podería deberse, acudiu con ela a un centro médico da próxima localidade da Guarda.

Tras unha primeira valoración, os facultativos deste servizo optaron por remitila ao Hospital Xeral de Vigo co fin de que puidese ser examinada con detalle por un médico forense.

O detido, cuxas iniciais son A.O.M. e ten 39 anos, foi trasladado á Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, onde pasou a noite. Hoxe pola mañá está previsto que compareza ante a responsable do Xulgado de Instrución de Tui, encargado do caso.

A menor, filla única da parella, vive con ambos os proxenitores na parroquia de Torroña. Membros do Emume (Equipo Muller-Menor) da Policía Xudicial da Garda Civil pontevedresa detiveron ao pai precisamente no domicilio conxugal a media mañá, onde se recolleron distintos datos que poderían axudar a esclarecer o caso.

Vía > A Voz de Galicia

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

O BNG de Oia interesase pola servizo de correos e o mantemento da tarifa nocturna

.
1 comentarios

Presentou catro mocións no concello con diversas iniciativas, como o servizo de transporte gratuito para os estudantes do instituto

A Asamblea Local do BNG de Oia a través do seu responsable local, Miguel Giráldez, presentou por rexistro de entrada no Concello de Oia 4 mocións sobre os servizos de transporte, os orzamentos da Deputación de Pontevedra, o servizo de correos e para o mantemento da tarifa nocturna.

A primeira, por iniciativa de Galiza Nova, que demanda que se melloren os servizos de transporte, solicitando que se incrementen tanto as conexións das liñas de tren como a periodicidade das liñas de autobuses, nomeadamente cos concellos limítrofes (Baiona e A Guarda) e tamén que se aposte polo transporte interparroquial, claramente necesaria para o municipio. Nesta mesma moción Galiza Nova solicita que os estudantes do instituto de Baiona teñan gratuidade nos seus billetes de autobús.

A segunda moción presentada polo BNG solicita do Concello que se inste a Deputación de Pontevedra a gastar os seus orzamentos naquilo no que ten competencias habida conta da cantidade de diñeiro que gasta en cuestións que non lle competen, polo que se pide que refaga a súa estrutura orzamentaria en beneficio da cooperación cos municipios, e que "cinga a súa actuación ás competencias propias da Deputación", negociando a transferencia de servizos e equipamentos que non son da súa competencia ás administracións correspondentes.

Unha terceira moción para que se siga prestando dignamente o servizo de correos, en especial nas parroquias onde o reparto a domicilio vai a desaparecer para as casas "que estean a mais de 250 m. da vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos" e vai a ser substituído por "buzóns colectivos" en cruces de camiños. Esta é unha situación que preocupa enormemente ao BNG sobre todo pensando que no rural galego viven moitas persoas maiores ás que agora se lles pretende suprimir servizos.

A cuarta das mocións presentadas solicita unha regulación clara da Tarifa eléctrica nocturna que desaparecerá definitivamente no mes xullo sen que se teñan ofrecido alternativas económicas a aqueles que desfrutaban dela e que agora terán que gastar unha boa suma de diñeiro para "adaptar" o seu sistema eléctrico as novas esixencias. Neste senso o BNG tamén solicita que se subvencionen parte dos gastos que van a ter os usuarios da tarifa nocturna aos que se lles obriga a cambiar de sistema.

Vía > InfoRosal

Dúas empresas de Oia levan tres semanas sen servizo telefónico

. 8 de fevereiro de 2008
0 comentarios

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Unha tormenta incomunica a unha empresa de Oia durante un mes

