Un tornado derruba árbores nas Mariñas (Mougás)

. 4 de janeiro de 2008

Vivendas e árbores de Vigo, Oia e O Porriño resultaron danados polo temporal. Un pequeno tornado que chegaba de mar aberto sorprendeu a unha familia que reside nunha vivenda a poucos metros da costa en Oia, na parroquia de Mougás, a sete quilómetros de Baiona. O fenómeno atmosférico comezou ás 9.30 horas de onte e esnaquizou dous piñeiros e unha antena de televisión, levantou varias tellas e desordenou varios aveños domésticos do exterior da vivenda.
A muller espertouse polo ruído mentres que o seu esposo, Benvido Durán, de case 60 anos, realizaba uns traballos e, ao ver o tornado, refuxiouse dentro da casa de pedra. «De lonxe parecía pouca cousa pero enseguida viu encima de nos», relata Benvido. O afectado recorda que fai medio século outro tornado, fenómeno que os aldeáns denominaron o Cortapinos, derrubou decenas de árbores no mesmo lugar.

Vía > A Voz de Galicia