A metade das farolas da rúa “Laurel” de Oia leva 13 meses sen instalación eléctrica nin lámpadas

. 15 de janeiro de 2008

Só funcionan a metade das farolas, que son de ferro fundido, e custan arredor de 600 euros cada unha.
A metade das que se puxeron só serviron para certificar a obra, aínda que carecen de instalación eléctrica e lámpadas para o seu funcionamento.

Foi en outono do ano 2006 que o Concello de Oia certificou a obra denominada “Humanización da rúa Laurel” na que, ademais da mellora do firme con manpostería, dotouse a rúa con 33 farolas de ferro fundido, das que a día de hoxe non funcionan case a metade por non ter instalación eléctrica nen lámpadas.

Dando un paseo pola rúa Laurel, calquera veciño ao que se lle pregunte indica que sobran a metade das farolas, e non lle falta razón, pois nunha rúa que na maioría da súa traxectoria non chega aos 5 metros de ancho, hai zonas con farolas nas dúas beiras, unhas fronte a outras e a escasos 10 metros entre elas en sentido lonxitudinal, aínda que hai casos que non pasa dos 3 metros. Pero cando un se fixa, a metade non ten a instalación eléctrica nin lámpadas para o seu funcionamento. A apreciación de noite non eixa dúbidas.

Proxecto e certificación da obra

Segundo pescudas feitas por InfoRosal.com, o problema veu cando o director da obra se negou a certificar a mesma por non contar coas 33 farolas -que poden alcanzar un valor de 600 euros unidade- como aparecía no proxecto de obra, a solución foi doada, colocaronse as farolas sen a necesaria instalación eléctrica, só atornilladas no piso da rúa, para así cumprir con dito proxecto, poder certificar a obra e cobrar a subvención. Aínda así, quen certificou finalmente a obra non foi o que teoricamente a dirixiu, senón que foi a actual Arquitecta Municipal, Nuria Ruibal, segundo figura na Acta de recepción de obra de data 30 de novembro de 2006.

Os veciños que non daban crédito do que acontecia, manifestaron en máis dunha ocasión o seu estupor ao ver tanta farola xunta pero que só prendian a metade. Dende instancias municipais tranquilizouse a veciñanza manifestándolles que nun par de meses sacarianse para outro lugar onde fixeran falla. Hoxe, 13 meses despois da recepción da obra, 15 das 33 farolas siguen no mesmo lugar sen facer ningún servizo de alumeado, a pesar de que zonas como a Praza da Centinela, por riba do porto de Oia e unha das máis céntricas, só ten unha farola do tipo das que se acostuman poñer nas estradas.

Vía > Inforosal