Cabalgata de Reis en Mougás

. 4 de janeiro de 2008

O día 5 de xaneiro celébrase a tradicional cabalgata de Reis na Parroquia de Mougás. A cabalgata sairá ás 18:00 horas do Talaso e realizará o percorrido ata chegar ó centro Cultural de Mougás, onde se entregarán agasallos ós nenos. A organización corre a cargo da Asociación de veciños de Mougás, cos cales hai que poñerse en contacto en caso de que queiran facer entrega de agasallos a través dos Reis.