Oia aproba definitivamente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles

. 5 de janeiro de 2008

O concello de Oia ven de anunciar a aprobación definitiva da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) que fora aprobada provisionalmente no Pleno do 26 de setembro de 2007.

Finalizado o período de exposición pública sen que se presentaran reclamacións, dito acordo enténdese definitivamente adoptado, polo que o concello de Oia anunciou no BOP do día 3 de xaneiro o mesmo, co texto íntegro da modificación según o establecido no artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.

Contra o presente acordo definitivo poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no plazo de dous meses contados a partir do 3 de xaneiro.

Texto íntegro da modificación da Ordenanza

O amparo do artigo 74 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a modificación da Ordenanza municipal acordada no Pleno de 28 de setembro de 1989 e publicada no BOP con data 27 de decembro de 1989, no seu artigo número 2 no que o tipo de gravamen do imposto sobre bens inmobles aplicable ós bens de natureza urbana quedaba fixado no 0,41%, e engadir un artigo 3 referente ás seguintes bonificacións, por tanto:

- Modifica-lo tipo de gravamen ó 0,40% que é o mínimo.

- Aplicar unha bonificación potestativa do 90% a todas aquelas parcelas que non estén construídas e estén afectadas pola Lei de Costas; e así mesmo estén encuadradas nas normas subsidiarias como zonas urbáns; con excepción de aquelas parcelas comprendidas no SAU número 5 do municipio de Oia.

- Aplica-la bonificación do 90% a tódalas parcelas que estén afectadas pola Ordenanza nº 5 (Protección de Patrimonio).

- Aplicar unha bonificación do 70% a tódolos terreos que se encontren incluídos como urbanizables sen que a día de hoxe haia construcción.

- Aplicar una bonificación do 80% a tódolos terreos construídos que superen os 600 metros que figuran nas normas como núcleos urbáns.

- Aplicar unha bonificación do 70% a tódolos terreos que figuran nas normas como urbáns resultando indificables por non telos 5 metros mínimos de linde a vial público.

- Quedar exentos da cuota líquida todos aquelos recibos que sexan inferiores ou iguales a 10 euros tanto en IBI urbana como en IBI rústica.

Vía > Inforosal