«Estamos pensando en expor unha demanda ao Sergas»

. 17 de janeiro de 2008

A familia de Angustias Mariño pensa interpor unha demanda xudicial ao Sergas porque considera que foi un erro médico non haberlle detectado o embarazo.
A presidenta da asociación de vítimas de erros médicos intentaba onte pola tarde porse en contacto con esta muller para estudar o seu caso e ofrecerlle asesoramento. «Aconselláronnos que presentemos unha denuncia, non só por non detectar o meu estado, senón tamén por como nos trataron no Hospital Meixoeiro cando se deron conta do meu embarazo; chegara en ambulancia e tiven que coller un Vitrasa para ir parir ao Xeral», afirmaba onte Angustia. A esta muller que cría que tiña a menopausa por mor dun tratamento por estenosis lumbar, detectáronlle múltiples doenzas durante a xestación do bebé.
O pasado mes de agosto acudiu á consulta afectada de fortes dores nunha perna e o seu médico de cabeceira diagnosticoulle unha rotura fibrilar. O pasado día 30 de decembro volveu ao hospital para facerse unha ecografía e dixéronlle que tiña retención de líquidos e unha infección de ouriños. Unha das últimas veces que foi ao médico de urxencias, na Guarda, aseguráronlle que tiña un cólico nefrítico. A pesar dos medicamentos, o neno naceu san.

Vía > A Voz de Galicia