Pesca aclara que a nova piscifactoría de Oia xa se incluía no plan de 2001

. 12 de janeiro de 2008

A delegada de Pesca na provincia de Pontevedra, Ángeles Montero, quixo mostrar onte a súa sorpresa polas declaracións que onte facía o alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, con respecto aos dous proxectos acuícolas que a Xunta contempla no municipio pontevedrés.

A responsable provincial aclarou que o día 19 de xaneiro do pasado ano a consellería de Pesca convocou a todos os alcaldes afectados a unha reunión para tratar a ampliación do plano galego de acuicultura. "A esta xuntanza non asistiu Alejandro Rodríguez, quen aduciu razóns persoais", sinalou Ángeles Montero. "Non seu lugar enviou dous concelleiros do seu partido que foron ben informados", agregou.

Nesta modificación do plan sectorial recóllese a ampliación da piscifactoría das Mariñas, pero non se di nada novo do proxecto dunha nova na Punta das Orelludas. "Este proxecto xa viña contemplado non plan sectorial do 2001 co anterior goberno popular na Xunta", explica a delegada de Pesca.

Esta contestación chega un día logo das declaracións do alcalde Oia nas que rexeitaba a ampliación da piscifactoría das Mariñas por afectar a propiedades privadas e a construción dunha nova por situarse nun núcleo urbano. O rexedor local mostraba o seu rexeitamento a incluír o plan galego de acuicultura no Plan Xeral a menos que lle obrigasen.

Ademais, Rodríguez queixábase da falta de información sobre os dous proxectos e aseguraba que obtivera os primeiros datos grazas á prensa. O alcalde popular confirmou que non puidera asistir á reunión á que se refire Ángeles Montero, pero deixou claro que as primeiras noticias chegáronlle varios meses antes a través de FARO.

En canto ao plan sectorial de 2001, onde se reservaba unha gran superficie de 87.000 metros cadrados para unha nova planta en Punta Orelluda, Rodríguez alegara non saber nada.

Vía > Faro de Vigo

1 comentarios:

Anônimo disse...

1) Leandro coñecia o plan acuícola de Consellería de Pesca do PP, e se dice o contrario minte

2)A Consellería de Pesca do PSOE asumiu o plan de acuicultura para o Concello de Oia (Orelludas + As Mariñas), e o PSOE de Oia tamen o sabia, e se dice o contrario minte.

3)Segundo a noticia anterior nin Leandro nin Olmedo están de acordo coa ubicación das Orelludas, vamos que os dous están en contra pero de boquilla (pequena).

4)A delegada da Consellería de Pesca para Pontevedra mostra sorpresa polas declaracións de Leandro, e eu digo que postos a ser coherentes poderia ficar sorprendida polas "acordo" entre Olmedo e Leandro.

5)Mentres nos vacilan, o futuro dun entorno paisaxistico precioso como é o das Orelludas esta no aire. Polo visto Oia non ten uns representantes que teñan o peso político suficiente como para tumbar unha aberración como a que se pretende facer nas Orelludas.

Que cada un tire as súas conclusións.