. 7 de fevereiro de 2008
0 comentarios

"Levamos desde o 14 de xaneiro incomunicados sen que ninguén nos faga caso". Así de contundente amosouse onte o empresario Alfonso de Lis Fiuza, dono da empresa Aluminios Silleiro, S.L., situada no municipio de Oia.
O empresario presentará hoxe catro denuncias “contra Telefónica” no Xuzgado de Tui, na Dirección Xeral de Comercio e Consumo, no Instituto Nacional do Consumidor e na Organización do Consumidor e Usuario. De Lis, número un do PSOE de Gondomar, conta que na madrugada do 13 de xaneiro, “unha tormenta” afectou as instalacións da súa empresa, quedando incomunicada.
Os técnicos só “apareceron 2 días despois” e, “a simple vista” non encontraron defectos nos servicios de telefonía e internet. A segunda visita prodúxose o pasado Xoves, cando os técnicos explicáronlle que se “ queimaran todolos cables”.
A empresa comprometeuse a arranxar os desperfectos, pero desde entonces “non volveron”, asegura, polo que onte enviou unha carta “o presidente de Telefónica” para denunciar a situación. “Estamos sen teléfono, fax e internet. Levamos dende o 14 de xaneiro sen facturar e pagando por un servicio que non temos”, reclama.

Vía > Atlántico Diario

Oia (por Mercedes Álvarez)

. 6 de fevereiro de 2008
1 comentarios

Hai cousas duns meses, cando caíron as primeiras choivas, volveu saír este personaxe pola pequena pantalla. Foi no informativo local da TVG.
Tiven sorte de poder ver a súa actuación porque estaba fora do concello, xa que en Oia seguimos conectando con Ourense na hora do informativo e os veciños non poden ser participes das inmellorables postas en escena deste actor. “Que castigos nos manda a Xunta!, declaraba.
Eu pregúntome: quen castiga, quen minte ou quen non sabe o posto que ocupa? Senón, que obxecto ten que cando foron as primeiras riadas este devandito actor máis os seus concelleiros andiveran eles dirixindo as máquinas de limpeza coma se de enxeñeiros se tratara, ou que obxecto ten esa carta de agradecemento ao conselleiro de Presidencia polas axudas recibidas, para logo manifestarse en contra da Xunta con mentiras.
En Oia, actuacións como estas e castigos pola parte desta personaxe temos dabondo, como que xa estamos cansos de dirixirlle cartas das que nunca obtivemos unha resposta.
Nunha desas cartas fixemos forte fincapé no acceso á vivenda dunha persoa que se atopa en cadeira de rodas, xa que cando se fixeron as beirarrúas deixaron un buraco con escalóns funcionando como recolledor de lixo, que ademais de non permitirlle entrar nin saír da súa casa, é un perigo para todos xa que de noite non se ve, de xeito que calquera pode caír nel.
Este ven sendo un dos castigos que este alcalde, Alejandro Rodríguez (PP), impón aos seus veciños.
Falando de lixo e de imposicións, para este ano 2008 ten a ousadía de impoñer a subida da taxa da recollida do lixo, un servizo que ten moito que mellorar e pola que pagamos case tanto como nunha cidade; outra das imposicións é a da taxa pola rede de sumidoiros, que moitos veciños aínda non teñen, e o peor de todo é a contaminación que este mal gobernante permite botar ao mar sen termos unha depudora en funcionamento. Insiste tamén na imposición e ordenación do imposto sobre o incremento de valor dos bens de natureza urbana, despois de organizada xa sobre este capítulo unha desfeita que non é pequena. Considerando éstes, outros dos seus castigos, que medite este alcalde se o seu papel en lugar de estar en Oia non estaría mellor en Hollywood.

Mercedes Álvarez (Oia)

Vía > Faro de Vigo CARTAS AO DIRECTOR

A Marina Mercante anuncia a instalación de 2 radares HF nos cabos Silleiro e Fisterra

.
1 comentarios

O director xeral da Mariña Mercante, Felipe Martínez, anunciou a instalación de dous radares HF nos cabos Fisterra e Silleiro "para loitar contra a contaminación mariña e as verteduras".
Revelábao na reunión semestral entre representantes do ministerio de Fomento e da Xunta que se celebrou na localidade pontevedresa de Baiona, unha cita de seguimento do convenio asinado en 2006.
Este tipo de dispositivos, tal e como explican desde o ministerio de Fomento, utilízanse desde fai tempo na costa norteamericana e servirán para localizar máis eficazmente as manchas contaminantes.