As promesas dos nosos políticos

. 26 de janeiro de 2008

Nunha reunión mantida pouco despois das riadas no ano 2006, o señor Suárez Canal díxonos aos alí presentes (políticos e representantes das comunidades), que traería cartos para o Concello de Oia pero quería que eses chegaran aos afectados. Pois pasado máis dun ano algúns dos afectados seguen sen recibir o prometido.
A miña sogra, unha muller como moitas no agro galego que traballa o campo e a pensión de viudedade que cobra apenas dá para mantela. Nas riadas afogáronse todas as galiñas, o porco enfermou e casi lle morre, a auga tiroulle un muro e deixoulle dañadas as cortes dos animais. Aínda está esperando.
Por Oia paseáronse uns funcionarios da Xunta, relacionando os daños e explicándolles a xente os pasos a seguir para cobrar axudas. A Zulema, que así se chama a miña sogra, dixéronlle que as galiñas non as podería cobrar (xa os veciños nun acto solidario encargáronse de repoñer o galiñeiro con creces). En canto ó muro, que o fixera, que enviara a factura a Xunta e que eles lle ingresarían os cartos. Meses depois de con moito esforzo económico rematar o muro, falou conmigo porque seguían sen mandarlle o diñeiro. Póñome en contacto cun dos funcionarios que estivo por aquí e dime que marcha de vacacións pero que á volta recibiremos unha carta coa resolución. Meses despois e fartos de esperar teño que acudir a ese desagradable sistema galego de solucionar os problemas. Acudo a un amigo que é diputado provincial, e pídolle un favor persoal, este xestiona o tema obtendo exactamente o mesmo resultado, o mesmo funcionario marcha de vacacións pero á volta recibiremos unha carta.
Eu non sei se a culpa é da Xunta, do Concello ou nosa por creer nos políticos pero vou votar en branco nas próximas eleccións. A miña sogra ten setenta e tres anos e por desgracia non lle queda moito que votar, eu, máis xoven, non penso incentivar co meu voto a carreira de algún policastro nin as vacacións dun funcionario que realizou mal o seu traballo: nunca máis.
Xabier Garrido Carrera, Oia

Vía > Faro de Vigo

2 comentarios:

Anônimo disse...

Entonces xa somos varios na situación da túa sogra, estimado amigo.
Normalmente cando ocurren estas desgracias os politicos o que fan e prometer e perxurar que........peor que realmente o que fan e enganar a xente dunha maneira, para o meu entender inhumana, xa que co traballo de toda unha vida da xente non se xoga.
Algo asi, foi o que alguns de nos, lle comentamos o Conselleiro de vivenda na última reunión que mativemos con el, no edificio da Xunta hai uns meses. Que non se podia estar prometendo e enganando a xente con tatnta ara dura, e a súa resposta foi que, el facia o que a lei lle permitia,e a miña resposta foi que as leis estan para cambialas, xa que se se aprovan leis para o noso benestar e resulta que en vez de benestar nos perxudican, pois, falando mal, vaia merda de leis.

Con respeto o de votar ou non votar, non estpu moi de acordo contigo, ainda que respeto os ideais dos demais (non son coma os politicos), pero penso que votando en branco o que fas e apoiar a maioria, neste caso o partido que saque mais votos, con que en certo modo ainda lle estas a votar unha man a esta panda de lambóns.
A miña idea, e que se os que estan non son competentes, polo menos que non volvan sair elixidos outra vez, para que deixen ainda que sexa por unha candidatura de chupar do bote. Iso non quer dicir que os que entren no seu lugar o vaian facer mellor (que seguramnete non sexa asi, non nos enganemos, a realidade e asi de triste). Pero dlagun modo castigalos economicamente, que realmente e polo que se moven, por diñeiro non por representarnos mellor ou peor.

O meu saúdo e admiración polo teu comentario sobre as riadas aqui en OiaCeive.

Anônimo disse...

O diputado que vende favores é unha figura típica do CACIQUISMO máis rancio. En Oia non se avanza nada!!